Sebastián Martínez-Risco

xuíz e escritor galego
(Redirección desde «Sebastián Martínez-Risco Macías»)

Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego, presidente da Real Academia Galega.

Infotaula de personaSebastián Martínez-Risco
Nome orixinal(gl) Sebantián Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Academia Galega
1960 – 1977
← Manuel Casás FernándezDomingo García-Sabell → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Zaragoza
Universidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xuíz Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticopoesía, teatro, romance e ensaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Martínez-Risco Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Placa do seu despacho na praza de Galicia, A Coruña.

Realizou os estudos secundarios en Ourense, no Instituto do Posío (actual IES Otero Pedrayo de Ourense). Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución en Pobra de Seabra (1926-1927), O Barco de Valdeorras (1927-1933), Vilalba (1933-1941) e A Coruña (1941-1943). Foi ascendido a maxistrado, e exerceu na Audiencia de Ourense, mais o 27 de abril de 1944 pediu a excedencia para exercer como avogado na Coruña. Porén, entre 1969 e 1970 volveu á carreira xudicial na Audiencia de Xirona para poder acollerse aos dereitos pasivos que lle correspondían[1]. De novo colaborou en La Centuria, na prensa de Zaragoza (cando estudaba alí) e en El Pensamiento Astorgano de Astorga (de onde era o seu tío), e entre 1919 e 1923 escribiu en La Esfera de Madrid. En 1917 deu unha conferencia sobre Rosalía de Castro en Zaragoza, e escribiu unha obra de teatro con José Camón Aznar. En 1943 publicou a novela La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria, en certa medida autobiográfica, na que se fala do seu papel como xuíz durante a guerra civil española e a posguerra.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 como membro de número co discurso O sentimento da Xustiza na literatura galega, respondido por Manuel Banet[2]. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo, e dirixiu a coral polifónica El Eco da Coruña.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre 1960 e 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[3]

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.

Nas eleccións xerais de España de 1977 foi candidato ao Senado por Candidatura Democrática Galega, mais non resultou elixido.

Vida persoal editar

Fillo do enxeñeiro de camiños Sebastián Martínez Risco Pérez-Santamarina e mais de Cándida Macías García (irmá de Marcelo Macías), foi irmán de Manuel e Luis Martínez-Risco, e curmán de Vicente Risco. Casou con Mercedes Alonso Blanco, e foi pai dos avogados Sebastián e Mercedes Martínez-Risco Alonso. Foi tamén avó da actriz Isabel Risco.

Obras editar

Narrativa editar

 
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria (novela, 1943)

Poesía editar

Ensaio editar

  • O sentimento da xustiza na literatura galega (1953)
  • Presencia da lingua galega (1973)
  • Conferencias encol de Castelao (1975)

Epistolario editar

Notas editar

  1. Freixeiro Mato, X. R. (2021): "Introdución", en Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976).
  2. Martínez-Risco, S. (1953). O sentimento da xustiza na literatura galega. Real Academia Galega. 
  3. "Ha muerto el presidente de la Real Academia Gallega". ABC (en castelán). 27 de setembro de 1977. 
  4. "Ao abeiro da amizade". editorialgalaxia.gal. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Manuel Casás Fernández
  
Presidente da RAG
 
1960-1977
Sucesor:
Domingo García-Sabell