A sementeira

cantiga popular galega

A sementeira é unha cantiga popular galega. A canción fíxose popular coa versión (Sementeira) que fixo a banda Fuxan os Ventos, publicada en 1978 no seu álbum homónimo, con texto escrito por Luís Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz[1][2]. A canción converteuse nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa dunha xeración nos anos 1970.

O sementador de Vincent van Gogh.
Luís Álvarez Pousa
Luís Álvarez Pousa
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini)
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini)

Letra editar

Letra da versión de Fuxan os Ventos:[3]

Sementar, sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.


Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai,
que suba ós pexegueiros
á froita verde roubar.


Sementar, sementarei...

Un vello que dé consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.


Sementar, sementarei...

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.


Sementar, sementarei...

Logo deixaime morrer
entre dous regos queimados,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

Sementar, sementarei...

Notas editar

  1. Vélez Barreiro, Marco (2009). Revista Garazoa, ed. Conexiones entre música popular y literatura en Galicia e Irlanda: Notas para un estudio preliminar. Ferrol. 
  2. Con frecuencia, los grupos de canción protesta componen sus letras basándose en melodías tradicionales, o bien musican textos de literatura popular que a veces se confunden con melodías auténticamente populares, como en el caso de la canción Sementeira de Fuxan os Ventos, con texto escrito por Lois Álvarez Pousa y música de Xosé Luís Rivas Cruz
  3. Luis Torres Vázquez (2016) Repertorio tabernario. Maravallada, p. 79