Cadea de transmisión

En enxeñaría mecánica, unha cadea de transmisión ou simplemente cadea, é un conxunto de elos conectados directamente ou a través de eixes. Unha cadea pode estar pechada en si mesma ou deixarse libre nos seus extremos.

Animación do funcionamento dunha cadea de transmisión.
Trazos dunha cadea de transmisión, de Leonardo da Vinci.

As cadeas de transmisión serven para transmitir o movemento de arrastre de forzas entre rodas dentadas, e poden utilizarse como:

A pesar de que se atribúe a Hans Renold a invención da cadea con rolos, en 1880, debuxos de Leonardo da Vinci do século XVI amosan os trazos dunha cadea con rolos.[1].

AplicaciónsEditar

 
Cadeas de elos planos enlazados mediante pernos, habitualmente usadas en motos e bicicletas.
 
Cadea de distribución nun motor OHV.
  • Transmitir o movemento dos pedais á roda traseira nas bicicletas ou do cambio de marchas á roda traseira nas motos.
  • Nos motores a 4 tempos, para transmitir o movemento dun mecanismo a outro. Por exemplo, do cegoñal á árbore de levas, ou do cegoñal á bomba de lubricación do motor.

Hai algúns modelos de motos que usan un cardán para transmitir o movemento ás rodas. Porén, o sistema de cadea dá unha certa elasticidade que axuda a iniciar o movemento, sobre todo en costas. O seu inconveniente é que se pode enganchar, e é máis débil que un cardán.

Existe un dispositivo chamado falcon utilizado para absorber parte das vibracións da cadea, o que impide a fragmentación dalgún elo.

Tamén hai sistemas hidráulicos ou por correa.

Nos motores de ciclo Otto a 4 tempos úsanse cadeas para a árbore de levas desde hai moito tempo, sobre todo desde a aparición dos motores SOHC e DOHC polo seu maior silencio e menor custo que os piñóns de distribución. As correas de transmisión dentadas, porén, foron gañado terreo para esta función.

Cada vez téndese máis a substituír a cadea da árbore de levas por unha correa xa que fai menos ruidoso o motor. O inconveniente é que hai que cambiar a correa con máis frecuencia que unha cadea, e consome un pouco máis de potencia do motor.

A cadea de distribución, sempre que o seu engraxamento sexa adecuado e o seu mecanismo tensor funcione correctamente, dura o que dure o motor.

NotasEditar

  1. No século XVI Leonardo da Vinci debuxou esbozos da que semella ser a primeira cadea de aceiro. Estas cadeas foron probabelmente concibidas para transmitir unha forza de tracción, xa que inclúen só as placas e clavos metálicos e accesorios. Porén, os debuxos de da Vinci mostran un rolo de rodamento.Tsubakimoto Chain Co., ed. (1997). The Complete Guide to Chain. Kogyo Chosaki Publishing Co., Ltd. p. 240. ISBN 0-9658932-0-0. p. 211. Consultado o 08-09-2012. 

Véaxse taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar