Macizo Galaico

Cadea montañosa

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza Grande de Manzaneda, cuns 1 781 metros.

Macizo Galaico
{{{PAGENAME}}}
Vista da Cabeza de Manzaneda en inverno.
Latitude42º32''' N
Lonxitude08º06''' W
Localización administrativa
LocalizaciónGaliza e Castela e León
Características xerais
Altitude2127 m

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

XeografíaEditar

Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

VexetaciónEditar

O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.

A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega.

A serra dos Ancares, pertencente ao macizo, foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006.

Conxuntos montañososEditar

Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos:

Lista de serrasEditar

 
As montañas Paraño na provincia de Ourense vistas dende a N-541.

Principais serras e calidadesEditar

Cumios preto de Verín
Vista da Serra do Faro

Vexa taménEditar