Mauro de Anjou
Mauro de Anjou, nado en Roma no ano 511 e finado o 15 de xaneiro de 584, abade de Glanfevil, chamado despois san Mauro do Loira ou de Anjou, foi un relixioso cristián do século VI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 512 (Gregoriano) Roma, Italia |
Morte | c. 584 (71/72 anos) Galia |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Profesores | Bieito de Nursia |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de xaneiro |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Maur, St. Enciclopedia Católica |
- Non confundir con Santo Amaro.
Traxectoria
editarNaceu nunha familia nobre, fillo do senador Equitius. Foi o primeiro discípulo de San Bieito e enviado a Francia, segundo a tradición, no ano 543 para fundar mosteiros. Gobernou como abade durante moitos anos o convento fundado por el, e no 582 retirouse á clausura, morrendo o 15 de xaneiro de 584. O santoral da Igrexa Católica celebra nesa data o día de San Mauro.
Tradicións
editarDeterminadas tradicións falan dos seus poderes de taumaturgo. Nos relatos dos milagres de San Bieito de Nursia, recollidos por Gregorio I Magno, fálase de como rescatou ao rapazolo Plácido dun lago sen saber nadar. Relato que ten a ensinanza de estimular ao monxe a entregar a vida polo irmán confiándose na providencia e non nas propias capacidades. Atribúeselle a curación de doentes e necesitados, polos que sempre se preocupaba, de aí que a devoción popular estea moi espallada por Galicia. As mesmas tradicións falan das súas conversas co conde Gaidulfo, inimigo declarado dos monxes.
Reliquias
editarDocumentos dun Sínodo diocesano de 1501 afirman que as súas reliquias estaban gardadas en Almendral, na rexión de Estremadura. Estas reliquias foron trasladas á catedral de Badaxoz polo bispo bieito Frei José de la Zerda o ano 1643. Quedaron parte das reliquias en Almendral, existindo tradicións de que algunhas se encontraban en Montecasino, Fosano e Marsella e, por suposto, na propia Glanfeuil.
En Francia o culto desprazouse no século XVIII a Saint-Germain-des-Prés, onde os revolucionarios franceses dispersaron as reliquias polas rúas de París.
Significación
editarDeu nome á congregación de San Mauro. No século IX aparece unha Vida de San Mauro atribuída aos seus discípulos que tivo moita sona en Francia. A abadía de Glanfeuil foi unha meta de peregrinación local, ao igual que as veciñas Fleury e Mans, que dicían ter reliquias de San Bieito e da irmá deste Santa Escolástica, respectivamente
Adoita representarse cunha muleta e unha balanza. É patrón dos zapateiros e dos artesáns do cobre, así como das illas dos Azores. O culto popular atribúelle longas viaxes alén do fin da terra e está considerado como un santo especialmente milagreiro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mauro, san na EGU