Wikipedia:Wikiproxecto Fórmula 1

Wikiproxecto Fórmula 1
Inicio: 8 de outubro de 2007
Obxectivo: Crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos á Fórmula 1 concordando cos estándares e normas da Galipedia.
Participantes:

Benvido ó Wikiproxecto:Fórmula 1.

O Wikiproxecto:Fórmula 1 é un Wikiproxecto que ten por obxectivo crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos á Fórmula 1 concordando cos estándares e normas da Galipedia.

Atopámonos na nosa fase inicial. Se queres colaborar connosco, podes apuntarte asinando na caixa que tes á túa dereita.

Tarefas do proxecto

editar

Actividades constantes

editar
  1. Actualización dos artigos que o precisen.
  2. Actualización do Portal:Fórmula 1.

Fase inicial: Arrincando motores

editar
  1. Crear unha listaxe de artigos existentes ordenados segundo a súa importancia no contexto da Fórmula 1 Rematado: 8/10/2007
  2. Estuda-la categorización de artigos relativos á F1 no contexto desta, e se é necesario propor unha nova categorización. ¿Wikipedia:Wikiproxecto Fórmula 1/Proxecto Categorización? Rematado: 14/10/2007
  3. Engadir o uso de marcador en tódolos marcadores relacionados coa F1. Rematado: 12/10/2007

Segunda fase: Saída

editar
  1. Preparación final de Usuario:Fryant/Portal:Fórmula 1, para movelo a Portal:Fórmula 1 cando este espazo de nomes por fin se active. Rematado: 15/10/2007
  2. Crear os artigos sobre pilotos e escuderías de 2007 de Fórmula 1 que falten. Rematado: 22/10/2007
  3. Referenciar e ampliar o máximo posíbel artigos sobre pilotos e escuderías actuais de Fórmula 1.
  4. Refinar o artigo Fórmula 1 ó máximo, rescribindo e referenciando.
  5. Creación dos marcadores que falten, e refinamento dos que xa estean.
  6. Creación dos artigos dos pilotos e escudería sque se incorporen para o campionato de 2008.
  7. Aplicar a nova categorización aprobada. Rematado: 12/12/2007
1.- Como engado un artigo ó Wikiproxecto?
É doado. Simplemente escriba {{Wikiproxecto Fórmula 1}} á páxina de discusión, e ficará automaticamente engadido.
2.- Alguén puxo un modelo {{Wikiproxecto Fórmula 1}} nun artigo, pero non semella encadrar nos obxectivos do proxecto. Que debo facer?
Por mor da grande cantidade de artigos dos que nos ocuparemos, de cando en cando cometemos erros e engadimos o modelo a artigos que non deberían telo. Se te decatas dun, es libre de quita-lo modelo, e deixar unha nota na páxina de discusión deste Wikiproxecto, ou directamente a aquela persoa que o engadira.
3.- Cal é o propósito de cualifica-los artigos?
O sistema de cualificación de artigos permite ó proxecto monitorizar o desenvolvemento e a calidade dos artigos relativos ó tema ó que nos adicamos, e poder enfocar o noso esforzo neles segundo as súas necesidades. Porén, teña en conta que as cualificacións son única e exclusivamente para uso interno do proxecto, e que non necesariamente implican que a Galipedia os avalíe igual que neste Wikiproxecto.
4.- Quen pode avaliar e darlle nota ó artigo?
Calquera membro deste Wkiproxecto é libre de engadir ou cambia-la nota do artigo. Os editores que non participan deste proxecto tamén poden avalialos, pero deben acepta-lo consenso en caso de disputa.
5.- Como lle dou nota a un artigo?
Mira a escala de calidade, elixe o nivel que se adapte mellor ó estado do artigo e segue as instrucións de embaixo para engadir a nota ó banner do proxecto na páxina de discusión do artigo.
6.- Podo pedir que alguén máis lle dea nota a un artigo?
Faltaría máis! Para facelo, deixa un comentario na nosa páxina de discusión.
7.- Por que o avaliador non deixou comentario ningún?
Desafortunadamente, por mor da grande cantidade de artigos que temos de revisar, non somos capaces de deixar comentarios detallados. Se tes dúbidas particulares, pregúntallas á persoa que revisou o artigo, deseguro que non terán ningún problema en responderte.
8.- E que pasa se non concordo cunha nota?
Nese caso, podes deixar un comentario na nosa páxina de discusión, para que outro editor revise de novo o artigo.
9.- Mais... non son esas notas totalmente subxectivas?
Pois si, o son, pero é o mellor sistema que fomos quen de desenvolver. Se tes uha idea mellor, nin dubides en explicala na nosa páxina de discusión, estaremos moi agradecidos.
10.- E se a miña dúbida non está resolta neste FAQ?
Para resolve-las túas dúbidas, e para todo o que queiras, poderás atoparnos sempre na nosa páxina de discusión.

Valoración de artigos

editar

Instrucións de valoración

editar

A valoración dun artigo reflíctese na súa páxina de discusión polos parámetros class e importance do template {{Wikiproxecto Fórmula 1}} ({{Wikiproxecto Fórmula 1|class=???|importance=???}}). Vaia á páxina do template para atopar información máis detallada sobre o seu uso.

Pódense usa-los seguintes valores para o parámetro class:

Pódense usa-los seguintes valores para o parámetro importance:

Os artigos que non teñan os parámetros correctos están listados en Category:Wikipedia:Artigos sen nota do Wikiproxecto Fórmula 1 e en Category:Wikipedia:Artigos de importancia descoñecida do Wikiproxecto Fórmula 1. A nota e a importancia deben ser asignadas segundo as escalas de embaixo.

Escala de calidade

editar
Etiqueta Criterios Experiencia do lector Experiencia do editor Exemplo
  Artigos destacados

Reservado exclusivamente para os artigos que recibiran o status de artigos destacados, e que aínda cumpren cos criterios que se aplicaron no momento da súa elección. Definitivo. Artigo excelente, unha gran fonte de información enciclopédica. Por norma xeral, non precisa máis edicións agás que saia á luz nova información. Fórmula 1 (en outubro de 2007)
A Aporta unha descrición completa do tema, ben escrita e razonabelmente clara. Ten unha lonxitude apropiada, cunha boa introdución e unha serie de cabeceiras que dividen o texto en seccións estrturadas de forma correcta. Ten suficientes referencias, e, sempre que sexa posíbel, está ben ilustrado con imaxes de calidade sen problemas de copyright. Moi útil para o lector. Trata a materia dun xeito bastante bo. Alguén que non sexa experto nela non botará nada de menos. Poderían faltarlle uns cantos puntos importantes, pero non é o común. Axustes e edicións menores mellorarían o artigo, particularmente se foran dun experto na materia. En particular, a completitude e a estrutura poderían precisar traballo. BMW Sauber (en novembro de 2007)
B Ten varios elementos descritos na categoría C, normalmente unha maioría do material necesario para un artigo rematado. Porén, ten ocos significantes ou fáltanlle referencias, precisa de edicións substanciais no uso e claridade da lingua galega, na estrutura, ou contén problemas coas políticas da Galipedia como o punto de vista neutral, ou Wikipedia non é unha fonte orixinal de datos. Útil para moitos, pero non para tódolos lectores. Un lector casual que está a navegar polos artigos sentiría que entende o tema dun xeito xeral, pero un estudante ou investigador que tente usa-lo material tería problemas para facelo, ou correría o risco de ter erros no seu traballo derivado. Aínda precisa moitas edicións, incluíndo reencher ocos importantes ou corrixir erros siginifcantes no uso das políticas. Bernie Ecclestone (en novembro de 2007)
C O artigo ten unha cantidade decente de bo contido, pero aínda é débil en varias áreas, e podería faltarlle un elemeto chave. Por exemplo, un artigo sobre África podería cubrir ben a súa xeografía, pero ser débil na súa historia e cultura. Ten polo menos un dos seguintes elementos:
  • unha imaxe ou gráfico particularmente útil;
  • moitas ligazóns que axudan a explicar ou a ilustra-lo tema;
  • unha subcabeceira que trata completamente un elemento do tema;
  • múltiples subcabeceiras que indican material que podería ser engadido para completa-lo artigo.
Útil para algúns, ten unha cantidade moderada de información, pero moitos lectores precisarán procurar fontes de información adicionais. Cómpre claramente amplia-lo artigo. Precísanse aínda un número grande de edicións, e a meirande parte o material necesario para completa-lo artigo aínda está por engadir. Ayrton Senna (en novembro de 2007)
Bosquexos O artigo é ou moi curto, ou unha colección de información que necesita moito traballo para levalo á Nota A. Normalmente é moi curto, pero pode ser de calquera lonxitude se o contido é irrelevante ou incomprensíbel. Posibelmente útil para aquel que non teña nin idea do que tema. Pode ser inútil para o lector que só ten un leve coñecemento. Sendo optimistas, unha definición de dicionario. Tódalas edicións e material adicional engadido son útiles. Renault F1 Team (en novembro de 2007)

Escala de importancia

editar
Etiqueta Criterios Exemplos
Máxima O artigo é estremadamente importante, incluso crucial, no seu campo específico. Reservado para artigos con notoriedade internacional dentro do seu eido. Fórmula 1
(en outubro de 2007)
Alta O artigo é estremadamente notábel, pero non acadou notoriedade internacional, ou é so notábel nun continente particular. BMW Sauber
(en outubro de 2007)
Media O artigo só é importante dentro do seu eido particular, e ten notoriedade nun lugar ou área determinados. Antonio Lobato
(en outubro de 2007)
Baixa O tema non é particularmente importante nin dentro do seu campo de estudo. Pode ser só incluído para cubrir unha parte especifíca dun artigo máis importante. George Abecassis
(en outubro de 2007)

Estatísticas

editar
Artigos de
Fórmula 1
Importancia
Máxima Alta Media Baixa Descoñecida Total
Calidade
Artigos de calidade - - - - - -
Artigos destacados 1 - - - - 1
Nota A 5 1 1 - - 7
Nota B 4 4 - - - 8
Nota C 13 14 4 - - 31
Bosquexos 10 19 6 1 - 36
Sen nota - - - - 10 10
Total 33 38 11 1 10 91

Modelos do Wikiproxecto

editar

Modelos xerais

editar
  • {{Wikiproxecto Fórmula 1}} : Utilizado para marca-los artigos pertencentes ó Wikiproxecto.
  • {{Campionatos F1}} : Utilizado nas páxinas de Campionatos do Mundo como caixa de navegación entre eles.
  • {{Fórmula 1}} : Utilizado como caixa de navegación nos equipos e nos pilotos que compiten na tempada actual.
  • {{F1}} : Utilizado para abrevia-la escritura de Campionato Mundial de Fórmula 1 de xxx.
  • {{Lenda de resultados do piloto de Fórmula 1}} : Utilizado como lenda na caixa de resultados dunha escudería ou piloto.

Modelos para tempadas

editar
  • {{TempadaF1}} : Utilizado nas páxinas sobre Campionatos do Mundo para facer unha contextualizacion respecto ós Campionatos anterior e posterior.

Modelos para pilotos

editar
  • {{Piloto F1}} : Utilizado como infobox en pilotos que compitan actualmente en Fórmula 1.
  • {{Expiloto de F1}} : Utilizado como infobox en artigos sobre pilotos que xa non compitan máis en Fórmula 1.

Modelos para escuderías

editar
  • {{Escudería de F1}} : Utilizado como infobox en artigos sobre escuderías que compitan actualmente en Fórmula 1.
  • {{Ex-Escudería de F1}} : Utilizado como infobox en artigos sobre escuderías que xa non compitan máis en Fórmula 1.

Modelos individuais

editar
  • {{Michelin}} : Utilizado para indicar que eran utilizados pneumáticos Michelin.
  • {{Bridgestone}} : Utilizado para indicar que eran utilizados pneumáticos Bridgestone.
  • {{Super Aguri}} : Utilizado como caixa de navegación entre os artigos sobre monoprazas de Super Aguri.
  • {{BMW Sauber}} : Utilizado como caixa de navegación entre os artigos sobre monoprazas de BMW Sauber.
  • {{Toro Rosso}} : Utilizado como caixa de navegación entre os artigos sobre monoprazas de Toro Rosso.
  • {{Toyota Racing}} : Utilizado como caixa de navegación entre os artigos sobre monoprazas de Toyota Racing.
  • {{Brawn GP}} : Utilizado como caixa de navegación entre os artigos sobre monoprazas de Brawn GP.

Categorización actual dos artigos relacionados coa Fórmula 1

editar

Ligazóns externas

editar