Luís Álvarez Pousa

profesor galego
(Redirixido desde "Luis Álvarez Pousa")

Luís Álvarez Pousa, nado en Vila de Rei (Trasmiras) o 8 de marzo de 1948, é un profesor galego titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Luís Álvarez Pousa
Luís Álvarez Pousa.jpg
Nacemento8 de marzo de 1948
 Vila de Rei
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
XénerosPoesía, ensaio
EstudosXornalismo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Teoloxía. Tamén é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid; doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi animador da Semana do Cine en Ourense dende 1973. Colabora sobre temas de comunicación, cultura e xornalismo en diversas revistas especializadas, tendo impartido sobre estas cuestións numerosas conferencias dentro e fóra de Galicia.

Grupo VozEditar

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que foi o seu primeiro cronista político nos anos da Transición, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz ocupou así mesmo outros cargos de responsabilidade: coordinador xeral de Video Voz-TV, primeiro, e coordinador xeral da Multimedia Voz, despois, deixando daquela o grupo para incorporarse como profesor ó equipo que puxo en marcha a Facultade de Ciencias da Comunicación. Durante os anos 90, mantivo en La Voz de Galicia canda o debuxante Miguelanxo Prado a sección de opinión "A contratempo". Dous dos premios que lle foron concedidos tiñan relación coa súa actividade xornalística: o Café del Bolengo (1985) ó mellor labor de opinión en Galicia, e o Atlántida-2003 que lle concedeu o Gremi d’Editors de Catalunya "pola súa traxectoria como promotor cultural e como xornalista cultural". Tamén recibiu o premio da Crítica de Ensaio e Pensamento 2000 pola súa obra A identidade fronte á rede.

Revistas e outras actividadesEditar

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É tamén membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), e membro dos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior e Criterios. Traballou tamén nos medios audiovisuais: dirixiu e presentou Encontros, o primeiro debate na historia da TVG, e o programa semanal Extramuros, sobre as culturas europeas na canle galega. É contertulio fixo desde hai dous anos no programa Ganbara, de Radio Euskadi.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre o 9 de novembro de 1983 e o seu cesamento o 4 de xaneiro de 1985 foi director xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, promovendo actuacións dinamizadoras e dotando a Galicia dunha infrastrutura cultural creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe. Na Televisión de Galicia presentou e dirixiu os programas Encontros (1986) e Extramuros (1988).

É o director do Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

É autor do poema "Sementeira", musicado por Fuxan os Ventos e que se converteu nunha das cancións máis populares en lingua galega.

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

  • Os cas da vida, 1972, Xistral.

EnsaioEditar

  • Prensa ameazada. Desde a transición ó fraguismo, Edicións Lea.
  • A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información, 1999, Xerais.

Obras colectivasEditar

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
  • Globalización e cambio de milenio, Xerais.
  • Claves para unha información non sexista, 2010, Atlántica de Información e Comunicación de Galicia. Coordinador con Belén Puñal Rama.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

EdiciónsEditar

Estes libros foron publicados na colección Biblioteca Gallega, da que tamén foi coordinador editorial.

Obra en castelánEditar

Obras colectivasEditar

  • Periodismo de Fuente, Universidade Pontificia de Salamanca.
  • Periodismo Especializado, Ariel.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar