Néstor Kirchner

político arxentino

Néstor Carlos Kirchner Ostoić, nado en Río Gallegos (Santa Cruz) o 25 de febreiro de 1950 e finado en El Calafate o 27 de outubro de 2010[1], foi un político e avogado arxentino, pertencente ao Partido Xusticialista e á Fronte para a Vitoria, que foi o 54º presidente da Arxentina.

Néstor Kirchner
Nome completoNéstor Carlos Kirchner Ostoić
Nacemento25 de febreiro de 1950
Lugar de nacementoRío Gallegos
Falecemento27 de outubro de 2010
Lugar de falecementoEl Calafate
CausaParada cardiorrespiratoria
SoterradoMausoleum of Néstor Kirchner
NacionalidadeArxentina
EtniaCroats in Argentina
Relixióncristianismo
Alma máterUniversidad Nacional de La Plata e La Salle Florida
Ocupaciónavogado e político
CónxuxeCristina Fernández de Kirchner
FillosMáximo Kirchner e Florencia Kirchner
IrmánsAlicia Kirchner
PremiosOrdem do Libertador e honorary doctor of the Fudan University
Na rede
http://www.nestorkirchner2011.com/
IMDB: nm1905646 WikiTree: Kirchner-706 Find a Grave: 60725520 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi elixido presidente do Goberno do seu país o 25 de maio de 2003, logo de derrotar o expresidente Carlos Menem na segunda volta das eleccións dese ano; até o 10 de decembro de 2007, cando foi sucedido pola súa dona, Cristina Fernández.

Anteriormente fora intendente de Río Gallegos (1987-1991) e gobernador da provincia de Santa Cruz (1991-2003). No 2009 foi escolleito deputado da Nación Arxentina pola Provincia de Buenos Aires, con mandato desde o 10 de decembro de 2009 até o 10 de decembro de 2013. Desde o 4 de maio de 2010 ata o seu falecemento desempeñou o cargo de secretario xeral da UNASUR.[2]

Tamén actuou como presidente do Partido Xusticialista, cargo ao que renunciou o 29 de xuño de 2009 e volveu ocupar o 11 de novembro de 2009, asumíndoo oficialmente o 10 de marzo de 2010.

Notas editar

  1. "Nova do falecemento en Xornal.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  2. lanacion.com, ed. (4 de maio de 2010). "Kirchner juró como secretario general de la Unasur ...". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2010. Consultado o 04 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Presidentes da Arxentina

Segue a:
Eduardo Duhalde
Néstor Kirchner
Precede a:
Cristina Fernández de Kirchner
Partido Xusticialista