Abrir o menú principal

Petra[1] (de "petra", pedra en grego; árabe: البتراء, al-Bitrā) é un sitio arqueolóxico situado en Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Este lugar é famoso por ter moitas estruturas de pedra escavadas dentro das rochas.

Petra
Petra Jordan BW 22.JPG
El Khazneh - A Cámara do Tesouro
[[Ficheiro:
Petra en Líbano
Petra
Petra
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Jordan.svg Xordania
Localización30°19′50″N 35°26′36″L / 30.33056, -35.44333
TipoCultural
CriteriosI, III, IV
Inscrición1985 (9ª Sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador326

XeografíaEditar

Petra está situada a medio camiño entre o Golfo de Aqaba e o Mar Morto a unha altitude de 800 a 1396 metros por encima do nivel do mar nun val da rexión montañosa de Edom, ao leste do val de Arabah. Hoxe, Petra atópase a uns 200 km ao sur da capital xordana Amman], aproximadamente a 3 horas en coche.

Plinio o Vello e outros escritores identifican a Petra como a capital dos Tadeanos e o centro do comercio con camelos. Construída en gran parte sobre a mesma rocha, coma se tratásese dunha escultura, está incrustada entre rochas abruptas e empinadas, entre pasadizos ou pequenos canóns escavados pola erosión da auga a través de miles de anos. Ten un abastecemento de auga segura, o que o fai un lugar favorable para o desenvolvemento dunha próspera cidade. O lugar é accesible só por un estreito camiño de montaña ao noroeste, ou ao leste a través dun canón de aproximadamente 1,5 km de lonxitude e ata 200 metros de altura, o Siq, o acceso principal, que no seu lugar máis estreito mide apenas dous metros de ancho. Petra non só posuía as vantaxes dunha fortaleza en canto á seguridade, xunto a presenza de auga converteuna nunha parada natural na intersección de varias rutas de caravanas que conectaban Exipto, Siria e Arabia co sur do Mar Mediterráneo, cargadas principalmente con produtos de luxo (especias e seda de India, de marfil de África, perlas do Mar Vermello e incenso do sur de Arabia). A resina de árbore do incenso (Boswellia) era cobizada polo mundo antigo como unha ofrenda relixiosa especialmente valiosa e tamén como medicina.

A actividade comercial xerada polas caravanas e as tarifas recibidas produciron importantes beneficios para os nabateos. Como resultado, a cidade acolleu desde o século V a.C. Un mercado importante ata o século III.

 
Mapa de Petra
 
O estreito paso (Siq) que leva a Petra

Escavacións recentes demostraron as habilidades dos nabateos no control da auga que permitiron a construción da cidade no deserto, creando na práctica un oasis artificial. A zona sofre inundacións ocasionais e os restos arqueolóxicos evidencian que os nabateos controlaban estas inundacións mediante o uso de presas, cisternas e condutos de auga. Deste xeito, almacenaban a auga que despois podía ser utilizada nos longos períodos de seca permitindo que a cidade prosperara.[2][3]

Aínda que nas súas orixes se podía acceder a Petra chegando polo sur (vía Wadi Araba), ou posiblemente desde as elevadas mesetas no norte, a maior parte dos visitantes modernos achéganse ao lugar dende o leste. A impresionante entrada leste leva a un acceso en baixada que atravesa unha estreita e escura corga entre paredes de pedra, (nalgúns lugares con só 3 - 4 m. de ancho) chamada Siq ("o eixo"), unha característica xeolóxica natural formada por unha separación profunda nas rochas de arenita e que sirve como unha canle que flue cara a Wadi Musa. Ao final da estreita gorxa atópase a ruína máis elaborada de Petra, Al Khazneh (popularmente coñecida e que significa "o Tesouro"), tallado no cantil de arenita. Aínda que permanece en condicións notablemente ben conservadas, a fachada da estrutura está marcada por centos de buracos de bala feitos polas tribos beduínas locais que esperaban atopar as riquezas que unha vez se rumoreaba que estaban escondidas nela.[4]

Un pouco máis aló do Tesouro, ao pé da montaña chamada en-Nejr, hai un gran teatro, posicionado para que poidan verse a maior cantidade de tumbas. No punto onde se abre o val á chaira, o sitio da cidade revélase con efecto sorprendente. O teatro foi cortado na ladeira e baixo varias das tumbas durante a súa construción. Os rectangulos dos asentos aínda están visibles. Case encerrandoo por tres lados están os muros da montaña de cor rosa.

Plano detallado da cidadeEditar

 
Plano detallado da cidade de Petra, en Xordania.

         Muralla              Camiño de acceso

     Edificios antigos, tumbas rupestres ou templos      Edificios recentes, destinados ao turismo principalmente Cadrado dobre: altos lugares
Cadrado con círculo: fortalezas dos cruzados
Cudrado con barra: escavación

HistoriaEditar

A historia de Petra é longa, o seu val era moi estimado pola súa fácil defensa. Con todo, os seus primeiros habitantes eran nómades, sen restos físicos de vivendas máis que a partir da época Nabatea, xa que esta civilización construíu e viviu alí por longo tempo. Tras o período bizantino, o lugar quedou practicamente deserto, polo que hai poucas fontes que lembren ese tempo, o que fai difícil reconstruír a historia da cidade durante un longo período. Tras a redescoberta da cidade por Johann Ludwig Burckhardt en 1812, verificouse nos escritos da antigüidade moitas fontes que evocan a historia de Petra.

 
Panorama do alto lugar do sacrificio na parte inferior da cidade de Petra

NeolíticoEditar

Os descubrimentos no lugar de Beidha, a poucos quilómetros do Petra, demostraron a existencia de instalacións sedentarias que datan de entre 30.000 e 10.000 anos a.C. O establecemento máis antigo atopado en Petra data da Idade do Ferro.

AntigüidadeEditar

O lugar era un santuario relixioso, político e cultural.

Período EdomitaEditar

Segundo Leon de Laborde, os primeiros vestixios de instalacións sedentarias Edomitas no lugar de Petra remóntanse ao final do século VIII. a. C. Esta cidade dominou toda a rexión. Os Edomitas elixiron instalarse en Umm al-Beira, os outeiros preto de Petra, xa que se atoparon varios sitios sobre os picos. O mesmo lugar ocupárono máis tarde os Nabateos, pobres construtores, pero con moita sona pola súa cerámica.

A rexión sufriu numerosos ataques polas tribos israelitas, pero permaneceu baixo o control dos Edomitas, polo menos ata que a anexión do territorio edomita polo Imperio Persa.

Segundo o Libro do Éxodo (da Biblia), os Edomitas, como descendentes de Esaú e inimigos dos hebreos, opuxéronse ao paso de Moisés. Nun esforzo para atopar os sitios mencionados no Libro do Éxodo Leon de Laborde e outros exploradores occidentais deron nomes bíblicos a cada lugar, como Wadi Musa (‘o regato de Moisés’) o Al-Khazne Firaun (‘o tesouro do Faraón’). Petra, como Bosra non se coñecera ata o século XX, como a cidade mencionada na Biblia (II Reis, XIV, 7; Isaías, XVI, 1) co nome de Sela (en hebreo פטרה sela, «rochoso»), a capital dos edomitas, antes de que as investigacións arqueolóxicas demostran que eran dúas cidades diferentes. Sela está ​​máis ao norte.

Período NabateoEditar

 
As rutas comerciais terrestres dos nabateos fixo de Petra un importante centro de comercio para a época.

A chegada dos nabateos, obo nómade árabe, probablemente, remóntase ao século VI a.C., cando entran no país de Edom e toman o control de Petra. Os edomitas trasladáronse á rexión de Hebrón, deixando o asentamento.

O período nabateo está mellor documentado que outros tempos da antigüidade, pero a maioría dos documentos (escritos en papiro e outros sportes que se quebran facilmente) destruíronse, as fontes que datan deste período son escasas, non nos quedadn máis datos precisos que os que se gravaron nas paredes de pedra da cidade e as etapas da construción dos monumentos, para axudar a reconstruír este tempo da súa histria.

No 312 a.C., o xeneral Antígono I Monoftalmos fracaso no seu intento de capturar a cidade.

No século IV a.C., a cidade abrangue dez quilómetros cadrados. Os nabateos son coñecidos pola súa técnica cerámica de alta calidade.

Cara ao final do século IV antes de Cristo e comezos do III, os nabateos parecen totalmente independente, a pesar do dominio rexional da dinastía tolemaica. E ao final do século III a.C., os nabateos apoian a Antíoco III, expulsando aos Tolomeos, ao sur.

Entre o ano 93 a.C. e o 90 a.C., o rei Nabateo Obodas I derrotou a Alexandre Janneo nos altos do Golán terminando a expansión dos Asmoneos en Petra e o seu reino. Conquistou os países de Moab e Gileade, ao leste de Xordania que perderánse máis tarde, a pesar da vitoria sobre Jannée no 82.

No ano 85 Obodas I derrota ao rei Seléucida Antíoco XII que morreu en combate. a súa morte, Obodas foi deificado polos nabateos que organizaron o seu culto e construíron o Deir na súa honra.

O rei Aretas III, fillo de Obodas I estende o reino dos Nabateos cara a Damasco. A cidade desenvolvese grazas ao comercio da ruta do incenso. Esta histórica ruta terrestre comezou en Iemen ao longo da costa occidental de Arabia e dividíase en Petra en douss ramais: un cara ao noroeste que conducía a Gaza e outro ao nordés en dirección de Damasco. A auga e a seguridade fixeron de Petra un oasis para as caravanas meridionais de Arabia, cargadas principalmente con produtos de luxo seda da India, marfil de África, perlas do mar Vermello e incenso do sur de Arabia, entre outros produtos moi cobizados. A resina de Boswellia (a "árbore de incenso") era cobizada no mundo antigo como unha ofrenda relixiosa, especialmente valiosa e tamén como medicina. A intermediación comercial e as tarifas producían importantes beneficios para os nabateos, que daban á caravanas auga e aloxamento para pasar a noite, a cambio dun pago.

 
Tumbas reais.

O rei Nabateo Malichos I e Obodas III fixeron fracasar moitas expedicións romanas en Arabia incluídas as dos anos 25 e 24 a.C., do prefecto de Exipto Elio Galo. Os romanos intentaron atopar a orixe das especias e perfumes cos que negociaban os Nabateos para non pagar a súa intermediación.

A cidade alcanzou o seu apoxeo no ano 50. Tiña 20.000 habitantes, pero as fontes difieren moito deste número, outras estimacións varían entre 30.000 e 40.000 de habitantes.

Durante o reinado do rei Nabateo Obodas III o reino experimentou un importante desenvolvemento cultural. Nesa época, construíronse a maior parte das tumbas e templos.

Os nabateos adoraban aos deuses e ás deusas árabes da época preislámica, así como a algúns dos seus reis deificados. Dushara é o deus masculino principal, coa súa trindade feminina: Uzza, Allat e Manat. Moitas estatuas esculpidas na rocha mostran estes deuses e deusas.

Diodoro de Sicilia e Estrabón son os únicos escritores coñecidos deste período que deixaron testemuño por escrito de Petra. Estes textos dan conta da riqueza deste pobo árabe, procedente do comercio de caravanas entre Asia e Europa, pero non están de acordo co seu modo de vida: eran sedentarios ou nómades, campesiños ou urbanos. O nome Semítico de Petra tamén se menciona nos Manuscritos de Qumran.

Período romanoEditar

No 106, cando Cornelius Palma era gobernador de Siria, a parte de Arabia baixo o mando de Petra foi incluída dentro do Imperio Romano, e a dinastía nativa terminou. Porén, a cidade continuou coas súas actividades comerciais. Un século máis tarde, cando a cidade chegou ao seu máximo esplendor, o avance chegou ao seu fin, e non se construíron máis edificios; isto debeuse aparentemente a algunha catástrofe repentina como a invasión do novo poder persa baixo o poder da dinastía dos sasánidas.

Ao mesmo tempo Palmira en Siria creceu en importancia como vía de comercio alternativa a Petra.

 
A provincia romana de Arabia Petraea

Plinio o Vello a localiza perfectamente e dános moitas notas da súa economía.[5] Unha confederación composta por dez Cidades Estados situada non moi lonxe de Petra chamada Decápolis fixeron a súa aparición no tempo dos romanos. Sería sometida por Roma no ano 63 a.C.

Entre os anos 64 e 63 a.C,, os territorios nabateos foron conquistados polo xeneral Pompeio e anexados ao Imperio Romano, na súa campaña para reconquistar as cidades tomadas polos hebreos. Con todo, logo da vitoria, o imperio deu a Petra e aos Nabateos unha relativa autonomía, coa principal obriga de pagar impostos e protexer as fronteiras das tribos do deserto. Por esta época comezan a construír edificios ao modo grego e realízanse as famosas fachadas que evocan templos helénicos (como o que se aprecia na primeira fotografía desta páxina).

No 106, probablemente tras a morte do último rei Nabateo, Rabbel II Soter, xa que, ao parecer, non houbo ningunha batalla, o reino foi anexado por orde do emperador romano Traxano, acción levada a cabo por Cornelio Palma, gobernador de Siria, unha vez dominada, unha lexión quedou acantonada no lugar. Isto fixo que Bosra, se converterá rapidamente na segunda cidade máis grande do reino Nabateo, a capital da nova provincia romana de Arabia (provencia Arabia). O emperador Traxano renomeou Bosra (entón chamada Bostra) como Nea Traiane Bostra, ou Nova Bostra de Traxano, e Petra recibe o título honorario de metrópole (metrópoli). Pouco despois, no ano 114, Petra converteríase na base para os ataques contra o Imperio dos Partos en Irán.

A apertura das rutas marítimas na época romana deu un golpe mortal a Petra e aos Nabateos desviando as rutas comerciais da cidade. Desde a ocupación romana, algunhas caravanas continuaron parando en Petra, pero cada vez menos frecuentemente no tempo malia a construción dunha estrada romana de 400 km que unía Bosra, Petra e o Golfo de Aqaba. O emperador Hadriano estivo ná cidade no ano 131 e deulle o seu nome: Petra Hadriana.

O aumento da construción revela que a cidade coñeceu, a pesar de todo, un período próspero durante a "Pax Romana". Coa reorganización do imperio, iniciada polo emperador Diocleciano, converteuse na capital da "Palaestina taertia ou Palaestina salutaris". Romanos canalizado un río, o Uadi, a través dun túnel baixo Petra, reconstruíron a rúa principal e ata erixiron o templo Qar el-Bint.[6]

Segundo a tradición árabe, Petra é onde Moisés no Éxodo do pobo de Israel desde Exipto, fixo brotar unha fonte da pedra, ao batela co seu caxato. A aldea preto de Wadi Moussa e outros lugares aínda lembran a Moisés. Míriam, a irmá de Moisés, ten unha tumba alí.

Época BizantinaEditar

 
Detalle dun mosaico bizantino da igrexa de Petra.

No ano 325 (case 500 anos despois da creación de Petra como centro comercial) o cristianismo converteuse nunha das relixións estatais do imperio, que tamén influíu na provincia e Petra. No 330, o emperador Constantino I o Grande creou o Imperio romano oriental, coa súa capital en Constantinopla. Petra ea súa provincia formaron parte dese imperio.

Petra formou parte do Imperio bizantino, e o imperio animou, como en todo o seu territorio, a difusión da fe cristiá a través da construción de igrexas. Os habitantes da cidade permaneceron fundamentalmente fieis ás súas crenzas, pero no ano 350 nomeouse un bispo en Petra, e un século despois construíronse grandes igrexas na cidade. Atanasio de Alexandría refírese a un bispo de Petra chamado Asterius. Ata o Deir utilizouse como igrexa durante este período e durante as escavacións descubríuse unha cruz pintada nas súas paredes e noutras tres igrexas. A gran tumba das urnas do período nabateo, que corresponde á tumba de Malichos II ou Aretas IV Philopatris, converteuse nunha especie de catedral no ano 446. Ao norte de Petra hai varias tumbas cunha cruz tallada, o que indica que os cristiáns enterraron os seus mortos alí.

No ano 363 un forte terremoto causou danos nos monumentos, incluíndo o teatro e os acuedutos. Na súa descrición do terremoto e potente tremor, Cirilo, bispo de Xerusalén di que case a metade da cidade foi destruída cando ocorreu o terremoto, na terceira hora, e en particular á novena hora da noite.

A cidade que xa estaba debilitada desde o inicio do dominio romano polo declive das súas actividades comerciais,non foi reconstruída e pouco a pouco baleirouse de habitantes.

Idade MediaEditar

 
Fortaleza nas ruínas de Al-Karak, a medio camiño entre Amman e Petra.

A conquista islámica da rexión nos anos 629-632 parece non estar interesada en Petra. A última mención de Petra está nun texto escrito por Anthenogenes, bispo da cidade, a finais do século V ou a principios do VI.

Conquistada polos árabes, non se coñece ningunha actuación na cidade, Petra, que gradualmente quedou baleirada dos seus habitantes, converteuse nunha pequena aldea de 700 habitantes, e ocupada, en última instancia polos cruzados antes de ser completamente esquecida.

Durante a primeira cruzada, a cidade foi ocupada por Balduino de Boulogne do Reino de Xerusalén e forma o segundo servidume da baronía de Al-Karak no Señorío de Transxordania.

Durante a dominación franca, construíronse varias fortificacións cruzadas nas fortalezas de Al-Wu'ayrah e Al-Habis.

A cidade segue en mans dos cruzados ata 1187, cando Saladino os derrota na Batalla de Hattin e Al Karak tomando posesión da rexión.

Un peregrino alemán chamado Thetmar dixo pasar preto de Petra no 1217 e o Sultán az-Zâhir Rukn ad-Din Baybars al-Bunduqdari cruzou a cidade no ano 1276.

As ruínas de Petra foron obxecto de curiosidade durante a Idade Media, atraendo algúns visitantes que deixaron constancia da súa visita, como os sultáns Bibares de Exipto a principios do século XIII.

Época modernaEditar

 
Johann Ludwig Burckhardt (1784-1817) chamouse a si mesmo Sheikh Ibrahim.

Petra foi descuberta para o mundo occidental en 1812 por Jean Louis Burckhardt (1784 - 1817), un viaxeiro suízo disfrazado de árabe, que facía chamarse xeque Ibrahim. Seguiu a ruta entre Damasco e Exipto pasando por Xordania. Escoitou dicir que preto da aldea de Wadi Musa, atopábase no medio dunha fortaleza natural, unhas ruínas extraordinarias. Nesta rexión, que entón pertencía a Imperio Otomano, desconfiaban das persoas que curioseaban nas antigüidades consideradas "obras dos infieis", porque naquela época a situación política e relixiosa era tensa. Burckhardt presentouse como un peregrino que quería sacrificar unha cabra ao Profeta Aaron, cuxa tumba, construída no século XIII, que supoñíase estaba alén das ruínas, na parte superior de Jebel Haroun. Acompañado polo seu guía, atravesou a cidade antiga en agosto de 1812, sen poder parar un momento para tomar notas ou debuxos, pero consciente da importancia de tales restos e do feito de que estas ruínas preto de Wadi Musa eran as de Petra. Entusiasmado, espallou a noticia entre os occidentais instalados en Oriente e en Exipto e presentou as súas conclusións no libro "Travels in Syria and the Holy Land" (Viaxes en Siria e en Terra Santa), publicado en 1823, cinco anos despois da súa morte.

Levaronse a cabo outros intentos de explorar Petra, a pesar da desconfianza da xente.

En maio de 1818 (seis anos despois da expedición de Burckhardt), unha ducia de persoas de Xerusalén, entre eles John William Bankes, Giovanni Finati e oficiais da Mariña C. L. Irby e J. Mangles, conseguiron quedar uns días na cidade, pero as rivalidades entre os líderes tribais forzounos a saír antes do planeado.

A partir de 1828 comezaron as primeiras misións arqueolóxicas reais. E desde 1830, o asentamento convértese nun lugar para visitar, complementadas por peregrinacións relixiosas e unha fonte de lucro para moitos xefes das tribos da rexión.


 

Tumbas na parte sur da cidade


Petra hoxeEditar

  • O 6 de decembro de 1985 Petra foi recoñecida como cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
  • En 2004 o estudoso de arquitectura Edward Cullinan, con sede en Londres, deseña unha nova entrada a Petra para mellorar o acceso dos visitantes. O inicio da construción está previsto para comezos de 2006.

Principais monumentosEditar

 
O Tesouro de Petra é o monumento máis fotografado da cidade.

Ao redor de Petra hai tumbas esculpidas na rocha que presentan fachadas helenísticas, incluíndo o famoso Khazné e o monasterio Deir. Tamén hai vinte rochas chamadas jinns que talvez representaban aos deuses que custodiaban a cidade.

O Siq é moitas veces representado polo seu lado escuro e monumental asía como a Khazneal-Firaun, rúa central de Petra.

Existe un teatro que foi orixinalmente construído polo nabateos no século I, cunha capacidade de 3000 espectadores, e logo ampliado polos romanos no 106 d.C. a 8500 espectadores. Esculpíuse principalmente na rocha, pero a parte do proscenio construíuse cunha mestura de rocha esculpida e albanilería, tiña unha orquestra semicircular e filas en tres niveis superpostas en forma de lúa crecente. O teatro descubríuse en 1961 e sacado a luz por un equipo de arqueólogos estadounidenses.

O Qasr al-Bint, foi un dos principais templos da cidade e unha das poucas estruturas construídas, en vez de esculpida na rocha. Destruído por un terremoto, reconstruíuse máis tarde.

Moitos dos maiores monumentos (o Khazneh, teatro, Qasr Al Bint ...) construíronse durante o reinado do rei Aretas IV (do ano -9 ao ano 40).

Durante a dominación bizantina, as grandes igrexas estaban decoradas con pedras traídas de Grecia, Exipto e outras terras afastadas. Usaronn frecuentemente mármore e granito nos antigos templos nabateos e romanos. A "Igrexa Bizantina", descuberta en 1990, construíuse no século V, está situada ao norte da rúa das columnas. Estaba decorada con mosaicos e teselas de vidro e pedra, ás veces cubertas de follas de ouro. O seu estilo era bastante grecorromano con detalles inspirados en Petra e os seus arredores, nas súas plantas e animais. A igrexa foi vítima dun incendio a finais do século V, que destruíu o mármore (distribuído en máis de 4000 fragmentos atopados por arqueólogos) e danou máis de 140 papiros que se mantiñan nun cuarto acaroado pertencente a unha familia acomodada.

Imaxes de PetraEditar

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. «Petra». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1626. ISBN 9788482893600. 
  2. "Petra: Water Works". Nabataea.net. Consultado o 2011-12-05. 
  3. Lisa Pinsker (2001-09-11). "Geotimes – June 2004 – Petra: An Eroding Ancient City". Agiweb.org. Consultado o 2011-12-05. 
  4. "Robert Fulford's column about Petra, Jordan". Robertfulford.com. 1997-06-18. Consultado o 2014-02-06. 
  5. Plinio el viejo Historia Natural libro V-87 y 89, el VI-144, y siguientes, XXXVII-121, y +
  6. Millar, Fergus (1992). El Imperio Romano y sus pueblos limítrofes. Siglo Veintiuno Editores. 
  7. "The Rose-Red City of Petra". Grisel.net. 2001-04-26. Consultado o 2012-04-17.