Wikipedia:Wikiproxecto artigos de paneis
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/NoticeBoard.png/250px-NoticeBoard.png)
Dámosche a benvida ao Wikiproxecto artigos de paneis, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.
Antecedentes e obxectivo
editarMoitos monumentos, e outros lugares de interese, ao longo da xeografía, están iluminados por paneis instalados na vía pública por diferentes institucións. A información que hai neles, ás veces extensa, é de dominio público acolléndose á liberdade de panorama[1], reflectida na lexislación de moitos países. Xa que logo, por exemplo en España:
|
O obxectivo deste wikiproxecto é crear artigos novos na Wikipedia en galego, transcribindo a información reflectida neses paneis. O que non quita que eses mesmos artigos sexan ampliados, engadíndolle máis contidos (achegando outras referencias, fotografías...).
Inscrición e participación
editarA inscrición non é necesaria. Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario artigos de paneis}} ou o {{atallo|WP PANEIS}}, indistintamente.
Coordinación
editarSuxestións de artigos:
editar- Pazo de Fontefiz (panel). Feito!
- Edificio Bonín (panel). Feito!
- Mámoas das Cabanas (paneis: 1, 2 e 3).
Non esquezas...
editar- ... cando vaias a tirar fotos a calquera sitio, facerlle unha aos paneis explicativos que haxa, e cargala.
- ... indicar, na páxina de conversa do artigo, a procedencia da información (exemplos: Conversa:Edificio Bonín, Conversa:Pazo de Fontefiz).
Notas
editar- ↑ Podes aprender máis sobre a liberdade de panorama en Wikimedia Commons (en varias linguas), ou na Wikipedia en inglés.