Mada'in Saleh
Mada'in Saleh (ou Madain Saleh) (en árabe: مدائن صالح , madāʼin Ṣāliḥ, "cidades de Saleh"), tamén denominada Al-Hijr ("lugar da rocha"), é unha antiga cidade localizada no norte de Hejaz (na actualidade Arabia Saudita, a 22 quilómetros da cidade da Al-`Ula (árabe العلا). Na Antigüidade, a cidade estaba habitada por thamudis e nabateos sendo denominada como Hegra.[1]
Sitio arqueolóxico de Al-Hijr (Madâin Sâlih) | |
---|---|
Mada'in Saleh. | |
Localización do sitio | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Arabia Saudita |
Localización | 26°48′51″N 37°56′51″L / 26.81417, -37.94750 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III |
Inscrición | 2008 (32ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Estados árabes |
Identificador | 1293 |
Algunhas das inscricións atopadas na zona están datadas cara ao segundo milenio antes de Cristo. Con todo, todos os elementos arquitectónicos restantes dátanse no período das civilizacións Thamudi e Lihyan.
En 2008, a UNESCO proclamou a Mada'in Saleh Patrimonio da Humanidade, converténdose no primeiro lugar de Arabia Saudita en conseguilo.[2]
Localización
editarO sitio arqueolóxico de Mada’in Saleh está situado a 20 km ó norte da cidade de Al-`Ula, 400 km ó noroeste de Medina, e a 500 km sueste de Petra, Xordania. O sitio está nunha chaira, ós pés dunha meseta de basalto, que forma parte das montañas Hijaz. As partes oeste e noroeste do sitio teñen un nivel freático que pode ser alcanzado a unha profundidade de 20 m.[3] O lugar é coñecido pola súa paisaxe desértica, marcada por afloramentos de arenita de varios tamaños e alturas.[4]
Turismo
editarMada'in Saleh está considerada os segundos restos da cultura nabatea máis importante tras Petra. Nabataea.net indica que 131 tumbas se atopan espalladas ao longo de 13,4 quilómetros xunto con cisternas, murallas, torres, etc.[5]
Notas
editar- ↑ Al-Hijr Archaeological Site (Madâin Sâlih), Unesco.
- ↑ Official announcement as World Heritage Site
- ↑ ICOMOS Evaluation of Al-Hijr Archaeological Site (Madâin Sâlih) World Heritage Nomination". World Heritage Center.
- ↑ Hizon, Danny. "Madain Saleh: Arabia's Hidden Treasure – Saudi Arabia".
- ↑ Información de nabataea.net
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mada'in Saleh |