Mara Branković

princesa serbia

Mara Branković, nada c. 1416 e finada o 14 de setembro de 1487, tamén coñecida como Mara Hatun, Despina Hatun, ou Amerissa, foi a filla do monarca serbio Đurađ Branković e Irene Cantacucena. Mara entrou no harén do sultán Murad II do Imperio Otomán.[1]

Modelo:BiografíaMara Branković

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1416 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Vučitrn, Kosovo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1487 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Serres, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Valide sultan (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Imperio Otomán Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaFamília Branković (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMurad II Editar o valor en Wikidata
PaisĐurađ Branković Editar o valor en Wikidata  e Irene Kantakouzene Editar o valor en Wikidata
IrmánsKatarina Branković
Estêvão Branković
Lázaro II Branković
Grgur Branković Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Matrimonio

editar

Segundo J. V. A. Fine, Mara foi prometida a Murad II en xuño de 1433. O compromiso foi un intento de evitar unha invasión a Serbia polo Imperio Otomán, aínda que as periódicas incursións otomás continuaron. O 4 de setembro de 1435, o matrimonio produciuse en Edirne. O seu dote incluíu os distritos de Dubočica e Toplica.[2] Ela non tivo fillos propios e o matrimonio posiblemente non foi consumado. Porén, ela foi próxima ó fillo do seu marido, Mehmed II.

De acordo coa crónica de Jorge Frantzes, Mara foi enviada de novo ós seus pais cando Murad II morreu, datando o seu regreso en 1451. Frantzes rexistrou que a viúva rexeitou unha proposta de matrimonio de Constantino XI, o emperador bizantino.[3] Frantzes rexistrou que cando os seus pais morreron (en 1456-1457), Mara uniuse á corte do seu fillastro Mehmed II. Segundo D. M. Nicol, Mara mantivo a súa presenza na corte, pero tamén se lle ofreceu un estado propio en «Jezevo». Nicol identifica «Jezevo» co moderno establecemento de Dafni, no Monte Athos. Cando se converteu en sultán Mehmed, a miúdo pediu consellos dela. A súa corte no exilio de «Jezevo» incluíu a nobres serbios.

Segundo Nicol, Mara foi acompañada a «Jezevo» pola súa irmá Cantacuzina en 1469. As dúas damas actuaron como intermediarias entre Mehmed e a República de Venecia durante a segunda Guerra Otomán-Veneciana (1463-1479).[4] En 1471, Branković acompañou persoalmente a un embaixador de Venecia á Porta das negociacións co sultán.

Ela mantivo a súa influencia sobre o nomeamento dos líderes da Igrexa ortodoxa, e permaneceu influente durante o reinado do sucesor de Mehmed, Beyazid II. Debido á súa influencia, privilexios especiais foron ofrecidos ós cristiáns gregos ortodoxos de Xerusalén, logo estendeuse á comunidade do mosteiro de Athos. Despois da derrota na batalla de Vaslui (Moldova, 1475), Mara comentou que a batalla foi a peor derrota do Imperio Otomán.

  1. Profile of Mara in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  2. J. V. A. Fine, "The Late Medieval Balkans, A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest" (1994), page 530
  3. George Sphrantzes, "Chronicle" , Book 3, page 213
  4. D. M. Nicol, "The Byzantine Lady: Ten Portraits 1250-1500" (1994), page 116