Cristina Fernández de Kirchner

Cristina Elisabet Fernández de Kirchner (Cristina-fernandez-de-kirchner.ogg pronunciación ), nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires) o 19 de febreiro de 1953, é unha política e avogada[1] arxentina. Foi presidenta da Arxentina dende o 10 de decembro de 2007 até o 9 de decembro de 2015, sendo a única dos presidentes arxentinos que completou oito anos, co mandato continuado máis prolongado despois de Carlos Menem e Juan Domingo Perón.

Modelo:BiografíaCristina Fernández de Kirchner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Tolosa, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vice-presidente da Argentina (pt) Traducir
10 de decembro de 2019 – 10 de decembro de 2023
← Gabriela MichettiVictoria Villarruel →
Senador da Arxentina
10 de decembro de 2017 – 10 de decembro de 2019
Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires

Presidente da Nación Arxentina
10 de decembro de 2007 – 9 de decembro de 2015
← Néstor KirchnerMauricio Macri →
Senador da Arxentina
14 de decembro de 2005 – 10 de decembro de 2007
Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires
First Lady of Argentina (en) Traducir
25 de maio de 2003 – 10 de decembro de 2007 – Supresión do cargo →
Senador da Arxentina
10 de decembro de 2001 – 9 de decembro de 2005
Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz
Deputada da Arxentina
10 de decembro de 1997 – 10 de decembro de 2001
Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz
Senador da Arxentina
29 de novembro de 1995 – 9 de decembro de 1997
Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRío Gallegos
La Plata
Quinta de Olivos (pt) Traducir
Recoleta Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de La Plata - Título de abogado (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Provincia de Santa Cruz
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica (1989–), avogada Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPresidency of the Argentine Nation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Justicialista (pt) Traducir
Frente para a Vitória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoKirchnerismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNéstor Kirchner (1975–2010) Editar o valor en Wikidata
FillosMáximo Kirchner, Florencia Kirchner Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
8 de outubro de 2013operação cirúrgica (pt) Traducir
27 de decembro de 2011-4 de xaneiro de 2012emerxencia médica
28 de outubro de 2007eleições gerais na Argentina em 2007 (pt) Traducir
23 de outubro de 20052005 Argentine legislative election (en) Traducir
1990parto
1977parto
9 de maio de 1975-27 de outubro de 2010matrimonio
Governo Cristina Kirchner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcfkargentina.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3231417 Facebook: CFKArgentina Twitter: CFKArgentina Instagram: cristinafkirchner Telegram: CFKenTelegram Youtube: UCT8Moh9ZCUvUwbTf00ZiYsg Flickr: 99419328@N07 BNE: XX5236896 Musicbrainz: be464960-c2e4-4909-b2f6-9c1b60e68f8c WikiTree: Fernández-2392 Editar o valor en Wikidata

Foi senadora nacional pola provincia de Buenos Aires con mandato 2017-2023,[2] elixida a través da fronte Unidade Cidadá, e integra o bloque da Fronte para a Vitoria na cámara alta, que preside o senador por Neuquén Marcelo Jorge Fuentes.[3]

Nas eleccións presidenciais de 2019 presentouse xunto co avogado Alberto Fernández como presidente. O 27 de outubro derrotaron ao presidente Mauricio Macri nas eleccións e actualmente é a vicepresidenta da Nación Arxentina dende o 10 de decembro de 2019.

Os bisavós de Cristina Fernández de Kirchner, Francisco Fernández de O Campo e Isabel Gómez Díaz, eran oriúndos do concello da Fonsagrada, o primeiro da aldea de Arquide e a segunda da aldea de Vilarxubín, ámbalas dúas situadas na parroquia fonsagradina de Santa María de Trobo.[4]

Como consecuencia desta unión, nace Pascasio Fernández Gómez o 27 de febreiro do ano 1862 na aldea de Vilarxubín, o que sería o avó paterno da presidenta da Arxentina.[5]

Máis tarde e para evitar o servizo militar, Pascasio decide emigrar cara á Arxentina e instálase no barrio bonaerense de Villa Urquiza, alí aprenderá o oficio de xastre, mentres espera a súa moza, Amparo Fernández, que chegaría á Arxentina no ano 1923.[6]

Traxectoria

editar

Realizou os seus estudos de avogacía na Universidade Nacional de La Plata,[1] onde coñeceu a Néstor Kirchner en 1974, quen foi o seu compañeiro de militancia e, dende 1975, o seu esposo. O ano seguinte, mudáronse a Río Gallegos onde fundaron o "Estudio Jurídico Kirchner". O matrimonio tivo dous fillos: Máximo (1977), e Florencia (1990).

Mentres exercían a súa profesión, fundaron en 1981 o Ateneo Juan Domingo Perón, unha das varias correntes peronistas da provincia. O seu primeiro cargo electivo obtívoo en 1989 como deputada provincial de Santa Cruz. En 1995, Cristina Fernández foi elixida senadora nacional pola mesma provincia, mentres Néstor Kirchner era gobernador. Neste período, se ben pertencía á bancada oficialista, opúxose a varios proxectos do goberno de Carlos Menem, entre eles o proxecto presentado durante o litixio do campo de xeo Patagónico Sur, a privatización de Aerolíneas Argentinas, o Pacto Federal para o emprego, a produción e o crecemento,[7] a Reforma Laboral e a Lei de Hidrocarburos. Ademais, pediu a renuncia do daquela ministro de Defensa Oscar Camilión, involucrado no escándalo pola venda de armas a Ecuador e Croacia.[8]

Permaneceu no cargo até o 3 de decembro de 1997 en que, xa electa deputada nacional pola provincia Santa Cruz, renunciou polas súas diferenzas co bloque do PJ, e o día 10 asumiu o seu novo cargo. O ano seguinte, as súas diferenzas co Goberno nacional valéronlle que fose desafectada das comisións que integraba. Volveu ó Senado en 2001 e asumiu a presidencia da Comisión de Asuntos Constitucionais. Algúns temas sobre os que se ocupou foron a modificación das leis que trataban a conformación do Consello da Maxistratura e a Corte Suprema. Tamén se ocupou da investigación sobre a queima de urnas en 2003 na provincia de Catamarca.

Mantívose no cargo até 2005, cando foi elixida tamén senadora nacional pero pola provincia de Buenos Aires, cargo que desempeñou até asumir a primeira maxistratura dende 2007. Cristina Kirchner foi a primeira muller arxentina elixida para o cargo de presidenta e a segunda en exercelo.[9]

Entre as principais medidas do goberno de Cristina Fernández salientan a Asignación Universal por Fillo, a reestatización dos fondos xubilatorios, o programa "Conectar Igualdad", o aumento nos orzamentos para ciencia e investigación, a lei de Servizos de Comunicación Audiovisual, a lei de matrimonio igualitario, a reestatización da empresa Yacimientos Petrolíferos Fiscales (YPF), a reforma do Banco Central e a sanción do Código Civil e Comercial, entre outras.

Nas eleccións presidenciais de 2011 obtivo o 54,11 % dos votos, accedendo así a un segundo mandato. En devandita elección, Cristina Fernández logrou a maior porcentaxe alcanzada nunha elección presidencial dende 1983, sendo tamén en termos porcentuais o cuarto resultado máis amplo da historia electoral arxentina despois da de Hipólito Yrigoyen en 1928, e os de Juan Domingo Perón en 1951 e 1973. Ademais, obtivo unha diferenza do 37,3 % respecto da segunda lista, a segunda maior da historia arxentina.[10][11][12]

A finais do seu mandato en 2015, a revista Forbes clasificouna como unha das «100 mulleres máis poderosas do mundo».[13]

En 2017, presentou a súa nova coalición electoral, Unidade Cidadá, coa que busca renovar o kirchnerismo, e foi elixida senadora nacional pola minoría baixo esta nova coalición.

Presidentes da Arxentina

Segue a:
Néstor Kirchner
Cristina Fernández de Kirchner
Precede a:
Mauricio Macri
Partido Xusticialista
  1. 1,0 1,1 Lara, Rodolfo (2 de outubro de 2007). "Universidad de La Plata: Cristina está graduada". Clarín. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2014. 
  2. "Cristina Fernández de Kirchner asumió como senadora nacional". www.nueva-ciudad.com.ar (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  3. "El bloque de Cristina K lo preside un neuquino". Lmneuquen.com (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  4. López Pombo, Luis. "Galicia Digital - Genealogía de Cristina Fernández de Kirchner". Consultado o 26/06/2020. 
  5. "El pasado gallego de Cristina Kirchner". 19/04/2012. Consultado o 26/06/2020. 
  6. Di Marco, Laura (2014). Cristina Fernández: La verdadera historia. Penguin Random House Grupo Editorial Argentina. ISBN 9789500748537. 
  7. O 12 de agosto de 1993, o goberno de Carlos Saúl Menem asinou o Pacto Fiscal II, que disminuíu a presión tributaria provincial («Achicar el estado es agrandar la Nación»). Isto provocou unha recesión dous anos despois, xa que disminuíu a capacidade produtiva das provincias.
    «Pacto Fiscal II», artigo en When In Time.
  8. Jastreblansky, Maia (2011): «Cristina legisladora: diez recuerdos de una opositora mediática y rebelde» Arquivado 31 de xullo de 2016 en Wayback Machine., artigo do 5 de setembro de 2011 no xornal La Nación (Buenos Aires).
  9. María Estela Martínez de Perón foi elixida vicepresidenta nas eleccións do 23 de setembro de 1973, e asumiu a presidencia tralo pasamento do presidente Juan Domingo Perón o 1 de xullo de 1974.
  10. «Cristina Kirchner: "Siento la responsabilidad de construir un país distinto al de nuestros primeros 200 años de historia"», artículo del 23 de octubre de 2011 en el diario Página/12 (Buenos Aires).
  11. «Cuórum después del "efecto Cristina"», artículo del 24 de octubre de 2011 en el diario Página/12 (Buenos Aires).
  12. Comparado contra datos de M. Navarro (coordinador): Historia electoral argentina. Buenos Aires: Ministerio del Interior - Subsecretaría de Asuntos Políticos y Electorales, 2008.
  13. "Ranking Forbes: las mujeres más poderosas del mundo | Ranking Forbes - América". Consultado o 27 de abril de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Godio, Julio; y Robles, Alberto José (2008): El tiempo de CFK. Entre la movilización y la institucionalidad. Buenos Aires: Corregidor. ISBN 978-950-05-1767-6.
  • Montenegro, Maximiliano (2011). Es la ekonomía, estúpido (primeira ed.). Buenos Aires: Planeta. ISBN 978-950-49-2599-6. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  • Musgrave, Richard (2000). Hacienda Pública teórica y aplicada (quinta ed.). Boston: McGraw-Hill. ISBN 84-7615-756-8. 
  • Russo, Sandra (2011). Guebel, Daniel, ed. La Presidenta: historia de una vida (segunda ed.). Buenos Aires: Sudamericana. ISBN 978-950-07-3623-7. 
  • Sietecase, Reynaldo (2012). Kamikazes: los mejores peores años de la Argentina (primeira ed.). Buenos Aires: Aguilar, Altea, Taurus, Alfaguara. ISBN 978-987-04-2683-7.