Partido Galeguista de Pontevedra

organización política galega

O Partido Galeguista de Pontevedra foi un partido galego constituído o 1 de xuño de 1931 na cidade de Pontevedra.

Partido Galeguista de Pontevedra
Tipoorganización política
Data de fundación1 de xuño de 1931
Organización matrizPartido Galeguista
SedePontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar
 
Circular de 1931 do Partido Galeguista de Pontevedra en favor do Estatuto de Galiza, asinada por Basanta (presidente) e Bóveda (secretario xeral).[1]

Asistiron á súa xuntanza fundacional Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle, Alexandre Bóveda, Pedro Basanta, Enrique Iglesias Rodríguez, Xaime Alfonsín Castrelos, Xavier e Francisco Gastañaduy Ozores, Eduardo Alexandro Ferrín, Jacobo Barral Otero, Xosé C. González, Sergio Sánchez Puga, Carlos García Cabezas, Luís Pintos Fonseca, Xosé Lino Sánchez, Xosé María Álvarez Gallego, Xosé Martínez Tíscar e Xoán Vidal Martínez.

A súa denominación primeira foi Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra e formaban o seu Consello Executivo:

  • Alfonso R. Castelao: Presidente
  • Antón Iglesias Vilarelle Vicepresidente
  • Xoán Vidal Martínez: Secretario
  • Serxio Sánchez Puga: Depositario
  • Lois Pintos Fonseca: Bibliotecario
  • Sebastián González García-Paz e Carlos García Cabezas: Conselleiros

Para as eleccións constituíntes do 28 de xuño apoiou a denominada Candidatura Galeguista conseguindo Castelao acta de deputado.[2]

Ao ano seguinte, decídese trocar o nome de Nacionalista Galego polo de Galeguista, e así se integraron máis tarde no Partido Galeguista.

  1. Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2010). Alexandre Bóveda nos seus documentos. Ourense: Difusora das Artes e as Letras. ISBN 978-84-92958-01-6. 
  2. Justo G. Beramendi, Xosé Manoel Núñez Seixas, O nacionalismo galego, Vigo, 1996, 2º ed., páx 146.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar