Medalla da Folga de Fame
A Medalla da Folga de Fame é unha medalla de prata que estivo vixente entre agosto de 1909 e 1914,[1] concedida pola dirección da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU) a mulleres sufraxistas presas que se declararon en folga de fame mentres cumprían condena nas prisións do Reino Unido por actos de militancia na súa campaña a favor do sufraxio feminino. Moitas destas mulleres foron alimentadas á forza e as súas medallas individuais reflicten ese feito cun distintivo.[2]
Medalla da Folga de Fame —Hunger Strike Medal— | |
---|---|
Medalla concedida en 1912 a Myra Sadd Brown | |
Outorgada pola Unión Social e Política de Mulleres do Reino Unido | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Barra esmaltada adicional na fita no caso de alimentación forzada. |
Elixibilidade | Presas sufraxistas. |
Outorgada por | Participación en folga de fame durante a estadía en prisión. |
Descrición | Medalla redonda de prata pendurada dunha fita. Anverso: HUNGER STRIKE. Reverso: nome da receptora. Pasador: FOR VALOUR |
Estadísticas | |
Establecida | Agosto de 1909 |
Premiados | 95 coñecidas. |
Historia
editarAntecedentes e contexto
editarO 5 de xullo de 1909, a artista e sufraxista escocesa Marion Wallace Dunlop iniciou unha folga de fame na prisión de Holloway. Dunlop fora condenada a un mes de prisión por facer un graffiti cun fragmento da Declaración de Dereitos de 1689 na parede da Cámara dos Comúns.[3] As autoridades penitenciarias considerábana unha presa criminal, en tanto que ela se consideraba como unha presa política e comezou a súa folga en mostra de obxección a esta clasificación. A súa folga durou 91 horas, e só terminou porque a prisión a liberou para evitar a súa morte.[2]
Aínda que esta primeira iniciativa de folga de fame foi unha idea autónoma de Wallace Dunlop e que o fixo sen informar a dirección da WSPU, moitas outras mulleres en condición similar fixeron súa a reivindicación e comezaron tamén as súas respectivas folgas de fame.[2]
A creación da medalla
editarAsí as cousas, a dirección da Unión Social e Política de Mulleres decidiu instituír unha serie de medallas de campaña de estilo militar para elevar a moral e fomentar a lealdade e o compromiso continuos coa causa do sufraxismo feminino.[2]
A Medalla da Folga de Fame foi entregada por primeira vez pola dirección da WSPU nunha cerimonia que tivo lugar a principios de agosto de 1909 en St. Jame's Hall,[4] de mans de Pethick-Lawrence; a súa receptora foi Mary Allen.[5] Máis tarde, as medallas entregaríanse nun almorzo de recepción á saída do cárcere.[2]
Caracterización
editarAs medallas son de prata e de forma redonda, e colgan dunha fita coas cores púrpura, branca e verde características da WSPU. Esta fita está prendida nun pasador tamén de prata que porta a inscrición FOR VALOUR ("Por valor"), imitando a inscrición da Cruz Vitoria, a máis presitixiosa das condecoracións británicas. No anverso da medalla figura a lenda HUNGER STRIKE ("Folga de fame"), en tanto que no reverso aparece gravado o nome da perceptora, rodeado por unha coroa de loureiro.[6][7]
As medallas foron deseñadas por Sylvia Pankhurst,[2] e fabricadas pola compañía Toye & Co. A súa produción custoulle á WSPU unha libra esterlina por unidade.[8][9]
As barras de prata dispostas na fita da medalla outorgábanse polos respectivos períodos de folga de fame levados a cabo e levaban gravada no reverso a data do arresto da receptora e da súa declaración en folga de fame. Pola súa banda, as barras esmaltadas de cores púrpura, branca e verde representaban as veces que a perceptora fora sometida a alimentación forzosa, e tamén portaban as referidas datas no seu reverso.[7][8] A modo de exemplo, na barra da medalla concedida á escultora Edith Downing está gravada a inscrición "Fed by Force 1/3/12", así como a data en que foi encadeada, o que posteriormente conduciu á súa folga de fame e alimentación forzada.[2][6]
Presentación
editarAs medallas de folga de fame presentábanse nun estoxo de cor morada e cun forro interior de veludo verde. Pola parte interrna da tapa inseríase unha peza de seda branca co nome da muller galardoada impreso en ouro e coa seguinte dedicatoria:[8][9]
“ | Entregada a [nome] pola Unión Social e Política de Mulleres, en recoñecemento á súa valente acción, mediante a cal, soportando ata o derradeiro extremo a fame e as penurias, se reivindicou un gran principio de xustiza política. | ” |
Exemplares conservados
editarO Museo de Londres conserva a medalla concedida á líder sufraxista Emmeline Pankhurst, que se declarou en folga de fame durante unha condena de dous meses de prisión en 1912 por guindar unha pedra a unha fiestra da residencia do primeiro ministro, no número 10 de Downing Street.[2]
A medalla outorgada a Helen MacRae, no seu estoxo orixinal, foi vendida nunha poxa pública levada a cabo pola compañía Lockdales Auctioneeren en 2015, na que se lle adxudicou a un coleccionista privado por 12.300 libras.[10] O director daquela poxa, James Sadler, dixo: "Estes son dos artigos historicamente máis salientables cos que tratamos".[11]
En 2019 vendeuse tamén nunha poxa, por 12.500 libras, a medalla achada nun caixón que lle fora concedida á sufraxista Elsie Wolff Van Sandau, quen fora arrestada por romper unha fiestra en Covent Garden o 4 de marzo de 1912 e que fixo folga de fame en prisión.[12][13]
A medalla pertencente á sufraxista Selina Martin, poxada en Nottingham en 2019, que se estimaba que chegase a alcanzar entre 15.000 e 20.000 libras,[14] foi adquirida finalmente pola Galería Nacional de Victoria, Australia, por 27.000 libras.[15] Outro museo, o Te Papa Tongarewa, de Wellington, Nova Zelandia, comprou a medalla de Frances Parker en 2016,[16][17] e a Old Parliament House australiana conserva a medalla concedida a Charlotte Blacklock.[18]
A medalla concedida a Kate Williams Evans foi adxudicada nunha poxa en 2018 por 48.640 libras, e posteriormente pasou a formar parte da colección do Museo Nacional do País de Gales.[19]
Pola súa banda, a medalla correspondente a Rosamund Massy está soterrada dentro do plinto da estatua de Emmeline Pankhurst en Victoria Tower Gardens, Londres, desde a erección deste monumento en 1930.[20]
En setembro de 2023, a Biblioteca de Mulleres de Glasgow decidiu comprar a medalla de Maud Joachim, xa que fora concedida pola primeira folga de fame da WSPU en Escocia.[21] A campaña de recadación de diñeiro acadou un grande éxito e a medalla pasou a estar na biblioteca en outubro dese mesmo ano.[22]
Receptoras da medalla
editarAínda que non hai un rexistro exhaustivo das medallas concedidas, en abril de 2024 o número de concesións documentadas era de 95. Non é descartable que poidan coñecerse novas medallas en calquera momento, xa que polo menos 60 mulleres cumpriron os requisitos para tal recoñecemento durante as datas en que a medalla estivo vixente.[23]
Nesta listaxe amósanse os nomes das sufraxistas receptoras da Medalla da Folga de Fame e, no caso de se coñeceren, tamén as datas da súa concesión:
- Mary Ann Aldham.[27]
- Mary Sophia Allen (?-08-1909).[5]
