Área sanitaria da Coruña e Cee

A área sanitaria da Coruña e Cee é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. Divídese en dous distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Cee, ao oeste da área, e o Distrito sanitario da Coruña ao leste.[1]

Mapa da área sanitaria da Coruña e Cee.

O Distrito sanitario de Cee abrangue os seguintes concellos da provincia da Coruña: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Pola súa banda, o Distrito sanitario da Coruña esténdese polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sada, Sobrado, Vilarmaior e Vilasantar.[2]

Os hospitais do Distrito sanitario da Coruña están integrados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 510.459 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O Distrito sanitario de Cee conta pola súa banda co Hospital Público Virxe da Xunqueira, que dá servizo aos 37.216 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.[4]

Notas editar

  1. "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18. 
  2. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18. 
  3. "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18. 
  4. "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar