Tamandua mexicana

(Redirección desde «Tamanduá mexicano»)

Tamandua mexicana é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e familia dos mirmecofáxidos, unha das dúas que integran o xénero Tamandua.

Tamandua mexicana
Tamanduá mexicana,
tamanduá setentrional
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Superorde: Xenarthra
Orde: Pilosa
Suborde: Vermilingua
Familia: Myrmecophagidae
Xénero: Tamandua
Especie: T. mexicana
Nome binomial
Tamandua mexicana
Saussure 1860
Distribución de Tamandua mexicana
Distribución de Tamandua mexicana

Distribución de Tamandua mexicana
Sinonimia
  • Tamandua leucopygia Gray, 1873
  • Tamandua quadridactyla True, 1884

É un oso formigueiro propio de Centroamérica e o norte de Suramérica, solitario, que se encontra en numerosos hábitats de selvas e de sabanas áridas, e que se alimenta de formigas e térmites, que atrapa coa súa longa e pegañente lingua. Coñécese vulgarmente como tamanduá mexicano ou tamanduá setentrional.

Descrición editar

 
Retrato visto de fronte.

É de tamaño mediano, ollos pequenos, orellas relativamenmte grandes e fociño longo, aínda que non tanto como o do oso formigueiro xigante . Mide entre 50 e 80 cm de lonxitude (cabeza e tronco), máis entre 40 e 65 cm do cola. Pesa entre 3,5 e 8,5 kg. A cola é prénsil, adaptación á súa vida arborícola.

A súa pelaxe, curta, mesta e áspera, é de cor amarela pálida na maior parte do corpo, cun parche distintivo de pelaxe negra nos costados, as costas e os ombros, cuxa forma semella un chaleco. A presenza deste patrón de coloración fai posíbel distinguir esta especie do seu parente do sur, Tamandua tetradactyla, o tamanduá meridional, que ten unha cor máis uniforme.[1]

A cola só ten pelo na parte superior sobre aproximadamente un terzo da súa lonxitude.[2]

As patas dianteiras teñen catro dedos rematados en uñas fortes, que utiliza para romper os niños de formigas e térmites, e para defenderse; as traseiras teñen cinco dedos, coas uñas menos potentes.[2]

Comportamento editar

É un animal non agresivo, que case sempre foxe ante un perigo. Solitario, ten hábitos nocturnos e arbóreos. Pasa a maior parte do tempo nas árbores, e o seu desprazamento en terra é bastante dificultoso.[2]

Porén, ás veces, cando está ameazado en terra, pódese defender erguéndose sobre as patas traseiras e golpear ao agresor coas fortes gadoupas das patas dianteiras.

Aliméntase basicamente de formigas e térmites, pero tamén doutros insectos, e das súas larvas, que localizan baixo a codia dos troncos e pólas das árbores.[2]

A xestación dura 5 meses, tras os cales a femia pare unha cría.

Distribución editar

O oso formigueiro mexicano distribúese desde México até o norte de América do Sur. En México encóntrase na vertente do Pacífico, desde Michoacán e a Huasteca Potosina, e na vertente do Golfo, até Chiapas e a península do Iucatán. No estado de Guerrero rexistrouse nas zonas de San Marcos, Acahuizotla e Chapolapa.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1860 polo científico suízo Henri Louis Frédéric de Saussure nun traballo publicado na Rev. Mag. Zool. París, ser. 2, 12: 9.[4]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome que lle adxudicou Saussure, e que é o válido actualmente, foi coñecido polos sinónimos:[4]

  • Tamandua leucopygia Gray, 1873
  • Tamandua quadridactyla True, 1884
 
Distribución das subespecies de Tamandua mexicana.
En verde: Tamandua mexicana instabilis.
En amarelo: Tamandua mexicana punensis.
En vermello: Tamandua mexicana mexicana.
En azul: Tamandua mexicana opistholeuca.

Etimoloxías editar

O nome xenérico, Tamandua, procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[5] O específico, mexicana, fai referencia á súa distribución xeográfica.

Subespecies editar

Na actualidade recoñécense as seguintes subespecies:[4]

Status de conservación editar

En 2014 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status de Tamandua mexicana como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla distribución, a suposta amplitude da súa poboación, a que se encontra nunha serie de áreas protexidas, á súa tolerancia a pequenas modificacións do seu hábitat, e porque é pouco probábel que a súa poboación estea diminuíndo o suficiente como para cualificala nunha categoría ameazada.[6]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. San Diego Zoo's Animal Bytes: Tamandua or Lesser Anteater. Consultada o 17-01-2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 81.
  3. "El oso hormiguero". Consultado o 17-01-2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Tamandua mexicana en MSW.
  5. tamanduá no DRAE.
  6. Tamandua mexicana na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 341.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 78–83.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar