Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada

Atallo:
WP WFALA

Dámosche a benvida ó Wikiproxecto Galipedia falada, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.

Obxectivo e xustificación

editar

Poñer a disposición de tódolos usuarios da Galipedia ficheiros de son que conteñan o texto falado dalgúns dos nosos artigos.

O máis conveniente é ir gravando os artigos máis interesantes pero poden gravarse os artigos que queirades.

Creación de gravacións

editar

Suxestións

editar

Ficheiro

editar
  • Ten en conta que na Wikipedia utilízanse unicamente os formatos abertos Ogg para recursos multimedia, creados pola Fundación Xiph.org, que son semellantes no seu funcionamento ós formatos máis coñecidos MP3 e MPEG. Isto é debido a que outros formatos están protexidos por patentes e dereitos de autor (coma o caso do MP3) e non se permiten.
  • O formato de ficheiro aconsellado será entón Ogg Vorbis-audio, a 48 kbps, 44,1 kHz mono.

Programa

editar
  • Se non sabes que programa de edición de son usar ou non tes un, instala «Audacity» (descargar). Con el podes gravar e editar son facilmente. É software libre e gratuíto.
  • Trata de que a gravación non teña ruídos, e que o volume estea normalizado. Na documentación do software tes información de como facelo.

Onde gardar o ficheiro .ogg

editar
  • Debes gardar o ficheiro .ogg en Wikimedia Commons. Para unha breve explicación do que necesitas saber para contribuír en Commons, consulta Commons:Primeiros pasos.
  • O Nome de ficheiro que se lle debe dar é: Gl-NOME_ARTIGO-article.ogg. Por exemplo, si se grava o artigo sobre Cristovo Colón, debería ter o nome Gl-Cristóbal_Colón-article.ogg e así os usuarios de Commons saben que está en galego (Gl-...) e que se trata da gravación dun artigo (...-article).
  • É conveniente poñer no artigo de Commons un vínculo ó artigo gravado da Galipedia, ademais dunha breve descrición do seu contido, a ser posible tanto en galego coma en inglés. Así resultará máis útil a todos os usuarios de Commons.
  • Categoriza o artigo en Commons usando o código [[Category:Spoken Wikipedia - Galician]]. (Cada son que subas a Commons ten o tratamento dun ficheiro)

Durante a gravación

editar
  • Sempre é recomendable ler o artigo e mesmo ensaiar a lectura en voz alta antes, por se atopas algún erro (e así tamén o corrixes), por ter reflexionado como ler as táboas ou as listas ou por se atopas texto noutros idiomas e queres comprobar a súa pronuncia.
  • Ó ler, trata os enlaces coma texto.
  • Fala de maneira natural pero pausada, vocalizando e modulando a voz (que non sexa monótono).
  • Fala por riba do micrófono ou á súa parte lateral, para que non se escoiten os golpes de aire sobre o micro.
Comezo e final obrigatorios
editar
  • Comeza a gravación dicindo «<Nome do artigo>, na Galipedia, a enciclopedia libre, http://gl.wikipedia.org/» (Lembra que "g" pronúnciase "gue").
  • Termina con: «Esta gravación e todo o texto están dispoñibles baixo os termos da licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 e a licenza de documentación libre de GNU ou GFDL.»
  • Non graves un artigo usando un sintetizador de voz.

Modelo

editar

Despois da gravación, debes inserir o modelo {{Son}} no corpo do artigo.

Se a duración do son é menor de aproximadamente uns 15 minutos, deixa un só ficheiro de son. A sintaxe do código inserido no artigo será a que se mostra no exemplo:

{{Son| nomeficheiro= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título= Título para mostrar no artigo.| 
       descrición= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.}}

Se o son é maior de 15 minutos podes dividilo en varios ficheiros (ata un máximo de 10). A sintaxe será a do exemplo:

{{Son| nomeficheiro= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título= Título para mostrar no artigo.| 
       descrición= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.|
       nomeficheiro2= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título2= Título para mostrar no artigo.| 
       descrición2= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.|
       nomeficheiro3= Gl-NOMEARTIGO-article.ogg| título3= Título para mostrar no artigo.| 
       descrición3= Descrición do ficheiro indicando a versión do artigo dende a que se crea o ficheiro.}}

Gravacións

editar

De menor a maior calidade:              

Situacións especiais:    

Título Escoitar Duración Tamaño Usuario Acento Data e revisión
(formato aaaa-mm-dd)
Estado
Galicia - Parte 1 16:46 10,85 MB LaVozDeTuRelato Neutro 10-03-2012
 
Completo
Galicia - Parte 2 18:30 12,53 MB LaVozDeTuRelato Neutro 10-03-2012
 
Completo
Galicia - Parte 3 18:57 13,01 MB LaVozDeTuRelato Neutro 10-03-2012
 
Completo
Galicia - Parte 4 17:29 12,28 MB LaVozDeTuRelato Neutro 10-03-2012
 
Completo
Valentín Paz-Andrade - Parte 1 19:41 13,83 MB LaVozDeTuRelato Neutro 21-04-2012
 
Completo
Valentín Paz-Andrade - Parte 2 12:06 8,5 MB LaVozDeTuRelato Neutro 21-04-2012
 
Completo

Véxase tamén

editar