Joel Asaph Allen, nado o 19 de xullo de 1838 en Springfield, Massachusetts, e finado o 29 de agosto de 1921 en Nova York, foi un zoólogo estadounidense.

Infotaula de personaJoel Asaph Allen

Joel Asaph Allen contra 1885
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1838
Springfield, Massachusetts
Morte29 de agosto de 1921
Nova York
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade Harvard
Actividade
Campo de traballoZooloxía e Ornitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorMuseo Americano de Historia Natural, conservador (1885–)
Museum of Comparative Zoology (en) Traducir, axudante (1870–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresLouis Agassiz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviatura do autor en zooloxíaAllen Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Joel Asaph Allen en 1920

Traxectoria editar

Allen estudou na Universidade Harvard baixo a dirección de Louis Agassiz. Participou nunha expedición ao Brasil e en varias outras polo interior dos Estados Unidos.

En 1873 estivo á fronte dos naturalistas da expedición da North Pacific Railroad desde Bismarck, Dakota do Norte, a Yellowstone para a Smithsonian Institution.[1]

En 1877 postulou a regra de Allen, que o fixo famoso en bioloxía.

Allen foi o primeiro conservador de aves e mamíferos do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History), de 1885 en adiante e, posteriormente, foi o primeiro director do seu Departamento de Ornitoloxía.

En 1886 foi un dos primeiros en incorporarse á Audubon Society, de Nova York.

Ademais tamén foi membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Algunhas obras editar

  • Mammals and Winter Birds of Eastern Florida, 1871
  • The American Bisons, 1876
  • Monographs of North American Rodentia (con Elliott Coues), 1877
  • History of North American Pinnipedia, 1880
  • Mammals of Patagonia, 1905
  • The Influence of Physical Conditions in the Genesis of Species, 1905
  • Ontogenetic and Other Variations in Musk-Oxen, 1913

Abreviatura editar

A abreviatura J. A. Allen emprégase para recoñeer a Joel Asaph Allen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. "Allen, Joel Asaph". En: Ilse Jahn (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiographien. Hamburgo: Nikol VG Spektrum. ISBN 3-9378-7201-9.