Villard de Honnecourt

Villard de Honnecourt foi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos bosquexos de arquitectura, o cal actualmente se conserva na Bibliothèque nationale de France.

Infotaula de personaVillard de Honnecourt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1200 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Honnecourt-sur-Escaut Editar o valor em Wikidata
Morte1250 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría civil e Arquitectura medieval Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , enxeñeiro , inventor , Mestre de obras Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1211 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata - 1250 Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancês antigo (pt) Traducir e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

A vida do pedreiro editar

Villard era orixinario da aldea de Honnecourt-sur-Escaut, situada preto de Cambrai, Francia. Como outros canteiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha obra para outra. Co tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicir, mestre de obras, profesión que incluía o oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban dabondo, e mercé ao seu Carné, coñecemos algunhas das etapas do seu periplo: Laon, Chartres, Lausana e incluso Hungría.

O Carnet editar

Cunhas dimensións de 14x22 centímetros, o Carné de Villard de Honnecourt compuñase en principio dun centenar de páxinas, das que subsisten algo máis de sesenta. Contén numerosos bosquexos, de gran precisión, acompañados de anotacións.

Áchanse:

  • Debuxos naturalistas.
  • Representacións de personaxes: alegorías, escenas relixiosas e civís.
  • Bosquexos de arquitectura e estudos xeométricos.
  • Máquinas: máquinas bélicas ou de construción, e esbozos de máquinas de movemento perpetuo.