Wikipedia:Wikiproxecto Hidrografía
|
Obxectivo
editarCreación e mellora dos artigos relativos a hidrografía na Wikipedia en galego e, como obxectivo complementario, a creación e mellora de artigos de hidrografía de Galicia nas wikipedias noutras linguas e outros proxectos irmáns.
Inscrición e participación
editarA inscrición non é necesaria.
Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto poden facelo dende a súa páxina de usuario mediante a inclusión do modelo {{Usuario Wikiproxecto Hidrografía}} ou o {{atallo|WP:AUGA}}, indistintamente.
Organigrama
editarRíos
editarPara as primeiras edicións utilizar o seguinte marcador: {{Ríos de Galicia en progreso}}
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
|
Obxectivo 1
editarConseguir facer o artigo de todos os ríos, regos, regatos e torrentes de Galicia co esquema seguinte completo (ver editar sección), para así conseguir unha árbore de ligazóns internas que permitan baixar dende o máis diminuto regato ata chegar ó mar:
|
...E engadir as categorías de Ríos da provincia de … e dos concellos polos que pasa.
Referencias e afluentes
editarCando se fai o artigo debese referenciar correctamente. No exemplo están as referencias ós mapas cartográficos. Nestes mapas recoméndase procurar primeiro o nacemento do río (aínda que nos tramos superiores teña denominación de rego deberá crearse un único artigo para todo o río) e despois ir baixando para atopar todos os afluentes, e colocalos nunha lista numerada como a do exemplo, e entre parénteses aclarar como conflúe co río do artigo. As marxes esquerda e dereita determínanse sempre mirando río abaixo. Cando nun mapa apareza o río con liñas descontinuas ou sen nome debe engadirse á lista numerada igualmente, buscando topónimo próximo e engadindo o modelo {{Cómpre referencia}} para corrixilo nun futuro.
Obxectivo 2
editarTraducir os artigos de ríos doutras wikis, intentando complementalos co esquema anterior.
Obxectivo 3
editarEngadir mapas.