Su Song

Erudito, enxeñeiro e poeta da dinastía Song

Su Song (chinés simplificado: 苏颂, chinés tradicional: 苏颂; pinyin: Su Song, nome de cortesía: Zirong子容), nado en 1020 e finado o 19 de xuño de 1101, foi un erudito chinés que se especializou como enxeñeiro, poeta, naturalista, anticuario, e embaixador da dinastía Song (960-1279).[1] Song foi o enxeñeiro que elaborou a torre de reloxo na Idade Media na cidade de Kaifeng, que funcionaba por medio dun sistema hidráulico. Ademais, empregou un mecanismo de escape.[2][3] O mecanismo de escape que Song utilizou foi inventado polo monxe budista Yi Xing, e foi no ano 725 cando o goberno de Liang Lingzan o fixo funcionar co mecanismo de funcionamento da esfera armilar, a pesar de que Song foi o primeiro en utilizar unha esfera armilar nun reloxo mecánico.[4][5] Ademais, a torre de Song é a máis antiga en usar un sistema de cadeas de transmisión -chamado en chinés ti tian (天梯)-, ou «escaleira celestial», como se mostra no seu retrato de reloxaría.[6] A torre de reloxo tivo 133 sistemas mecánicos diferentes para indicar e facer soar a hora.[7] O tratado de Song que fala sobre a Torre de reloxo (Xinyi Xiangfayao (新 儀. 象 法 要)), está intacto dende a súa creación en 1902; da mesma maneira a publicación oficial impresa en 1904. O libro foi analizado por varios estudosos como Joseph Needham.

Infotaula de personaSu Song

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1020 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Quanzhou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1101 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Embaixador da China (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNorthern Song dynasty (en) Traducir
Dinastía Song Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncartógrafo , poeta , político , farmacéutico , filósofo , médico , botánico , zoólogo , astrólogo , metalúrxico , astrónomo , enxeñeiro civil , matemático , diplomático , arquitecto , inventor , naturalista Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosSu Jing (en) Traducir, Su Jiong (en) Traducir, Su Xi (en) Traducir, Su Xi (en) Traducir, Su Jia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiSu Shen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A estrutura máis famosa de Song foi desmantelada debido á invasión do exército Jurchen no ano 1127, e, aínda que se fixeron intentos para volver levantar a torre do reloxo, nunca se restableceu con éxito. Aínda que o tratado de Xiangfayao Xinyi foi o máis coñecido, Song tiña outros traballos compilados. Fixo un atlas con varios mapas das estrelas, mapas terrestres, así como un tratado de farmacoloxía. Neste último discutíronse temas relacionados coa mineraloxía, a zooloxía, a botánica e a metalurxia.

Tempo despois, os xesuítas europeos viaxaron á China; foi o caso Mateo Ricci e Nicolás Trigault, os cales nos seus escritos mencionaron brevemente os reloxos chineses que utilizaban un sistema de transmisión en cadea.[8] Os primeiros visitantes europeos na China creron erroneamente que a tecnoloxía chinesa non pasaba da clepsidra, os reloxos de lume e os reloxos de sol Creron, polo tanto, que os mecanismos de reloxaría eran novos na China e que podería ser algo moi valioso que os europeos podían ofrecer.[9] Aínda que non é tan prominente como o período da dinastía Song, hai textos contemporáneos da dinastía Ming (1368 -1644) que describen unha historia relativamente intacta dos deseños dos reloxos mecánicos na China dende o século XIII até o século XVI.[10]

Traxectoria editar

 
Modelo a escala da Torre do reloxo astronómico.

Carreira como erudito oficial editar

Su Song naceu en Fujian, preto da cidade medieval Quanzhou.[11] Do mesmo xeito que o seu contemporáneo Shen Kuo (1031-1095) Song foi un polímata e a vida de Song foi escrita polo seu colega máis novo, un estudante de Hanlin: Ye Mengde (1077–1148). Song, na súa mocidade chegou a dominar os exames provinciais e chegou á cima da lista dos nomeados para escribir o mellor ensaio sobre os principios xerais e a estrutura do calendario chinés.[12][13] Dende moi novo, o interese pola astronomía e a ciencia do calendario, levárono por un camiño para ser distinguido como un burócrata erudito. No seu tempo libre gustáballe escribir poesía, mesma ferramenta que empregou para encomiar as obras dos artistas como Li Gonglin (1049-1106).[14][15] Tamén era anticuario e coleccionaba obras de arte antigas da dinastía Song.

En canto á política, Song alcanzou o posto de embaixador e presidente do Ministerio de Persoal na capital de Kaifen, e tamén era coñecido como experto en administración e finanzas.[16] Despois de servir no Ministerio de Persoal, converteuse en ministro de xustiza no ano 1086. Foi nomeado como distinguido director da «Academia de Ilustres Académicos», onde en 1063 editou, redactou e agregou un prefacio da obra clásica Huainanzi da dinastía Han (202 a. C.-220).[17] Ao final, Song subiu ao posto de vicepresidente da chancelería chinesa. Entre as moitas posicións honorables e títulos outorgados, Song foi un dos titores do herdeiro suplente ao Imperio chinés. Na corte, optou por distanciarse das rivalidades políticas dos conservadores, encabezada polo primeiro ministro Sima Guang (1019-1086), e os reformistas encabezados polo primeiro ministro Wang Anshi (1021-1086), aínda que moitos dos seus colaboradores foron de acción conservadora. En 1077 foi enviado nunha misión diplomática cara ao norte da China, á dinastía Liao dos kitán.[18] O intercambio de ideas sobre a ciencia do calendario foi o principal punto tratado, xa que os Liao crearon o seu propio calendario no ano 994.[19] Song, comentou ao emperador da súa rexión, cun pouco de vergoña, que o calendario dos kitán era un pouco máis preciso que o del, dando lugar á imposición de multas e castigos por parte da Oficina de Astronomía e Calendario.[13] Como proba do fallo do calendario de Song, nárrase a seguinte anécdota: «Song ía viaxar ao norte de Liao, para chegar rapidamente a unha festa de aniversario, a cal coincidiu cun solsticio de inverno do calendario de Song», pero en realidade, o solsticio de inverno era un día despois, como se establecía no calendario de Liao. O historiador Liu Heping afirma que o emperador Zhezong de Song, patrocinou a Torre do reloxo de Song en 1086 coa fin de competir coa torre de Liao por "superioridade científica e nacionalidade".[20] En 1081 o tribunal instruíu a Song para compilar nun libro, a historia diplomática das relacións Liao-Song, unha tarefa complexa, que unha vez rematada constou de 200 volumes.[21] Co seu amplo coñecemento na cartografía, Song foi capaz de resolver unha disputa fronteiriza entra as dinastías Liao e Song.[22]

Astronomía editar

 
Mapa das estrelas coa proxección cilíndrica equidistante, a partir do tratado Xinyi Xiangfayao.[23]

Song creou un atlas xeográfico (en cinco mapas por separado) que tiña os fusos horarios entre os Xiu (mansións lunares) que forman os meridianos astronómicos, con estrelas marcadas nunha proxección cilíndrica equidistante en cada lado da liña ecuatorial, e polo tanto, estaba ben realizado coas distancias ao norte polar establecidas por Song.[24][25] Doutra banda, Song posiblemente tomou vantaxe dos descubrimentos astronómicos do seu rival político e astrónomo contemporáneo Shen Kuo. Isto é así porque no cuarto mapa de estrelas, Song colocou a estrela polar entre Tian-shu (-350 graos) e a corrente polar, o que foi o cálculo máis preciso (en 3 graos) que Shen Kuo fixera ao observar a Estrela Polar nun período de tres meses co seu tubo de observación mellorado. Houbo moitos mapas estelares escritos antes que o libro de Song, pero a importancia destes libros é que teñen de forma impresa os mapas máis antigos de estrelas existentes.

Farmacoloxía, botánica, zooloxía e mineraloxía editar

 
Su Song categorizou e describiu con precisión os atributos de moitos minerais.

En 1070, Su Song e un equipo de eruditos compilaron e editaron o Tujing Bencao ('Farmacopea Ilustrada", material orixinal dende 1058 até 1061), que era un tratado de botánica farmacéutica, zooloxía e mineraloxía.[26] Na recompilación de información para o coñecemento farmacéutico, Su Song traballou con notables estudosos como Zhang Yuxi, Yi Lin, Dong Zhang e moitos outros.[27] Este tratado documenta unha ampla gama de prácticas farmacéuticas, incluíndo o uso de efedrina como droga. Inclúe información valiosa sobre a metalurxia e as industrias do aceiro e do ferro durante o século XI chinés. Creou un enfoque sistemático para o uso dos diferentes minerais e o seu uso nas beberaxes medicinais, todas as formas coñecidas da mica para o seu uso curativo a través da dixestión.[28] Escribiu sobre a fractura subconcoidea do cinabrio, as pegadas das vetas dos minerais e a descrición proporcionada dos seus cristais.[29] Do mesmo xeito que o científico alemán Georgius Agricola, que escribiu que as vetas de minerais se formaban polas correntes de augas subterráneas, Su Song fixo declaracións similares pero co carbonato de cobre (II), e de igual maneira Bencao Rihua fíxoo co sulfato de cobre (I).[29] O libro de Song foi o primeiro tratado escrito na China para describir o liño, a Urtica thunbergiana e o castiñeiro xaponés.[30] De acordo con Edward Schafer, Su Song describiu con precisión a calidade traslúcida do rejalgar, a orixe de realgar dende as menas atopadas nos desfiladeiros rochosos dos ríos, que o seu molde resulta furado, que alcanza unha cor vermella escura, case violeta e que o mineral varía en tamaño, podendo ir dende o rango dun chícharo até o dunha noz.[31] Tomando como evidencia a obra antiga de Cheng Hsuan (127-200), Song intúe que os médicos da dinastía Zhou utilizaban o realgar como medicamento para curar as úlceras.[32] Crese que na época de Song os "cinco velenos" utilizados no imperio de Zhou eran o cinabrio, o realgar, a calcantita, o alume e a magnetita.[32] Song fixo unha descrición sistemática dos animais e das rexións ambientais onde poderían ser atopados, tal como o fixo con diferentes especies de cangrexos de auga doce, de mar e de terra.[32] Por exemplo, sinalou que a especie de cangrexo de auga doce Eriocher sinensis podería ser atopado no río Huai, pasando por Anhui, nas vías fluviais próximas á capital, así como nos encoros e pantanos de Hebei.[33] O libro de Song foi copiado e conservado dentro do Bencao Gangmu da dinastía Ming (13681644) polo físico e farmacólogo Li Shizhen (1518-1593).[34]

Reloxaría e a enxeñaría mecánica editar

Song compilou un dos mellores tratados chineses de reloxaría na Idade Media, tras rodearse dun séquito de notables enxeñeiros e astrónomos para axudalo en varios proxectos: Xinyi Xiangfayao (literalmente, «Fundamentos dun novo método para mecanizar a rotación dunha esfera armilar e un globo celeste»), escrito en 1092, foi o seu último traballo no ámbito da reloxaría e no traballo dos reloxos. Afortunadamente este libro foi feito con 47 diferentes ilustracións a gran detalle dos traballos mecánicos da súa torre do reloxo.[35]

O proxecto máis grande de Su Song foi a torre do reloxo astronómico impulsada con auga de 12,19 m de altura, construído en Kaifeng; o modelo piloto de madeira completouse en 1088, os moldes de bronce en 1090, mentres que o traballo completo se terminou en 1094, no imperio de Zhezong de Song. O emperador encargara anteriormente a Han Gonglian, secretario interino do Ministerio do persoal, dirixir o proxecto, pero polo liderado de Song, o proxecto foille entregado a el e non a Han Gonglian.[36][37] En 1086 o emperador ordenou a Song que construíse o Hun Yi ou reloxo armilar, para que houbese un novo reloxo armilar na cidade. Song traballou coa axuda de Han Gong-lian, quen aplicou os seus extensos coñecementos matemáticos para a construción da torre do reloxo.[38] Un modelo de madeira a escala da torre foi o primeiro que creou Song, e nel detallábanse as pezas da torre orixinal.[39] Ao final a torre quedou con moitas características fascinantes, como o ser impulsada por auga, a rotación armilar no ámbito superior da torre, o seu peso de 10 a 20 toneladas, un globo celeste de bronce na parte superior colocado no centro de 1,37 m de diámetro, mecanicamente temporizado, manequíns en miniatura rotando vestidos con hanfus (roupa tradicional) que saían por unha porta para anunciar a hora do día mediante a designación da lectura de placas, o son das campás e dos gongs ou golpeando tambores, un uso sofisticado de engrenaxes oblicuos e un mecanismo de escape, así como unha fachada no exterior simulando un pagode chinés.[40][41] Unha vez terminada, a torre foi chamada Shui Yun Yi Xiang Tai ou Torre da esfera de accionamiento hidráulico cun globo.

Joseph Needham escribe:

 
Mapa estelar da proxección do polo sur, do globo celeste de Song, Xin Yi Xiang Fa Yao, 1092.
Despois da invención do escape no ano ~ 725 (dinastía Tang) houbo un gran florecemento das rodas dentadas de reloxos e cronómetros, que culminou coa obra mestra de bronce e ferro elaborada por Song en ~ AD 1088.

Anos despois da morte de Song, a capital de Kaifeng foi saqueada e tomada en 1127 polos yurchen da zona de Manchuria baixo o mando da dinastía Jin.[35][42] A torre do reloxo foi desmantelada peza por peza polos yurchen, quen cambiaron as pezas orixinais para reconstruíla na actual Pequín. Con todo, debido á complexidade da torre, non foron capaces de reconstruíla novamente con éxito. O novo emperador Gaozong de Song, instruíu o fillo de Song, Su Xie, para que reconstruíse a torre de novo no seu lugar, e Su Xie púxose a traballar no estudo dos textos do seu pai, xunto con outros expertos na materia. Con todo, tampouco tiveron éxito na creación doutra torre do reloxo, convencéndose así Xie que o seu pai deixara deliberadamente algúns compoñentes esenciais fóra da súa obra escrita e diagramas para que outros non roubasen as súas ideas.

Como sinala o sinólogo e historiador Derk Bodde, o reloxo astronómico de Song non deixou lugar para que se dese unha nova xeración masiva de reloxos na China, xa que o seu traballo era en gran parte un esforzo patrocinado polo goberno exclusivo dos astrónomos e os astrólogos na corte imperial.[43] A pesar disto, o legado de Song na mecánica non rematou coa construción da torre. No 1150, o escritor Xue Jixuan sinalou que existían catro tipos de reloxos nos seus días; a clepsidra, o reloxo de lume, o reloxo de sol e o reloxo de fondo rotatorio e mananciais.[44] As regras da dinastía Yuan tiveron un grande interese nos avances da reloxaría mecánica.[45] O astrónomo Guo Shoujing axudou a restaurar o antigo observatorio de Pequín en 1276, onde se deseñou unha esfera armilar con funcionamento hidráulico con tomas de reloxo aplicadas plenamente e facendo soar as horas.[46] Complexos engrenaxes para reloxaría de orixe chinesa seguíronse usando na dinastía Ming con novos deseños impulsados polo poder da area no canto de auga para proporcionar unha forza motriz á transmisión da roda e algúns reloxos mings coa redución de engrenaxes dos reloxos de Song.[10] O primeiro deseño de reloxo de area foi realizado por Zhan Xiyuan ao redor do ano 1370, que incluíu non só a esfera armilar de Song senón tamén unha nova adición dun dial, encima dun punteiro circular do mesmo xeito que os novos reloxos europeos da mesma época.[47]

Notas editar

  1. Harrist, 239, nota 9.
  2. Needham, Joseph (1962). Science and Civilisation in China: volume 4 (en inglés). Edmonton, AB, Canadá: Cambridge Univ Pr. pp. 445, 448. ISBN 0521070600. 
  3. Bodde, Derk (1991). Chinese Thought, Society, and Science: The Intellectual and Social Background of Science and Technology in Pre-Modern China (en inglés). Irvine, CA, EE. UU.: Univ. of Hawaii Pr, Honolulu. p. 140. ISBN 0824813340. 
  4. Ronan, Colin; Needham, Joseph (1986). The Shorter Science and Civilisation in China: v. 3 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521315603. 
  5. Needham, Joseph (1959). Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth. Cambridge: Cambridge University Press. 
  6. Needham, Joseph (1965). Ciencia y civilización en China: vol. 4, física y tecnología física, Parte 2: Ingeniería Mecánica (en inglés). Cambridge University Press. p. 111. 
  7. Needham, vol. 4, parte 2, 165. 
  8. Needham 4, 438. 
  9. Needham 4, 435-440. 
  10. 10,0 10,1 Needham 4, parte 2, 509-512. 
  11. Needham 4, 446. 
  12. Liu, 593. 
  13. 13,0 13,1 Needham 4, 447. 
  14. Edwards, 175-176. 
  15. Harrist, 269. 
  16. Needham 4, 32. 
  17. Roth, 224 y 226. 
  18. Wittfogel y Feng, 599. 
  19. Bowman, 105. 
  20. Liu, 577. 
  21. Breslin, 14. 
  22. Wright, 213. 
  23. Needham 3, 208. 
  24. Miyajima, Kazuhiko (1997). Métodos de proyección de mapas de estrellas chinas, coreanas y japonesas de "Lo más destacado de la Astronomía", vol. 11B p. 714. Ed.. J. Andersen. Norwell: Kluwer Academic Publishers."
  25. Miyajima, Kazuhiko (1997). Métodos de proyección de mapas de estrellas chinas, coreanas y japonesas de "Lo más destacado de la Astronomía", vol. 11B p. 714. Ed.. J. Andersen. Norwell: Kluwer Academic Publishers. 
  26. Wu, 5. 
  27. Unschuld, 60. 
  28. Needham 3, 648. 
  29. 29,0 29,1 Needham 3, 649. 
  30. Needham 6, Parte 1, 174, 175. 
  31. Schafer, 81. 
  32. 32,0 32,1 32,2 Schafer, 83. 
  33. oeste, 606. 
  34. Occidente, 605. 
  35. 35,0 35,1 Ceccarelli, 58. 
  36. Fry, 9. 
  37. Needham 4, parte 2, 495. 
  38. Needham 4, 39. 
  39. Needham 4, 465. 
  40. Needham 4, 455. 
  41. Needham 4 456. 
  42. Wright, 96. 
  43. Bodde, 362. 
  44. Needham 4, parte 2, 462. 
  45. Fry, 12. 
  46. Needham 4, parte 2 504-505. 
  47. Needham 4, parte 2, 511. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar