Policía secreta
Unha forza de policía secreta é unha organización policial que opera en segredo para desenvolver as súas funcións. Non debe confundirse coa policía de paisano, a policía ordinaria que viste de civil no desempeño das súas funcións. A policía secreta só acode en casos de emerxencia como atracos, narcotráfico e mesmo posesión de armas ilegais. No entanto, o termo «policía secreta» utilízase con máis frecuencia para denominar as organizacións de estados totalitarios encargadas de vixiar e reprimir a poboación.
Métodos
editarSegundo o criminólogo Nicolas Desurmont, hai tres tipos de vixilancia: vixilancia ostentosa (que pode conducir ao acoso en grupo), vixilancia errática (que é aleatoria) e vixilancia encuberta (que está oculta).[1] A vixilancia ostentosa está asociada coa vixilancia política dunha policía secreta nun obxectivo de linchamento.[1].
Lista de forzas de policía secreta
editarComunistas, socialistas e marxistas
editar- A Cheka na Unión Soviética baixo Lenin (1917-1922)
- A OGPU na Unión Soviética baixo Alekséi Ríkov (1923-1934)
- A NKVD na Unión Soviética baixo Iosif Stalin (1934-1954)
- A KGB na Unión Soviética (1954-1991)
- A KGB en Belarús (1991-)
- O FSB en Rusia (1995-)
- A ÁVH na República Popular Húngara (1948-1956)
- A Securitate na República Socialista de Romanía (1948-1989)
- A Sigurimi na República Popular de Albania (1943-1991)
- A Stasi na República Democrática Alemá (1950-1990)
- A Darzhavna Sigurnost na República Popular de Bulgaria (1944-1989)
- A Státní bezpečnost na República Socialista Checoslovaca (1945-1990)
- A Urząd Bezpieczeństwa (UB) e posteriormente a Służba Bezpieczeństwa (SB) na República Popular de Polonia (1956-1990)
- A OZNA (1944-1952) e a UDBA (1946-1991) na República Federal Socialista de Iugoslavia
- O Departamento de Seguridade Estatal na República Popular Democrática de Corea (1973-)
- A Oficina 610 na República Popular da China (1999-2018)
- O Ministerio de Seguridade do Estado, axencia de intelixencia e policía secreta da República Popular da China (1983-)
- O SEBIN, axencia de intelixencia e policía secreta da República Bolivariana de Venezuela (1999-)
- A Santebal na Kampuchea Democrática (1971-1979)
- A Jamahiriya el-Mukhabarat na Gran Yamahiriya Árabe Libia Popular Socialista baixo Muamar al-Qadafi (1969-2011)
Fascistas, nacionalistas e nacionalsocialistas
editar- A Gestapo na Alemaña Nazi (1933-1945)
- A OVRA no Reino de Italia (1927-1945)
- A Tokkō no Imperio do Xapón (1910-1945)
- A Kempeitai no Imperio do Xapón (1881-1945)
- A PIDE no Estado Novo de Portugal (1954-1969)
- A DGS no Estado Novo de Portugal (1969-1974)
- A BPS na España franquista (1941-1978)
- A DSN en Venezuela durante a ditadura de Marcos Pérez Jiménez (1946-1958)
Réximes monárquicos e/ou monarquías parlamentarias de Europa
editarRepúblicas de América do Norte, Europa e Asia
editar- A FBI en Estados Unidos (1908-)
- A DCRI en Francia (1982-)
- A BfV en Alemaña (1950-)
- A AISI en Italia (2007-)
- O NIS en Corea do Sur (1961-)
- O OIJ en Costa Rica (1973-)
Latinoamérica
editar- A Mazorca ao servizo de Juan Manuel de Rosas, gobernador da Provincia de Buenos Aires, Arxentina (1829-1832, 1835-1852)
- A SIDE (1946-2015) baixo control da ditadura desde 1976 con Jorge Rafael Videla en Arxentina. Ademais, interactuaba cos servizos de intelixencia militar de Exército, Forza Aérea, Armada, Policía Federal, Provinciais e Grupo de tarefas. Esta regulación unicamente en contra do inimigo político manifestouse antes e durante a Guerra das Malvinas. En febreiro de 2015 aprobouse un proxecto de lei para disolver o organismo e crear, no seu lugar, a Axencia Federal de Intelixencia[2] con base no proxecto enviado pola presidenta Cristina Fernández.[3]
- A DINA da ditadura militar de Augusto Pinochet en Chile (1973-1977)
- O CNI da ditadura militar de Augusto Pinochet en Chile (1977-1990)
- O DAS (1960-2011) e o F2 (1949-1995) en Colombia
- A DFS, que protagonizou a represión política en México desde 1947 e a "guerra sucia" mexicana na década de 1960 e 1970 (1947-1985)
- A OSN da familia Somoza en Nicaragua
- O SEN durante a presidencia de Alberto Fujimori no Perú (1990-2000)
- A Dirección de Seguridade Nacional (1949-1959) e a Dirección dos Servizos de Intelixencia e Prevención (1969-2009) de Venezuela
O Caribe
editar- A PNR de Cuba (1908-1959 reformada), creada durante a presidencia de José Miguel Gómez. É a antecesora da Dirección de Intelixencia de Cuba (DI ou G2). A PNR foi reestruturada por Fidel Castro, inicialmente logo dos enfrontamentos e ataques do Movemento do 26 de xullo.
- A Dirección de Intelixencia de Cuba, coñecida polas siglas DI, DGI ou G2, foi creada durante o goberno de Fidel Castro en Cuba (1961-)
- Servizo de Intelixencia Militar de Rafael Leónidas Trujillo, ditador da República Dominicana (1957-1962)
- Tonton Macoute no Haití de François Duvalier, máis coñecido como Papa Doc (1959-1986)
Oriente Medio
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Desurmont, Nicolas (2009). "La géocriminologie en contexte de gang-stalking". International E-Journal of Criminal Sciences (en francés) (3). ISSN 1988-7949.
- ↑ "Creación de la Agencia Federal de Inteligencia" (PDF) (en castelán).
- ↑ Salinas, Lucía (27 de xaneiro de 2015). "La Presidenta ahora disuelve la ex SIDE: crea una nueva agencia". Clarín (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2024.