Xoán Vidal Martínez

mestre e poeta galego
(Redirección desde «Juan Vidal Martínez»)

Xoán Vidal Martínez, nado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Infotaula de personaXoán Vidal Martínez

Retrato en Vida Gallega, 1927. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Salcedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1994 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAurora Vidal Caramés Editar o valor em Wikidata
IrmánsAurora Vidal Martínez Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1165203

Traxectoria

editar

Fillo de Juan Vidal Lino, estudou para mestre e traballou a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi fundador, xunto con Castelao e outros, do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Máis adiante, o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi represaliado, e abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias e exerceu no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos.

Vida persoal

editar

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Casou en Poio en 1933 coa mestra Aurora Caramés Monteagudo, filla de José María Caramés Durán.[1] Tiveron tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.[2]

Colaborou en La Raza e publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, fundou as revistas literarias de corte nacionalista Alborada e Cristal (1932-33), xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta, pertenceu á xeración do 25, xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Galería de imaxes

editar
  1. El Pueblo Gallego, 27-6-1933, p. 14.
  2. Xoán Vidal Arquivado 22 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., na web Xenealoxía.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • Ficha en www.poesiagalega.org