Sorrisos e lágrimas

Filme de 1965 dirixido por Robert Wise
(Redirección desde «The Sound of Music»)

Sorrisos e lágrimas[2] (en inglés: The Sound of Music) é un filme de 1965 dirixido por Robert Wise e protagonizado por Julie Andrews e Christopher Plummer. Baseado no musical de Broadway do mesmo nome (con cancións escritas por Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II) e cun guión de Ernest Lehman, o filme é unha adaptación da novela The Story of the Trapp Family Singers (A historia dos cantantes da familia Trapp), novela sobre a historia da verdadeira familia austríaca. Esta novela de Maria von Trapp tivo versión cinematográfica en 1956 co título Die Trapp-Familie. A rodaxe de Sorrisos e lagrimas tivo lugar en Salzburgo e nos estudios da 20th Century Fox en California. O filme gañou un Oscar ao Mellor Filme e é tamén un dos filmes musicais máis sona da historia. A imaxe de Austria nos Estados Unidos así coma en moitos outros países asiáticos e latinoamericanos foi, até hoxe en día, altamente influenciada polo filme.

Sorrisos e lágrimas
Imaxe de Salzburgo, onde se ambienta o filme
Ficha técnica
Título orixinalThe Sound of Music
DirectorRobert Wise
ProdutorRobert Wise
Saul Chaplin
GuiónErnest Lehman
Baseado enMusical The Sound of Music de Broadway, á súa vez na novela The Story of the Trapp Family Singers, baseada na historia real da familia.
IntérpretesJulie Andrews
Christopher Plummer
Eleanor Parker
Peggy Wood
Richard Haydn
Nicholas Hammond
Charmian Carr
Daniel Truhitte
MúsicaRichard Rodgers
Oscar Hammerstein II
FotografíaTed M McCord
MontaxeWilliam Reynolds
EstreaEstados Unidos de América Estados Unidos 1965
Galicia 1992 (TVG)
Duración170 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical, drama
Orzamento8,2 millóns[1]
Recadación286.214.286[1]
Na rede
IMDB: tt0059742 Filmaffinity: 760003 Allocine: 238 Rottentomatoes: m/sound_of_music Mojo: soundofmusic Allmovie: v45745 TCM: 90931 Metacritic: movie/the-sound-of-music TV.com: movies/the-sound-of-music Netlix: 60001917Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Poucos meses antes de que Austria fora anexionada á Alemaña de Hitler, na vila de Salzburgo unha noviza chamada Maria (Julie Andrews) é enviada á casa dun viúvo capitán da antiga Mariña Imperial austríaca chamado Georg von Trapp (Christopher Plummer) para traballar coma institutriz dos seus sete fillos insubmisos. Alí, a moza fará moi boa amizade cos rapaces, namorándose á vez do capitán, que está a piques de casar coa baronesa Schroeder (Eleanor Parker). A historia complícase pola situación política do país, que pasa a se incorporar ao Terceiro Reich.

Personaxes editar

Actor Personaxe
Julie Andrews María von Trapp
Julie Andrews (cancións) María von Trapp
Christopher Plummer Capitán Georg Ludwig von Trapp
Christopher Plummer (cancións) Capitán Georg Ludwig von Trapp
Peggy Wood Madre Abadesa
Charmian Carr Liesl von Trapp ( 16 anos )
Charmian Carr (cancións) Liesl von Trapp
Richard Haydn Max Detweiler
Nicholas Hammond Friedrich von Trapp ( 14 anos )
Nicholas Hammond (cancións) Friedrich von Trapp
Heather Menzies Louisa von Trapp ( 13 anos )
Heather Menzies (cancións) Louisa von Trapp
Duane Chase Kurt von Trapp ( 11 anos )
Duane Chase (cancións) Kurt von Trapp
Angela Cartwright Brigitta von Trapp ( 10 anos )
Angela Cartwright (cancións) Brigitta von Trapp
Debbie Turner Marta von Trapp ( 7 anos )
Debbie Turner (cancións) Marta von Trapp
Kym Karath Gretl von Trapp ( 5 anos )
Kym Karath (cancións) Gretl von Trapp
Eleanor Parker Baronesa Elsa Schraeder
Daniel Truhitte Rolf
Daniel Truhitte (cancións) Rolf
Ben Wright Hans Zeller, Gauleiter
Portia Nelson Sor Berta
Gil Stuart Franz, o mordomo
Marni Nixon Sor Sofía
Doreen Tryden Sor Agatha
Norma Varden Frau Schmidt, a ama de chaves

O filme foi dobrado a galego (agás as cancións que se subtitulan en galego) nos anos 90 do século XX; nos anos 60 emitiuse nos cinemas galegos na súa versión en castelán, dobrada polo estudio Voz de España, S.A. (Barcelona). A dobraxe foi dirixida por José Luis Sansalvador, as cancións adaptadas ao castelán por Ernesto Santandreu, e o coro de nenos que dobran aos nenos Trapp, agás Lita Torelló, pertencían á Coral Sant Jordi.

Cancións editar

Todas as cancións levan a música de Richard Rodgers e as letras de Oscar Hammerstein II. As pasaxes instrumentais foron adaptadas por Irwin Kostal.

  • "Preludio" e "The Sound of Music"
  • "Obertura" (Os títulos principais son "The Sound of Music", "Do-Re-Mi", "My Favorite Things", "Something Good" e "Climb Ev'ry Mountain")
  • "Preludio: Dixit Dominus", "Morning Hymn" (Rex admirabilis e Alleluia, baseadas en cancións tradicionais)
  • "Maria"
  • "I Have Confidence" (letra e música de Rodgers)
  • "Sixteen Going On Seventeen"
  • "My Favorite Things"
  • "Salzburg Montage"
  • "Do-Re-Mi"
  • "The Sound of Music"
  • "The Lonely Goatherd"
  • "Edelweiss"
  • "The Grand Waltz"
  • "Ländler"
  • "So Long, Farewell"
  • "Processional Waltz"
  • "Goodbye Maria/How Can Love Survive Waltz"
  • "Edelweiss Waltz"
  • "Entr'acte"
  • "Climb Ev'ry Mountain"
  • "My Favorite Things"
  • "Something Good" (letra e música de Rodgers)
  • "Processional" (instrumental) e "Maria"
  • "Sixteen Going On Seventeen" (reprise)
  • "Do-Re-Mi"
  • "Edelweiss"
  • "So Long, Farewell"
  • "Climb Ev'ry Mountain" (reprise)
  • "Títulos finais"

O compositor Oscar Hammerstein II morreu en 1959, un par de anos antes de que se empezara a producir o filme. Richard Rodgers tivo logo que escribir as letras de dúas cancións que se engadiron ao repertorio: "Something Good" e "I Have Confidence". "Something Good" substituíu a canción romántica orixinal "An Ordinary Couple", da que Rodgers non gustaba.

"I Have Confidence" foi escrita para encher o espazo no que María se muda ao pazo dos von Trapp. Durante ese segmento, Julie Andrews atravesa un arco, e nese intre é posíbel ollar á verdadeira Maria von Trapp, a unha das súas fillas (Rosmarie) e a unha das fillas de Werner. O día que se filmou esa escena, a verdadeira familia von Trapp chegou de visita inesperadamente ao set de filmación e Wise ofreceulles de apareceren coma figurantes no filme.[3] Durante esa escena, Julie Andrews tropezou e case afociña, mais o director decidiu deixar o espontáneo tropezo para lle dar máis carácter á personaxe de Maria von Trapp.

Historia real editar

 
A verdadeira Maria Augusta Trapp (1905-1987) participou tamén neste filme de Robert Wise onde a actriz Julie Andrews canta I Have Confidence.

A familia von Trapp existiu na vida real e o filme está baseada nas súas aventuras. No filme, a acción transcorre en 1938, mais na vida real, Maria casou co capitán en 1927 e viviu até 1938 co seu home e mailos nenos en Salzburgo. Maria chegou á familia en 1926 coma gobernante da súa homónima Maria, doente de escarlatina. Os fillos do Capitán von Trapp eran realmente sete (naceron outros tres despois, fillos de Maria Augusta). Non fuxiron polas montañas cara Suíza (cousa que dende Salzburgo é imposíbel e só os tería achegado máis a Hitler en Obersalzberg) senón que Maria planeou unha xira ás Américas, e así foron comodamente en tren deica Italia. De Italia seguiron a Londres e de aí finalmente lograron emigrar aos Estados Unidos. Alí seguiron a cantar durante anos, mais deixaron de cantar cando o grupo comezaba a ter membros de fóra da familia.[4]

Estreas internacionais editar

En Galicia o filme estreouse nas principais vilas en decembro de 1965 na súa versión dobrada ao castelán (Sonrisas y lágrimas). En galego estreouna na Televisión de Galicia nos anos noventa do pasado século, cun título inspirado no castelán (Sorrisos e lágrimas), xa que era coñecida de abondo para lle mudar o título ao orixinal O son da música (The Sound of the Music).

Ademais, o filme axeitouse a varios países, incluíndo Alemaña e Austria (Meine Lieder, Meine Träume), Portugal (Música no Coração), Brasil (A Noviça Rebelde), Italia (Tutti insieme Appassionatamente), Países Baixos (De mooiste muziek), España (Sonrisas y Lágrimas), Galicia (Sorrisos e Lágrimas), Grecia (Η μελωδία της ευτυχίας), Israel (צלילי המוזיקה o Tzeliley ha-muzika), Arabia Saudita (صوت الموسيقى o Saut al-musiqa), Hispanoamérica (La Novicia Rebelde), Irán (اشکها و لبخندها o Ashkha va labkhandha), Eslovenia (Moje pesmi, moje sanje), Iugoslavia (Moje pesme, moji snovi) e Tailandia (มนต์รักเพลงสวรรค์).

O musical de Broadway editar

A historia de Maria Trapp foi logo sonada no mundo enteiro cando a baronesa publicou as súas memorias en 1949, unha vez derrotado o nazismo. Mary Martin, unha estrela de Broadway, vira un filme alemán sobre a familia Trapp e quixo convertelo en musical, se ben a ocultaron deliberadamente ao público que os protagonistas, afectados pola crise económica dos anos trinta, tiveran que converter a súa mansión nunha residencia. Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II conseguiron a licenza para representar a obra que acadou as 1443 funcións, facéndose con seis premios Tony.

En 1960, e malia a morte de Hammerstein, Hollywood decidiu converter a obra nun filme musical.

A rodaxe editar

Tras rexeitar a oferta da Universal, Richard Rodgers apostou por confiar o proxecto á 20th Century Fox, compañía que estaba practicamente arruinada despois da rodaxe da fracasada Cleopatra. Para a elección de director, entre os directores contratados polo estudio figuraba Robert Wise, que xa lograra un grande éxito comercial e crítico coa adaptación de "West Side Story". Porén Wise alegou que non lle interesaba o proxecto. O responsábel da compañía Darryl Zanuck tenteou logo a William Wyler e mais a Billy Wilder, aínda que sen os convencer. Zanuck volveu logo a tentar convencer a Wise, cuxo anterior proxecto tivo que se pospor porque o seu protagonista (Steve McQueen) enfermara. A pesar disto o director renegou «da sacarina da obra, a cal era imposíbel de eliminar ao completo». Porén, ao poder traballar cos seus colaboradores de West Side StorySaul Chaplin, Ernest Lehman e Boris Leven— rematou aceptando.

Para os papeis protagonistas, e en concreto para o de Maria, pensouse en Mary Martin, mais esta non podía encarnar á protagonista xacando contaba con cincuenta e cinco anos, imposíbeis de disimular nunha pantalla de cinema. Daquela, o público empezaba a acudir aos primeiros pases de "Mary Poppins"; o nome de Julie Andrews empezaba a soar entre a profesión, mais a súa escasa fama, sumada a feito de que en 1962 satirizara a historia dos Trapp en televisión xunto a Carol Burnett, facían que tivera difícil conseguir o papel. Mais, con todo, e malia a oposición da verdadeira Maria e de Rodgers, Julie Andrews foi a protagonista grazas á insistencia de Wise. Cobrou 225.000 dólares.

Unha vez conseguida a protagonista, había que conseguir os intérpretes para os papeis do Capitán Von Trapp e a Baronesa. Neste sentido, Wise tamén mantivo o seu criterio ao defender a Christopher Plummer no canto de Dean Martin, e a Eleanor Parker, cuxa estrela se apagara anos atrás, por riba de Doris Day ou Debbie Reynolds.

Para a versión cinematográfica, Rodgers decidiu eliminar tres cancións do libreto orixinal, aínda que tamén incluíu dúas novas: "I Have Confidence" e "Something Good".

Na primavera de 1964 comezou a rodaxe. Os rapaces seleccionados para interpretar os fillos do Capitán carecían dunha confianza que Andrews intentou lles infundir. Así mesmo a choiva logrou atrasar un pouco a rodaxe e, por riba, os seus efectos sobre o chan dificultaron o labor da actriz principal na escena de apertura do filme. Ademais, Debbie Turner, a nena que interpretaba a Martha von Trapp de 7 anos, perdeu todos os seus dentes en plena filmación; un dentista tivo que lle implantar un dentame postizo nunha soa noite.

A Baronesa Trapp traballou coma figurante por vinte dólares na escena na que se gravaba a despedida do Capitán; deste xeito coñeceu persoalmente a Julie Andrews, cuxa popularidade entre o equipo irritaba a Christopher Plummer, que foi dobrado nas cancións. Malia terse referido ao filme durante moito tempo coma The Sound of the Mocus (literalmente, 'o son dos mocos'), o actor finalmente volvería formar parella con Andrews no telefilme On Golden Pond.

Cifras e recadación editar

Aínda con todos os contratempos da rodaxe, o orzamento incrementouse só nun millón de dólares sobre os oito da monyaxe inicial, cifra bastante económica se se considera que para o ano 1969 o filme xa recadara 115 millóns de dólares. O filme atópase no terceiro posto nas listaxes de maior número de entradas vendidas (142.415.400) e en recadación acumulada coa inflación actualizada nos Estados Unidos (911.458.400$), só por detrás de Foise co vento e A guerra das galaxias. Isto, unido ao éxito de vendas de entradas, cintas de vídeo, laserdiscs, DVDs e aos seus frecuentes pases en televisión en todo o mundo, fan que teña o cualificativo «do filme máis visto producido por un estudio de Hollywood»[5][6].

A noite dos Oscar editar

As estreas do filme celebráronse en Minneapolis e Nova York. Ao termo deste último, o pintor español Salvador Dalí exclamou: «Julie Andrews é tan boa actriz coma eu pintor». A crítica atacou o filme por resultar demasiado «azucrado», mais finalmente, impulsado polo favor do éxito de público,[7] conduciuna aos Oscar.

A súa máxima rival ese ano foi Doutor Zhivago, cuxa protagonista era Julie Christie, e que ese ano optaba, xunta Andrews, ao premio á Mellor actriz, mais por outro filme, Darling. As dúas actrices decidiron acudir xuntas ao acto que se celebrou no Santa Monica Civic Auditorium. Esa noite, o presentador anunciou que a gañadora era Julie... Christie. Andrews vencera o ano anterior, factor que incidiu na súa súa derrota. Non obstante, Andrews subiu ao escenario para recoller o Oscar ao mellor director e o Oscar ao mellor filme.

Premios editar

Premios Oscar editar

Premios Globo de Ouro editar

Dobraxe editar

Este filme dobrouse tanto os diálogos e cancións nos países a seguir nas súas respectivas estreas:

Nas dobraxes orixinais de España, Francia e Italia dobráronse todas as cancións agás "How do you solve a problem like Maria?" e "Climb every mountain", que se mantiveron en versión orixinal con subtítulos para as súas emisións televisivas e para as edicións en DVD (os temas principais, non os reprís que si se dobraron a castelán, non en italiano que soamente se ouvía a música de fondo). Nas últimas edicións, tanto en Blue-ray coma en DVD, dobráronse ambos os dous temas en castelán e italiano con voces de cantantes actuais.

O filme foi cortado en Alemaña na súa estrea. Cortouse toda a parte do final (nazi). O filme remataba no momento no que Maria e o Capitán casaban, cun brusco corte ao terminar a voda coa palabra "Ende". No ano 2011, e co gallo do seu 45 aniversario, procedeuse a realizar unha nova dobraxe íntegra de diálogos e cancións na súa versión alemá para o seu relanzamento en Blu-ray e DVD, respectando a metraxe orixinal.

En Galicia o filme estreouse nas principais vilas en decembro de 1965 na súa versión dobrada ao castelán (Sonrisas y lágrimas). En galego estreouna a Televisión de Galicia nos anos noventa do pasado século, cun título inspirado no castelán (Sorrisos e lágrimas), xa que era coñecida de abondo para lle mudar o título ao orixinal O son da música (The Sound of the Music). As cancións mantéñense en inglés na versión galega, con subtítulos nesta lingua.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Sound of Music". The Numbers. Nash Information Services. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  2. Título na versión dobrada a galego do filme emitido na Televisión de Galicia
  3. How Do You Solve a Problem Like Maria?. BBC. 2006-07-11. Consultado o 2008-04-03. 
  4. Gearin, Joan (Winter 2005). "Movie vs. Reality:The Real Story of the von Trapp Family". Prologue (National Archives and Records Administration) 37 (4). Consultado o 2008-04-02. 
  5. De acordo coa web boxofficemojo Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  6. Amazon.uk.
  7. Entre 1965 e 1970, o filme foi o de maior éxito de público da historia, por riba de Foise co vento. En 1970, este filme foi reeditado e volveu bater o rexistro que tiña Sorrisos e lágrimas.