Mike Beuttler
Michael Simon Brindley Bream Beuttler nado no Cairo, Exipto, o 13 de abril de 1940 e finado o 29 de decembro de 1988, foi un piloto británico de Fórmula Un que correu nun coche March privado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1940 O Cairo, Exipto |
Morte | 29 de decembro de 1988 (48 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte por SIDA |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Pais | Leslie Brindley Bream Beuttler e Pamela Rosemary Blake |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Foi un talentoso piloto de Fórmula tres nos últimos anos da década de 1960, entón pasou á Fórmula dúas e logo á Fórmula 1 en 1971. O financiamento para o equipo veu dun grupo de amigos corretores de bolsa de quen o equipo tomou o seu nome - en primeiro lugar "Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing", e en 1973 converteuse en "Clarke-Mordaunt-Guthrie-Durlacher Racing". Correu nunha ocasión, no Gran Premio do Canadá de 1971, para o equipo oficial de March. O mellor resultado de Beuttler foi un sétimo lugar no Gran Premio de España de 1973.
Beuttler retirouse das carreiras o ano seguinte e finalmente trasladouse aos Estados Unidos, onde morreu de complicacións resultantes de SIDA en 1988, nos Ánxeles, aos 48 anos. En 2016 era o único piloto de F1 gay coñecido.[1][2]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1971 | Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing | March 711 | Cosworth V8 | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR Ret |
ALE DSC |
AUT NC |
ITA Ret |
NC | 0 | ||||||
STP March | CAN NC |
USA | ||||||||||||||||||
1972 | Clarke-Mordaunt-Guthrie Racing | March 721G | Cosworth V8 | ARX | RSA | ESP NSC |
MON 13 |
BEL Ret |
FRA Ret |
GBR 13 |
ALE 8 |
AUT Ret |
ITA 10 |
CAN NC |
USA 13 |
NC | 0 | |||
1973 | Clarke-Mordaunt-Guthrie-Durlacher | March 721G | Cosworth V8 | ARX 10 |
BRA Ret |
RSA NC |
NC | 0 | ||||||||||||
March 721G/731 | ESP 7 |
BEL 11 |
MON Ret |
SWE 8 |
FRA | GBR 11 |
NED Ret |
ALE 16 |
AUT Ret |
ITA Ret |
CAN Ret |
USA 10 |
Notas
editar- ↑ "Gay Automotive:the coming out story of Mike Beutller". www.dailygossip.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 2016-06-14.
- ↑ "» Remembering Mike Beuttler – Richard’s F1". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 2016-06-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike Beuttler |
Ligazóns externas
editar- Philippe Vogel et le sport automobile (French)
- mikebeuttler.hautetfort.com/
- www.comultipress.fr/spip/spip.php?article165