Monte Athos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A República de Monte Athos (en grego Άγιο Όρος, "Montaña Sagrada") é un estado monástico ("República Athos") que se localiza nunha península na rexión de Macedonia e está baixo soberanía grega. Mesmo pertencendo formalmente ao territorio da Grecia, que mantén unha especie de gobernador, é na verdade unha "entidade teocrática independente". Para entrar neste territorio é necesario un permiso especial, a pesar de que Grecia sexa parte da Unión Europea e teña abolido os controis fronteirizos.
Monte Athos | |
---|---|
Monte Athos | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Grecia |
Localización | 40°09′26″N 24°19′35″L / 40.15722, -24.32639 |
Tipo | Mixto |
Criterios | I, II, IV, V, VI, VII |
Inscrición | 1988 (12ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 454 |
O territorio desta pequena república está situado na península Calcídica e é habitado por cerca de 1500 monxes ortodoxos distribuídos en vinte mosteiros principais. Cada un destes mosteiros elixe o seu propio superior e aos representantes para a Santa Asemblea, que exerce o poder lexislativo sobre todo o Monte Athos.
A única forma de chegar ao Monte Athos é por barco, partindo da cidade de Uranópolis. Tratándose dun territorio habitado exclusivamente por monxes, só poden entrar nel homes e animais do sexo masculino.
Este pequeno enclave abriga preciosos tesouros artísticos: antigos manuscritos, iconas e frescos pintados polos máis ilustres representantes da pintura bizantina. Desde as súas orixes, a Montaña Sagrada hospedou místicos e mestres espirituais cuxos escritos foron recollidos no século XVIII nunha célebre antoloxía - a Filocalia - que influenciou profundamente o mundo ortodoxo.
Historia
editarAntigüidade
editarNa mitoloxía grega, Athos é o nome dun dos Xigantes que desafiou aos deuses gregos durante a Xigantomaquia. Athos lanzou unha enorme pedra contra Poseidón que caeu no mar Exeo e converteuse no Monte Athos. Segundo outra versión da historia, Poseidón usou a montaña para enterrar ao xigante derrotado.
Homero menciona a montaña Athos na Ilíada.[1] Herodoto escribe que, durante a invasión persa de Tracia no 492 a.C., a frota do comandante persa Mardonius naufragou con perdas de 300 barcos e 20.000 homes, por un forte vento do norte mentres intentaba rodear a costa preto do Monte Athos.[2] Herodoto menciona a península, entón chamada Akte, dicíndonos que os Pelasgos da illa de Lemnos poboaban e nomea nela cinco cidades, Sane, Kleonai (Cleonae), Thyssos (Thyssus), Olophyxos (Olophyxus), e Akrothoon (Acrothoum).[3] Estrabón tamén menciona as cidades de Dion (Dium) e Akrothoon.[4] Eretria tamén estableceu colonias en Akte. Polo menos outra cidade estableceuse no período Clásico: Akanthos (Acanthus). Algunhas destas cidades acuñaron as súas propias moedas.
A península estaba na ruta de invasión de Xerxes I, quen pasou tres anos[5] escavando a Canle de Xerxes atravesou o istmo para permitir o paso da súa frota invasora no 483 a.C. Despois da morte de Alexandre o Grande, o arquitecto Dinócrates (Deinocrates) propuxo esculpir na montaña enteira unha estatua de Alexandre.
Plinio o Vello afirmou no 77 d.C. que os habitantes do Monte Athos podían "vivir ata os catrocentos anos" debido ao feito de que comen a pel de víboras.[6]
A historia da península durante as últimas idades está envolta pola falta de relatos históricos. Os arqueólogos non puideron determinar a localización exacta das cidades informadas por Estrabón. Crese que debían estar abandonadas cando os novos habitantes de Athos, os monxes, comezaron a chegar nalgún momento antes do século IX d. C..[7]
Cristianismo primitivo
editarSegundo a tradición athonita, a Virxe María navegaba acompañada por San Xoán Evanxelista desde Jope ata Chipre para visitar Lázaro. Cando o barco desviouse do rumbo cara ao entón pagán Athos, viuse obrigado a fondear preto do porto de Klement, preto do actual mosteiro de Iviron. A Virxe chegou á costa e, abafada pola marabillosa e salvaxe beleza natural da montaña, bendiciuna e pediulle ao seu Fillo que fose o seu xardín. Escoitouse unha voz que dicía: "Ἔστω ὁ τόπος οὗτος κλῆρος σὸς καὶ περιβόλαιον σὸν καὶ παράδεισος, ἔτι δὲ καὶ λιμὴν σωτήριος τῶν θελόντων σωθῆναι" (Tradución: "Que este lugar sexa a túa herdanza e o teu xardín, un paraíso e un remanso de salvación para os que buscan salvarse"). Desde ese momento a montaña consagrouse como xardín da Nai de Deus e quedou fóra do alcance para todas as demais mulleres.[note 1]
Os documentos históricos sobre a historia do antigo Monte Athos son moi poucos. É certo que os monxes levan alí dende o século IV, e posiblemente dende o III. Durante o reinado de Constantino I (324–337) tanto cristiáns como seguidores da relixión tradicional grega vivían alí. Durante o reinado de Xuliano (361–363), as igrexas do Monte Athos foron destruídas, e os cristiáns agocháronse nos bosques e lugares inaccesibles.[8]
Máis tarde, durante o reinado de Teodosio I (379–395), os templos da relixión tradicional grega foron destruídos. O lexicógrafo Hesiquio de Alexandría afirma que no século V aínda había un templo e unha estatua de "Zeus Athonita". Despois da conquista islámica de Exipto no século VII, moitos monxes ortodoxos do deserto exipcio intentaron atopar outro lugar tranquilo, algúns deles chegaron á península de Athos. Un documento antigo afirma que os monxes "construían cabanas de madeira con tellados de palla [...] e recollían froitos das árbores silvestres facendo comidas improvisadas".[9]
Os vinte mosteiros autónomos
editarNotas
editar- ↑ St Gregory Palamas included this tradition in his book Life of Petros the Athonite, p. 150, 1005 AD.
- Referencias
- ↑ Homero, Ilíada 14.229.
- ↑ Heródoto, Historias 6,44.
- ↑ Heródoto, Historias 7,22.
- ↑ Strabo, Xeografía 7,33,1.
- ↑ Warry, J. 1998 Warfare in the Classical World Salamander Book Ltd., Londres p 35
- ↑ Pliny the Elder. [1] Arquivado 29 de outubro de 2021 en Wayback Machine., consultado o 30 de outubro de 2021.
- ↑ Kadas, Sotiris (1981). The Holy Mountain (en grego). Athens: Ekdotike Athenon. p. 9. ISBN 978-960-213-199-2.
- ↑ Speake 2002, p. 27.
- ↑ Biografía de San Atanasio Athonita
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Athos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mount Athos O servidor web oficial de Monte Athos (en inglés).
- Mount Athos Homepage Páxina principal de Monte Athos (en inglés).
- Macedonian Heritage Historia, cultura, xeografía e información de visita (en inglés).
- Monte Athos en Chalkidiki (en inglés).
- Monte Athos na web do Ministerio de Cultura de Grecia Arquivado 20 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés ou grego).
- Amigos de Monte Athos (en inglés).
- Dmoz Arquivado 15 de marzo de 2017 en Wayback Machine. Ligazóns relacionadas co Monte Athos (en inglés).
- Patriarcado Ecuménico de Constantinopla (en inglés ou grego).