Abrir o menú principal

La Raza (Pontevedra)

La Raza foi un periódico editado en Pontevedra entre 1917 e 1920.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Semanario, apareceu o 9 de decembro de 1917. Dende o número 53, de decembro de 1918, engadiu no subtítulo os lemas Sinceridad e Juventud. Inicialmente saía os domingos pero no último ano pasou a publicarse os días 1, 10 e 20 de cada mes. Propiedade de Modesto Bará Álvarez, estaba dirixido por Ramón Salgado Pérez. Tiña un contido agrario e anticaciquil, destacando os seus ataques á política de Raimundo Riestra Calderón, e apenas lle dedicou espazo á creación literaria (publicou algúns poemas de Xoán Vidal Martínez e Antonio Estévez Cao). O último exemplar que se conserva é do 15 de xuño de 1920.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externasEditar