Illa Somerset
A illa Somerset (Inuktitut Kuganajuup Qikiqtanga), é unha das maiores illas do arquipélago ártico canadense, separada uns 2 km da península de Boothia polo estreito de Bellot, na rexión Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut. Ten unha superficie de 24.786 km² (45ª do mundo e 12ª do Canadá por extensión).[1] Está deshabitada.
Somerset | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 73°15′N 93°30′O / 73.250, -93.500Coordenadas: 73°15′N 93°30′O / 73.250, -93.500 |
Xeografía | |
Superficie | 24.786 km² |
Longura máxima | 225 km. |
Largura máxima | 140 km. |
Punto máis alto | 488 m. Creswell Peak |
Distancia a terra | 2 km. |
Demografía | |
Capital | Fort Ross |
Poboación | Deshabitada |
Historia editar
Ao redor do ano 1000, a costa norte da illa de Somerset estaba habitada polo pobo thule, como queda demostrado polos ósos de balea, os túneles e ruínas de pedra. A finais de 1848, James Clark Ross, ao mando de dous barcos, arribou a Porto Leopoldo, na costa nordeste para pasar o inverno. En abril do ano seguinte iniciou unha exploración da illa en zorra.
En 1937, o creouse o forte comercial de Fort Ross (fito 72°0′34″N 94°14′8″O / 72.00944, -94.23556) pola Compañía da Baía de Hudson no sueste da illa. Pero once anos máis tarde foi pechado por mor das severas condicións do xeo, que o facían antieconómico e de difícil acceso. Isto deixou a illa deshabitada. O almacén tenda e a casa do administrador aínda se usan como refuxio dos inuit de Taloyoak, que acoden a cazar caribús.
Debido ás ruínas, á vida silvestre e ao fácil acceso desde a localidade de Resolute, a costa norte da illa converteuse nun popular destino turístico.
No verán de 2006, a serie "The National" da CBC Television visitou Fort Ross no quebraxeos da Garda Costeira "CCGS Louis S. St-Laurent", nunha serie especial que se centrou no cambio climático.
Notas editar
- ↑ "Atlas of Canada - Sea Islands". Atlas.nrcan.gc.ca. 2009-08-12. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-22. Consultado o 2010-08-30.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Somerset |
Bibliografía editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- CBC.ca In Depth: Northwest Passage
- Somerset Island (Nunavut) in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada