Kálamos
Kálamos (grego: Κάλαμος), coñecida na antigüidade como Karnos (Κάρνος), é unha montañosa illa grega no Mar Xónico. Desde a reforma de 2011 dos gobernos locais forma parte do municipio de Lefkada, dos cales é unha unidade municipal.[1] Ten unha poboación invernante de ao redor de 600 persoas, o que aumenta considerablemente no verán polos turistas. O nome de Kalamos significa carrizo en grego. Kálamos é tamén unha comunidade na prefectura de Lefkada. A súa poboación era de 543 habitantes no censo de 2001.
Kalamos - Κάλαμος | |
---|---|
Κάλαμος | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Illas Xónicas |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Xónico |
Coordenadas | 38°37′N 20°55′L / 38.617, -20.917 |
Xeografía | |
Superficie | 24´964 km² |
Longura máxima | 11´4 km. |
Largura máxima | 4 km. |
Punto máis alto | 754 m. (Monte Vouni) |
Demografía | |
Capital | Kálamos |
Poboación | 496 hab. (2011) |
Densidade | 20 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Xeografía
editarA superficie terrestre é de 24´96 km², e o seu punto máis alto é de 754 m sobre o nivel do mar. O principal asentamento da illa é a cidade portuaria de Kálamos (483 habitantes), na costa leste da illa. Desde aquí, un servizo regular de transbordador conecta a illa con Mytikas no continente. Episkopi (60 habitantes) é a outra aldea habitada da illa. A aldea de Porto Leoa foi abandonado tras o terremoto de 1953, que destruíu a subministración de auga, pero a igrexa está aínda en uso.
Na década de 1990, o sistema de auga foi reconstruído e agora todos os fogares teñen auga corrente. Ademais, nos últimos anos, todos os camiños que eran de terra pavimentáronse. Kalamos, unha vez unha illa remota, sen electricidade nin sistema de auga corrente, ten agora todas as comodidades do continente.
Notas
editar- ↑ Kallikratis law Arquivado 12 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kálamos |