- Laura Ainsworth.[28]
- Helen Archdale (19-10-1909).[29]
- Charlotte Blacklock.[18]
- Violet Bland.[30]
- Myra Sadd Brown.[31]
- Constance Bryer.[32]
- Evaline Hilda Burkitt.[33]
- Lucy Burns.[34][35]
- Leila Gertrude Garcias de Cadiz.[36]
- Kate E. Teresa Cardro.[37]
- Mabel Capper (30-07-1909).[38]
- Eileen Mary Casey.[39]
- Joan Cather (04-03-1912).[40]
- Grace Chappelow (04-09-1909).[41]
- Georgina Fanny Cheffins.[42]
- Leonora Cohen.[8]
- Constance Collier.[43]
- Jessie Landale Cumberland (21-05-1914).[44]
- Alice Davies (04-03-1912).[45]
- Emily Davison.[8]
- Violet Mary Doudney.[46]
- Caroline Lowder Downing (1912).[47][48]
- Edith Downing.[6][8][49]
- Flora Drummond.[50][51]
- Elsie Duval.[52]
- Norah Dacre Fox.[53][54]
- Kate Williams Evans (04-03-1912).[19][55]
- Caprina Fahey (14-03-1914).[56]
- Theresa Garnett.[57][58]
- Ellison Scotland Gibb.[59]
- Margaret Skirving Gibb.[59]
- Nellie Godfrey.[60]
- Joan Lavender Bailie Guthrie.[61]
- Florence Haig.[62][63]
- Nellie Hall (21-07-1913).[64]
- Evelyn Hambling (1914).[65]
- Alice Hawkins (04-09-1909).[66]
- Georgina Healiss.[67]
- Beth Hesmondhalgh.[58]
- Anna Hutchinson.[68]
- Elsie Howey.[58]
- Maud Joachim (19-10-1909 e 01-03-1912).[6][21]
- Ellen Isabel Jones (21-05-1914).[69]
- Violet Jones (08-12-1909).
- Winifred Jones.[70]
- Clara Lambert.[71]
- Laura Geraldine Lennox.[72][73]
- Lilian Lenton.[74]
- Anna Lewis (10-02-1914).[75]
- Ethel Lewis.[76]
- Louise Lilley.[77]
- Gertrude Golda Lowy.[78]
- Constance Lytton (09-10-1909).[7]
- Margaret Macfarlane.[79]
- Helen MacRae.[10]
- Grace Marcon 26-10-1913).[80]
- Kitty Marion (09-12-1909).[81]
- Charlotte Marsh.[74]
- Selina Martin (20-08-1909).[14]
- Rosamund Massy.[20]
- Frances McPhun.[82]
- Margaret McPhun.[82]
- Lillian Metge (10-08-1914).[83]
- Ethel Moorhead (29-08-1912; 29-11-1912; 29-01-1913 e 15-10-1913).[84]
- Edith New.[85]
- Marie du Sautoy Newby (04-03-1912).[86]
- Frances Outerbridge (01-03-1912).[87][88]
- Emmeline Pankhurst (01-03-1912).[2][89][90]
- Frances Parker.[16][17][91]
- Alice Paul.[85]
- Pleasance Pendred.[92]
- Mary Phillips.[39][93]
- Mary Richardson.[39]
- Edith Rigby.[58]
- Rona Robinson 20-08-1909 e 15-10-1909).[43]
- Grace Roe.[8][94]
- Bertha Ryland.[95]
- Arabella Scott.[35][96]
- Genie Sheppard.[8][97]
- Dorothea Chalmers Smith.[98]
- Geraldine Stevenson.[99]
- Grace Cameron-Swan.[100]
- Janie Terrero.[25]
- Catherine Tolson (04-09-1909).[101]
- Leonora Tyson (04-03-1912).[102]
- Elise Wolff Van Sandau (04-03-1912).[12]
- Marion Wallace Dunlop.[103]
- Olive Grace Walton.[104]
- Helen Kirkpatrick Watts.[105]
- Olive Wharry (01-03-1912 e 21-02-1913).[67]
- Gertrude Wilkinson (04-03-1912).[106]
- Agnes Wilson.[107]
- Laetitia Withall.[108]
Notas
editar- ↑ Crawford, E. (2006). Páxina 306.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Six things about you should know about the Suffragette hunger strikes". Museumoflondon.org.uh).
- ↑ Mayhall, L. E. N. (2003). Páxina 3.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxina 306.
- ↑ 5,0 5,1 Crawford, E. (2003). Páxina 9.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Crawford, E. (2003). Páxina 306.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Grant, K. (2019). Páxina 59.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 "Collecting Suffrage: The Hunger Strike Medal". Womanandhersphere.com
- ↑ 9,0 9,1 Crawford, E. (2003). Páxina 307.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Helen MacRae Suffragette gallantry medal auctioned". BBC News (BBC.com). 21 March 2015.
- ↑ "Suffragette memorabilia - separating the fact from the fiction". Antique-Collecting.co.uk. 8 de outubro de 2015.
- ↑ 12,0 12,1 "Suffragette's hunger strike medal found after 100 years". En BBC News (BBC.com). 30 de maio de 2019.
- ↑ "Suffragette’s hunger strike medal sells for thousands". Hansonsauctioneers.co.uk. 27 de xuño de 2019.
- ↑ 14,0 14,1 Whitfield, D. (2019). "Rare suffragette medal is expected to fetch over £15,000 at auction". Nottinghampost.com. 22 de febreiro.
- ↑ "Selina Martin Suffragette Hunter Strike Medal". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 13. Marzo de 2019.
- ↑ 16,0 16,1 Thomas, R. (2016). "Te Papa buys rare bravery medal awarded to suffrage activist Frances Parker". En Stuff.co.nz. 26 de febreiro.
- ↑ 17,0 17,1 "Who was Frances Parker?". Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa (Tepapa.govt.nz). 2016.
- ↑ 18,0 18,1 "WSPU Hunger Strike Medal". Museum of Australian Democracy at Old Parliament House (moadoph.gov.au).
- ↑ 19,0 19,1 "Suffragette hunger strike medal archive sold for Catherine Southon house record to National Museum Wales". En Antiques Trade Gazette. 26 de xullo de 2018.
- ↑ 20,0 20,1 Crawford, E. (2003). Páxinas 306, 391.
- ↑ 21,0 21,1 Maud, J. (2023). "Glasgow Women's Library appeals for help to buy suffragette medal". En The Guardian. 22 de setembro.
- ↑ "Maud Joachim's Hunger Strike Medal comes to GWL". Glasgow Women's Library. 19 de outubro. de 2023.
- ↑ "Roll of Honour of Suffragette Prisoners 1905-1914". The National Archives (Nationalarchives.gov.uk).
- ↑ "Suffragette Theresa Garnett 1909". Bathintime.co.uk
- ↑ 25,0 25,1 Goggin, M. D.; Tobin, B. F. (ed.) (2016). Women and Things 1750-1950: Gendered Material Strategies. Routledge, Londres. Páxina 35. ISBN 9780754665502
- ↑ "Picture No 10034567". Mary Evans Picture Library.
- ↑ "Suffragette's medal sold at record price". ITV. com. 14 de setembro de 2015.
- ↑ Atkinson, D. (1992). Páxina 37.
- ↑ "Mrs Helen A. Archdale". En TheDinnerPuzzle. com. 8 de xuño de 2018.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxinas 62-63.
- ↑ "Medal - Suffragette Medal (Hunger Strike), Awarded to Myra Eleanor Sadd Brown, Great Britain, 1912". Museums Victoria Collections.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxinas 86-87.
- ↑ Hall. L. "Hilda Burkitt | The Face of Suffrage". ThePeoplesPicture.com.
- ↑ Twomey, L. The Story of Lucy Burns.
- ↑ 35,0 35,1 Leneman, L. (1995).
- ↑ "Suffragette Medal". Bonhams.com
- ↑ The Suffragette Handkerchief at the Priest House, West Hoatly. Páxina 4.
- ↑ "BBC - A History of the World - Object: WSPU hunger strike force feeding medal". En BBC (www.bbc.co.uk).
- ↑ 39,0 39,1 39,2 Suffragettes Meet Again (1955). British Pathé (youtube.com/@britishpathe).
- ↑ "Hunger Strike Medal awarded to Joan Cather (1912)". British Museum (BritishMuseum.org).
- ↑ "Medal for valour, awarded to Grace Chappelow, with original box". National Gallery of Fictoria (NGV.vic.gov.au).
- ↑ Petrie, A. (2022). "The Suffragette". Writing Hythe History (Hythehistoryblog.wordpress.com).
- ↑ 43,0 43,1 "Women's Suffrage: Hunger Strike medallions". En Collectors Weekly (Collectorsweekly.com).
- ↑ "Lot: 32: Women's Social and Political Union". Woolley & Wallis.co.uk. 17 de maio de 2023.
- ↑ "Historic items in Leeds that chart the struggle for women's votes in 1918". En The Yorkshire Post. 6 de febreiro de 2018.
- ↑ "Scarborough man tells mother's suffragette story". En The Scarborough. 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Porter, L. (2018). "Voice & Vote: Women’s Place in Parliament Exhibition at the Palace of Westminster". Londontopia.net. 29 de xuño.
- ↑ "WSPU Hunger Strike Medal". UK Parliament (Parliament.uk).
- ↑ "Lot 266: Downing (Edith)". Bohams.com. 23 de marzo de 2022.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxina 310.
- ↑ "Flora Drummond, 1879-1949. Suffragette". National Galleries of Scotland.
- ↑ "The Suffragette Movement in the Local Area". chertseymuseum.org.
- ↑ "Norah Dacre Fox (1878-1961)". Exploringsurreyspast.org.uk
- ↑ "London Suffragette Medal to sell at auction 20 April 2006". Spink.com
- ↑ "Suffragette medal". National Museum Wales.
- ↑ "Call for public’s help to piece together life of Norfolk suffragette Caprina Fahey". En Eastern Daili Press. 2 de novembro de 2017.
- ↑ "Suffragette Theresa Garnett 1909". Bath In Time.co.uk
- ↑ 58,0 58,1 58,2 58,3 Atkinson, D. (1992). Páxina 199.
- ↑ 59,0 59,1 "The Gibb Family: Chess Players and Suffragettes". ChessScoltand.com
- ↑ "Medal awarded to Suffragette who threw a lump of iron at Churchill's car comes up at auction". En Antiques Trade Gazette.
- ↑ "Suffrage Stories: 'Laura Grey': Suffragettes, Sex-Poison And Suicide". En Woman and her Sphere. 30 de xullo de 2013.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxinas 257, 307.
- ↑ Atkinson, D. (1992). Páxina 105.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxina 259.
- ↑ "The Suffragette Women’s Social and Political Union Medal awarded to Miss Evelyn Hambling". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ Simpson, F. (2018). "Suffragette's 'inspirational' life story revealed as belongings go on display". En The Standard (Standard.co.uk). 17 de xuño.
- ↑ 67,0 67,1 Crawford, E. (2003). Páxinas 306-307.
- ↑ "A Suffragette medal in silver awarded to "Anna Hutchinson", the small silver 22mm diameter medal". The-saleroom.com
- ↑ "Ellen Isabel Jones hunger strike medal". Wikimedia Commons.
- ↑ "Suffragette Winifred Jones 1911". BathInTime.co.uk.
- ↑ "Surrey Heritage March of the Women project Suffrage collections audit - Godalming Museum". Exploringsurreyspast.org.uk
- ↑ "West Cork suffragette Laura will always be remembered as a hero". The Southern Star. 19 de maio de 2018.
- ↑ "Who's Your Heroine? Laura Geraldine Lennox". RTE.ie. 3 dde febreiro de 2020.
- ↑ 74,0 74,1 "Suffragettes Anniversary". BBC Archive.
- ↑ "Suffragette Medal for Hunger Strike and for Valour bought for £27,250". Lawrences Auctioneers (Laurences.co.uk).
- ↑ "Suffragette Medal of Valour". Coline Valley Museum.
- ↑ "The Caravan Club and the Suffrage Movement". The National Motor Museum Trust. 25 de xuño de 2018.
- ↑ "Suffrage Stories: Two New Exhibitions". En WomanandherSphere.com
- ↑ "Orders, Decorations & Medals: Suffragette Medal 1909". Noble Numismatics (Noble.com.au). Páxina 401.
- ↑ "Suffragette's life story inspires musical drama". En Norwich Evening News. 16 de outubro de 2013.
- ↑ Crawford, E. (2003). Páxina 376.
- ↑ 82,0 82,1 The Suffragette Handkerchief at the Priest House, West Hoatly. Páxinas 7-8.
- ↑ "Suffragette hunger striker's medal goes on display at museum". En News Letter. 28 de setembro de 2018.
- ↑ "Chapter 5. Force-feeding and beyond". En Ethel Moorhead. Dundee’s Rowdiest Suffragette (ethelmoorhead.org.uk).
- ↑ 85,0 85,1 Watson, N. (2018). Dundee's suffragettes: their remarkable struggle to win votes for women. Percy Johnstone Pub. Páxina 57. ISBN 978-1-9999252-0-8
- ↑ "The Collection of Medals Formed by the Late Clive Novell. Lot № 158". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 4 de febreiro de 2016.
- ↑ Chesters, L. (2021). "Hunger strike medal reveals story of Suffragette with a pseudonym". En Antiques Trade Gazette. 4 de decembro.
- ↑ "Suffragette medal sold for £13,400 at auction in Stroud". En Stroud News and Journal. 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Silver hunger strike medal presented to Emmeline Pankhurst". Google Arts & Culture.
- ↑ "Hunger strike medal Arquivado 05 de decembro de 2023 en Wayback Machine.". Museum of London.
- ↑ "Kitchener's Niece: the Suffragette who Outraged her Uncle and was Abused in Prision". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 4 de febreiro de 2016.
- ↑ Lang, J. (2018). "Suffragette Talk: Who was Pleasance Pendred?". Glasgow Women's Library (Womenslibrary.org.uk). 26 de setembro.
- ↑ Meeres, F. (2013).
- ↑ "Grace Roe Hunger Strike Medal Arquivado 30 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Sprinted.org.uk
- ↑ "Suffrage Stories: ‘From Frederick Street to Winson Green’: The Birmingham Women’s Suffrage Campaign". Womanandhersphere.com
- ↑ "Arabella Scott 1885? - 1980". En The Scottish Suffragists (Wealothianwomensforum.org.uk).
- ↑ "Unused ticket: The suffragette story in seven objects". BBC.com. 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Suffragette City West". Glasgow Women's Library (Womenslibrary.org.uk).
- ↑ "Suffrage Stories: Ella And Geraldine Stevenson, Suffragette Sisters". Womanandhersphere.com. 23 July 2018.
- ↑ "Grace Cameron Swan". Suffragettesandsuffragists.com. 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Medal sale recalls bravery of jailed suffragette". En The Northern Echo. 24 de maio de 2004
- ↑ "Inside the Suffragists' Jewelry Box: How Women of the Movement Wore Their Pride on Their Sleeves". En Vogue. 26 de outubro de 2015
- ↑ "Scots suffragette hunger striker remembered". BBC News.
- ↑ Crawford, E. (2006). Páxina 700.
- ↑ "Suffrage Stories: Helen Watts And The Mystery Of The Unclaimed Trunk". Womanandhersphere.com
- ↑ "Women's Social & Political Union hunger strike medal". Vads.ac.uk
- ↑ Fotografía de Michael Shaw en Twitter.
- ↑ "Hunger strike medal presented to Letitia Withall by the Women's Social & Political Union". National Library of Australia (NLA.gov.au).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Atkinson, D. (1992). Suffragettes in the purple white & green: London 1906-14. Museum of London, Londres. ISBN 0-904818-53-5
- Atkinson, D. (2018). Rise up, women!: the remarkable lives of the suffragettes. Bloomsbury, Londres. ISBN 978-1-4088-4404-5
- Crawford, E. (2003). The Women's Suffrage Movement: A Reference Guide 1866-1928. Routledge, Londres. ISBN 978-1-135-43402-1
- Crawford, E. (2006). The women's suffrage movement in Britain and Ireland: a regional survey. Routledge, Londres. ISBN 9-78-0-415-38332-5
- Grant, K. (2019). Last Weapons: Hunger Strikes and Fasts in the British Empire, 1890-1948. University of California Press. ISBN 9-78-0-52030101-6
- Leneman, L. (1995). A guid cause: the women's suffrage movement in Scotland. Mercat Press, Edimburgo. ISBN 1-873644-48-5
- Meeres, F. (2013). Suffragettes: how Britain's women fought & died for the right to vote. Amberley. ISBN 978-1-4456-0007-9
- Mayhall, L. E. N. (2003). The militant suffrage movement: citizenship and resistance in Britain, 1860-1930. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-534783-8