Pazo do Cotón

fortaleza medieval no Cotón, Negreira

O pazo do Cotón é unha fortaleza medieval a xeito de cidadela ameada que se atopa no lugar do Cotón na parroquia de Negreira, núcleo do concello coruñés de Negreira. As pedras armeiras lembran o vínculo coas familias nobres de Luaces e Mariño de Lobeira; e tamén aos Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara.

Pazo do Cotón
ConcelloNegreira
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°54′26″N 8°44′19″O / 42.907347222222, -8.7386444444444Coordenadas: 42°54′26″N 8°44′19″O / 42.907347222222, -8.7386444444444
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XIV)
Estilo actualbarroco-ilustración (séculos XVII-XIX)
Estado actualpropiedade privada
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi construído no século XIV coma castelo medieval, porén sofre importantes reformas especialmente no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Salientan as rexas torres medievais ameadas que reflicten o pasado militar do edificio[Cómpre referencia], tamén a pasarela de pedra que atravesa a rúa principal da vila (a Carreira de San Mauro, que foi un antigo Camiño Real), con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros e que liga o pazo coa capela de San Mauro, do século XVIII; posúe ademais doce escudos[1].

No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX. Aínda do XX son algunhas partes, como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do barroco de placas, de acceso ao andar superior, ligando coa chamada Galería de Pedra, sobre piares de placas e que liga cun paseo-solaina de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado.

No Cotón creárase tamén unha confraría para honrar á Virxe do Carme en 1740. Tivo unha capela de seu, hoxe desaparecida, nas inmediacións da actual rúa do Carme. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé[2].

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada, 2004, t. 32, p. 101-105

Ligazóns externas editar