Modesto Bará Álvarez

xornalista e escritor galego

Modesto Bará Álvarez, nado en Pontevedra en 1898 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1973, foi un xornalista galego.

Modesto Bará Álvarez
Modesto Bara Alvarez.jpg
Nacemento1895
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento1973
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
FillosSalvador Bará Temes
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou os seus estudos no seminario de Herbón, e despois seguiu as carreiras de Maxisterio e Veterinaria. Nos seus primeiros anos foi profesor de latín e despois colaborou en El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra, El Progreso e Faro de Vigo, máis tarde desempeñou o cargo de director de Galicia Nueva, de Vilagarcía de Arousa e dirixiu as revistas Hebe e Alborada. Defendeu a orixe pontevedresa de Cristovo Colón, expoñendo as súas teorías en distintos artigos e traballos. En 1916, cando as Irmandades da Fala, convértese en comentarista innovador do rexionalismo tradicional. Entre 1917 e 1919 aparece vinculado ao círculo agrario pontevedrés que edita La Raza, periódico do que chegou a ser propietario. Foi membro titular do Instituto de Cultura Hispánica e colaborou en numerosas publicacións suramericanas.

Vida persoalEditar

Casou con Irene Temes Diéguez coa que tivo cinco fillos, entre eles o químico Salvador Bará Temes.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar