Alborada (Pontevedra)

revista galega

Alborada. Publicación literaria foi unha revista editada en Pontevedra en 1922, integramente en lingua galega, mesmo a publicidade.

Alborada
PaísEspaña
LugarPontevedra
Lingualingua galega
Fundación1922
Circulación
Frecuencia1 mes
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Apareceu en maio de 1922 e foi unha publicación literaria mensual en galego. Foi fundada por Xoán Vidal Martínez e Luís Amado Carballo, sendo dirixida por Modesto Bará Álvarez con Marcos Cabanillas como redactor-xefe.

Os colaboradores literarios foron: Ramón Cabanillas con "O cabaleiro do Sant Grial" publicou no primeiro volume, e tamén Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Amado Carballo, que publicou "Maliaxe" no volume III, Leandro Carré Alvarellos, Antonio Noriega Varela, Francisca Herrera Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez cun conto e unha lenda aparecidas no volume II. Na parte gráfica participaron Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Cebreiro e Manuel Méndez Domínguez.

O último número saíu no verán de 1922, coincidindo co 25 de xullo, un volume especial cun editorial asinado por Nós e textos con alusións ao Apóstolo Santiago, á natureza, á raza e a Friedrich Nietzsche. Participaron neste número Eugenio Montes, Risco, Antón Vilar Ponte, Cabanillas, Amado Carballo, Manuel Antonio e Valentín Paz-Andrade.

Foi reeditada en facsímile en 1990 por Sotelo Blanco Edicións, con presentación de Xosé Filgueira Valverde.[1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar