Abrir o menú principal

Ana Acuña

profesora e investigadora galega
(Redirixido desde "Ana Acuña Trabazo")

Ana Acuña Trabazo, nada en Marín o 22 de febreiro de 1971, é unha profesora e investigadora galega.

Ana Acuña
Anacuña.jpg
Nome completoAna Acuña Trabazo
Nacemento22 de febreiro de 1971
 Marín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióninvestigadora e profesora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

Colaborou en Grial, Verba, A Trabe de Ouro. Pertence ao consello de redacción da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Tamén coordinou o Programa para Maiores no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

ObraEditar

EnsaioEditar

EdiciónEditar

Obras colectivasEditar

ColaboraciónsEditar

  • "O amor na obra de María Xosé Queizán", con Carmen Mejía Ruiz, Madrygal: Revista de estudios gallegos,  1138-9664, Nº 2, 1999páxs. 11-20
  • Palabras Secretas de Ana Lois”, en Boletín Galego de Literatura, nº 50 (1º semestre 2017)[1]

PremiosEditar

  • Premio Losada Diéguez de investigación en 2015, por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

InvestigaciónEditar

Liñas principais: Literatura popular; literatura galega contemporánea.

Investigadora do grupo GAELT (FG3) da Universidade de Vigo.

Investigadora dos proxectos

  • “poesiagalega.org“. Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural. 09SEC022204PR, coordinado polo Dr. Arturo Casas (USC).
  • “Ex-sistere. A mobilidade  das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea” (FFI2012-35872), coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC).[2]
  • “Eco-ficcións. Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda”. Código FEM2015-66937-P (MINECO/FEDER) Entidade financiadora: Ministerio de Economía y Competitividad e Fondo Europeo de Desarrollo Regional. Coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC)

NotasEditar

  1. "Revistas". usc.es. 
  2. "Ana Acuña Trabazo". uvigo.es. Consultado o 04/11/2017. 

Véxase taménEditar