Río Gallegos, Santa Cruz

Este artigo trata sobre a cidade, para o río vexa río Gallegos.

Río Gallegos, coloquialmente Gallegos, é a capital da Provincia de Santa Cruz, situada na Patagonia, na República Arxentina.

Río Gallegos, Santa Cruz
Río Gallegos
Rio Gallegos Montaje.jpg
Desde arriba, de esquerda a dereita: Porto da cidade e Parroquia Nosa Señora de Luján; Costanera e o Río Gallegos, Tango 01 no aeroporto e centro nocturno.
Localización
PaísFlag of Argentina.svg Arxentina
ProvinciaSanta Cruz
DepartamentosGüer Aike
Demografía
Poboación95.796 hab. (2010)
Xentilicioriogalleguense
Outros datos
Código postalZ9400
AlcaldeRaúl Cantín (FPV)
www.riogallegos.gob.ar

Localizada na desembocadura do río Gallegos no departamento Güer Aike, é a cidade máis poboada da provincia —con 95 796 habitantes (2010)— e o centro distribuidor para as actividades turísticas da zona. A oferta turística da cidade está conformada por museos, monumentos histórico-culturais e circuítos urbanos; así como tamén un estuario que alberga miles de aves residentes e migratorias. Fóra do radio urbano pode verse a paisaxe volcánica da Laguna Azul, ou a Reserva Faunística Cabo Vírgenes, unha das maiores pingüineiras de América do Sur que alberga, de outubro a abril, máis de 150 000 pingüíns magallánicos.

HistoriaEditar

Esta cidade existiu como poboación, aínda antes da chegada de Carlos María Moyano, quen en 1883 foi designado Gobernador do Territorio Nacional de Santa Cruz. A data da súa fundación formal senta cando o Goberno Nacional Arxentino destacou ao buque Villarino ao mando do capitán Federico Spurr, para que realizase a viaxe regular entre Buenos Aires e os portos da Patagonia. Río Gallegos naceu ao instalarse a Sub Prefectura Marítima, o 19 de decembro de 1885.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar