Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa

museo en Wellington, Nova Zelandia

O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.

Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
Na rede
https://www.tepapa.govt.nz
Facebook: tepapa Twitter: te_papa Instagram: te_papa Youtube: UC6cnrd8SMMC2x9rud3RfqlA GitHub: te-papa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Te Papa.

Historia editar

O Museo Colonial creado en 1885 foi o seu predecesor, construíuse en Museum Street e James Hector foi o seu primeiro director.[1] Nos anos trinta do século XX trasladouse a un edificio en Buckle Street, preto da Galería Nacional de Arte de Nova Zelandia que en 1992 se fusionou con el, configurando Te Papa Tongarewa pero até o 14 de febreiro de 1998 non se inaugurou no edificio actual estando dirixido por Dame Cheryll Sotheran. Desde entón, recibe a visita dun millón de persoas cada ano.

Coleccións editar

 
Instalación dun templo maorí (Wharenui).

Dispón de diferentes coleccións:

Dispón ademais de varios arquivos e unha extensa biblioteca coñecida como Te Aka Matua. As súas exposicións permanentes amosan un percorrido histórico, cultural e artístico sobre Nova Zelandia e atópanse distribuídas en seis pisos con nomes temáticos como: un xardín, forzas impresionantes, corais, Mana Whenua ou arte maorí xunto a outras dedicadas a obras pictóricas do impresionismo, simbolismo, expresionismo, cubismo e surrealismo.[2]

Notas editar

  1. Te Papa Tongarewa. "Object: Colonial Museum". 
  2. Te Papa Tongarewa. "All Exhibitions". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 19 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar