Abrir o menú principal

Leonardo III Tocco, finado en 1499, foi o último gobernante de Epiro desde 1448 até 1479.

Leonardo III Tocco
Leonardo-di-tocco-duke-of-zakynthos-carlo-sellitto.jpg
Nacementoséculo XV
Falecemento1479
 Roma
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónaristócrata
PaiCarlo II Tocco
FillosCarlo III Tocco
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Leonardo III Tocco era o fillo de Carlo II Tocco (conde de Cefalonia e Zante, duque de Leucas, e gobernante de Epiro) e Ramondina de Ventimiglia. Á morte do seu pai en outubro de 1448, Leonardo sucedeuno en todos os seus títulos e posesións. Reinou como gobernante de Epiro desde Arta até o 24 de marzo de 1449, cando a cidade foi conquistada polos turcos otománs.

As súas posesións continentais reducíronse a tres fortalezas, Leonardo estableceuse en Angelokastro. En 1460, esta cidade tamén se perdeu ante os turcos, deixando só Vonitsa en poder de Leonardo, quen se mudou ás súas illas. Un novo ataque turco en 1479 capturou Vonitsa e despois Cefalonia, Leucas e Zante ese mesmo ano. Privado tanto de Epiro como das illas Xónicas, Leonardo fuxiu ao Reino de Nápoles, onde foi investido con varios feudos por Fernando I de Nápoles. Morreu en 1499.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar