Xenartros
Xenartros Xenarthra Rango fósil: paleoceno – actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Preguiceiro de dous dedos de Hoffmann (Choloepus hoffmanni) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||||||
A dos xenartros[1] (Xenarthra) é unha superorde de mamíferos placentarios, presentes no día de hoxe unicamente en América.
A orixe da superorde remóntanse ao inicio do terciario, hai aproximadamente 60 millóns de anos, pouco despois do mesozoico, en continente suramericano. A presenza destes animais en América do Norte explícase polo grande intercambio americano que ocorreu ao final do terciario.[2]
A superorde dos xenartros comprende os osos formigueiros (familias dos Cyclopedidae e os Myrmecophagidae), os preguiceiros (familias dos Bradypodidae e os Megalonychidae) e os armadillos (familia dos Dasypodidae).
Controversia taxonómica
editarNo século XIX as familias anteriormente mencionadas formaban, xunto cos pangolíns (familia dos Manidae) e o porco formigueiro (familia dos Orycteropodidae), a orde dos desdentados (que non é que non tiveran dentes, senón que non tiñan incisivos superiores nin molares, ou tiñan estes últimos moi pouco desenvolvidos).[3]
A homoxeneidade deste grupo suscitou un debate xa na segunda metade do século XIX e, en 1872, Thomas Huxley desprazou aos pangolíns e os oricteropos a unha orde separada. Pouco despois, en 1889, Edward Cope propuxo o termo Xenarthra para reagrupar os desdentados suramericanos.
Este clado foi confirmado por análises moleculares como polifilético e, en consecuencia, os desdentados foron divididos, para reflectir a súa verdadeira filoxenia, nas ordes dos Pilosa (pilosos), que engloba aos osos formigueiros e os preguiceiros, e o dos Cingulata (cingulados), que comprende os armadillos.[4][5]
Etimoloxía
editarO nome científico Xenarthra está formado polos elementos do latín científico xen(o)-, calco do grego antigo ξενο-, derivado de ξένος xénos, "estranxeiro", "estraño", e -arthra, forma plural neutra derivada do grego antigo ἄρθρον árthron, "articulación".[6] Literalmente, "os de estrañas articulacións", aludindo ás súas articulacións intervertabrais, que son diferentes das dos outros mamíferos euterios.
Clasificación
editarA superode dos xenartros divídese, como quedou dito, en dúas ordes: a dos cingulados (Cingulata), que inclúe os armadillos, e a dos pilosos (Pilosa), que comprende aos vermilingües (Vermilingua) e os folívoros (Folivora).[7]
Ordes, familias, subfamilias e xéneros actuais
editarSuperorde Xenarthra Cope, 1889, segundo o NCBI:[8]
- Orde Cingulata (Illiger, 1811)
- Familia Dasypodidae (Gray, 1821)
- Subfamilia Dasypodinae (Gray, 1821)
- Xénero Dasypus (Linnaeus, 1758)
- Subfamilia Euphractinae (Winge, 1923)
- Xénero Calyptophractus (Fitzinger, 1871)
- Xénero Chlamyphorus (Harlan, 1825)
- Xénero Euphractus (Wagler, 1830)
- Xénero Zaedyus (Ameghino, 1889)
- Subfamilia Tolypeutinae (Gray, 1865)
- Xénero Cabassous (McMurtrie, 1831)
- Xénero Priodontes (Cuvier, 1825)
- Xénero Tolypeutes (Illiger, 1811)
- Subfamilia Dasypodinae (Gray, 1821)
- Familia Dasypodidae (Gray, 1821)
- Orde Pilosa (Flower, 1883)
- Suborde Folivora (Delsuc, Catzeflis, Stanhope & Douzery, 2001)
- Familia Bradypodidae (Gray, 1821)
- Xénero Bradypus (Linnaeus, 1758)
- Familia Megalonychidae (Ameghino, 1889)
- Xénero Choloepus (Illiger, 1811)
- Familia Bradypodidae (Gray, 1821)
- Suborde Vermilingua (Illiger, 1811)
- Familia Cyclopedidae (Pocock, 1924)
- Xénero Cyclopes (Gray, 1821)
- Familia Myrmecophagidae (Gray, 1825)
- Xénero Myrmecophaga (Linnaeus, 1758)
- Xénero Tamandua (Gray, 1825)
- Familia Cyclopedidae (Pocock, 1924)
- Suborde Folivora (Delsuc, Catzeflis, Stanhope & Douzery, 2001)
Filoxenia
editarSegundo Tree of Life, as relacións filoxenéticas dos grupos actuais de xenartros son as seguintes:[9]
Xenarthra |
| ||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ xenartro, 2ª acep., no Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo, Edicións do Cumio, 2004. ISBN 84-8289-304-1.
- ↑ Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 338.
- ↑ Xenarthra Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en The University of Georgia. Museum of Natural History.
- ↑ Delsuc, Frédéric; Catzteflis, François M.; Stanhope, Michael J. & Douzery, Emmanuel J. P. (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Proc. R. Soc. Lond. B 268: 1476.
- ↑ Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phylogeny". Genome Research 17 (4): 413–421. Resumo.
- ↑ Etymology of the Latin word Xenarthra Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en MyEymology.
- ↑ Superorder Xenarthra en Texas A&M University-Kingsville. (en inglés)
- ↑ Xenarthra no NCBI.
- ↑ "Tree of Life - Edentata". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xenartros |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xenartros |
Bibliografía
editar- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.