Leucas ou Lefkada (en grego Λευκάδα /Lefkàda/, tamén denominada Lefkas ou Leukas, ou Santa Maura segunda a antiga denominación veneciana) é unha das Illas Xónicas que se encontran ao o oeste da Grecia continental. Dende o punto de vista administrativo constitúe unha prefectura da Rexión de Illas Xónicas. Baixo a xurisdición da prefectura tamén se inclúe un pequeno arquipélago coñecido como as illas Tilevoides, mesmo entre a illa e o continente do que fan parte Meganisi, Skorpidi (propiedade de Aristóteles Onassis), Madouni, Sparti, Thilia e Kithiros. Ao sur da illa, preto da famosa praia de Porto Katsiki, está o lugar onde a lenda di que a poetisa Safo caeu ao baleiro.