João Gaspar Simões

João Gaspar Simões, nado en Figueira da Foz o 25 de febreiro de 1903 e finado en Lisboa o 6 de xaneiro de 1987, foi un novelista, dramaturgo, biógrafo, historiador da literatura portuguesa, ensaísta, memorialista, crítico literario, editor e tradutor portugués.[1][2]

Infotaula de personaJoão Gaspar Simões

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Figueira da Foz, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade de Coimbra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , crítico literario , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Biografía editar

João Gaspar Simões naceu o 25 de febreiro de 1903 en San Julião, Figueira da Foz, distrito de Coímbra.

Fillo de João Simões, gran comerciante da Figueira da Foz, e de Constança Neto Gaspar, doméstica, foi bautizado o 18 de xullo de 1903.[3] Fixo a instrución básica na súa terra natal, a Figueira da Foz e a partir dos 11 anos frecuentou como interno o Colexio Lyceu Figueirense (1914), terminando o ensino secundario en Coímbra, no Liceu José Falcão.

En 1921 matriculouse na Facultade de Dereito de Coímbra mais interrompeu por diversas veces a carreira, que só concluíu no ano 1932. Nunca exerceu a profesión na área xurídica, mais tiña o soño de ser diplomático.[4]

Durante os seus anos de estudo fundou algunhas revistas literarias de grande importancia para a cultura portuguesa: de 1924 a 1925 a revista Tríptico, con Branquinho da Fonseca (o seu condiscípulo dos tempos do instituto) e Vitorino Nemésio, entre outros; nos seus 9 números colaboraron tamén Aquilino Ribeiro, José Régio, Alberto de Serpa, Raul Brandão e Teixeira de Pascoaes; e de 1927 a 1940 foi un dos fundadores e dirixiu até o seu último número (56) a revista Presença, con José Régio, Adolfo Casais Monteiro e Branquinho da Fonseca, que estaría na orixe do movemento literario do mesmo nome, tamén chamado Segundo Modernismo, que viría a ter enorme influencia na literatura portuguesa.[4] Foron colaboradores doutrinarios do "presencismo", entre outros, Delfim Santos, Alberto de Serpa, Luís de Montalvor, Mário Saa, Raul Leal e António Botto. A acción dos 'presencistas' foi fundamental para o estudo e valorización do Primeiro Modernismo de Fernando Pessoa, Mário de Sá-Carneiro e Almada Negreiros. Tamén colaborou nas revistas Princípio[5] (1930) e Sudoeste[6] (1935) e aínda na revista Mundo Literario[7] (1946-1948) na cal se encontran algúns ensaios, contos e críticas literarias da súa autoría.

Presentouse para Conservador do Museo Machado de Castro en Coímbra e nesa calidade trasladou para ese Museo a valiosa colección de antigüidades chinesas doada polo poeta Camilo Pessanha e que se encontraba en depósito no Museu das Janelas Verdes, en Lisboa. Foi Presidente da Asociación Académica de Coímbra en 1930-31. A partir de 1935 foi revisor da Imprensa Nacional pasando para a Biblioteca desta institución en 1940. Entre 1942 e 1945 dirixiu o programa de traducións da casa editora Portugália, en Lisboa.

Unha das facetas máis importantes da súa obra de crítico e de editor foi a de ser o primeiro biógrafo e tamén o primeiro editor (con Luís de Montalvor) de Fernando Persoa, de quen fora amigo e correspondente.[4] No dominio da literatura estranxeira divulgou e traduciu varios autores rusos e anglófonos, entre eles Dostoiévski, Liev Tolstói, George Eliot, Jane Austen e Elizabeth Gaskell[4] (novelista tamén celebrizada por ser a biógrafa de Charlotte Brontë e cuxa obra foi publicada pola súa iniciativa na Portugália), combatendo o "francesismo" entón reinante e contribuíndo para a ampliación dos horizontes literarios e estéticos do mundo lusófono e a europeización da entón moi provinciana cultura portuguesa. A partir de 1946 finalizou a súa carreira de novelista para iniciar a súa produción dramatúrxica. A súa obra crítica é respectada polo seu vasto espírito enciclopédico e pola pertinencia dos seus xuízos, aínda que por veces fose xulgada demasiado dependente do historicismo e biografismo. Algunha da súa crítica destinábase a divulgar e valorizar autores estranxeiros que tamén traducía, ou facía traducir e publicaba nas coleccións que dirixía. Ao longo de décadas foi incansábel a súa actividade de recensión nas páxinas literarias de diversos xornais, entre eles o Diário de Lisboa, o Diário de Noticias, o Diário Popular, O Primeiro de Janeiro e o Mundo Literário.[4]Mantivo sempre fortes conexións co mundo da prensa, que lle atribuíu 3 dos 4 premios que o distinguiron en Portugal, e foi o último director do xornal O Século.

Proferiu numerosas conferencias sobre literatura en Portugal e no Brasil e en varias cidades europeas, participando como orador convidado no First International Symposium on Fernando Pessoa realizado en 1977 na Brown University, Providence, USA, e no Second International Symposium on Fernando Pessoa en 1983, na Vanderbilt University, Nashville, USA.

En 1981 foille atribuído o grao de Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[8] Foi socio correspondente da Academia Brasileira de Letras[9] e colaborador da Enciclopedia Británica. De 1954 a 1968 foi a súa compañeira de vida e de traballos literarios a escritora Isabel da Nóbrega.[10]

João Gaspar Simões morreu o 6 de xaneiro de 1987, en Lisboa.[11]

En homenaxe á importancia da súa obra foi o seu nome atribuído a diversas rúas en Portugal: na Figueira da Foz onde naceu e en Foros de Amora (Seixal), na Aldea de Juzo (Cascais), en Leça da Palmeira (Matosinhos) e en Albufeira (Algarve); e no Brasil, no Barrio Diadema, distrito de Jabaquara, cidade de São Paulo (SP). O Prémio Literário João Gaspar Simões foi instituído en 2009 pola Câmara Municipal da Figueira da Foz (CMFF).[12]

Obra editar

Novela editar

  • Elói ou Romance numa Cabeça (1932). "Premio da Prensa" ese ano.
  • Uma História de Província: I parte — Amores Infelizes (1934); II parte — Vida Conjugal (1936).
  • Pântano (1940).
  • Amigos Sinceros (1941).
  • A Unha Quebrada (1941).
  • Eduarda
  • O Marido Fiel (1942).
  • Internato (1946.)
  • As Mãos e as Luvas (Retrato em Corpo Inteiro) (1975).

Teatro editar

  • O Vestido de Noiva (1952).
  • Teatro (Jantar de Família, Tem a Palavra o Diabo, Uma Mulher sem Passado) (1953).
  • Pedido de Casamento (inédita).
  • Marcha Nupcial (1964).

Ensaio e Crítica[13] editar

  • Temas,1929
  • O Mistério da Poesia, 1931
  • Tendências do Romance Contemporâneo, 1933
  • António Nobre, Precursor da Poesia Moderna (cunha breve antoloxía),1939
  • Crítica I – A Prosa e o Romance Contemporâneos, 1942
  • Caderno de um Romancista, 1942
  • Perspectiva da Literatura Portuguesa do século XIX( Dirección, Prefacio e Notas Bibiográficas de J.G.S.) – Vol. I, 1947; Vol II, 1948
  • A Arte de Escrever Romances, 1947
  • Liberdade do Espírito, 1948
  • Natureza e Função da Literatura, 1948
  • Garrett (Homenaxe do Ateneu Comercial do Porto, contendo catro conferencias de João Gaspar Simões) 1954
  • Garrett - Biografía, exame crítico e antoloxía (na colección «Poetas de Ontem e de Hoje»), 1954
  • História da Poesia Portuguesa (das Origens aos nossos Dias), acompañada dunha Antoloxía, Volume I, 1955; Volume II, 1956; Volume III, 1959
  • História do Movimento da «Presença» (seguida dunha Antoloxía), 1958
  • Interpretações Literárias (seis ensaios acerca de Balzac, Tolstoi, Jorge de Lima, Júlio Dinis, Afonso Duarte e James Joyce), 1961
  • Crítica II – Poetas Contemporâneos (1938 – 1961) – Vol. I, s/d [1961]
  • Crítica II – Poetas Contemporâneos (1946 – 1961) – Vol. II, s/d, [1962?]
  • Antero de Quental, col. «Biografia de Bolso», Lisboa, 1962
  • Júlio Dinis, na colección «A Obra e o Homem», s/d [1963?]
  • Literatura, Literatura, Literatura... (de Sá de Miranda ao Concretismo Brasileiro)., 1964
  • Itinerário Histórico da Poesia Portuguesa de 1189 a 1964, 1964
  • 50 Anos de Poesia Portuguesa: do Simbolismo ao Surrealismo, 1967
  • História do Romance PortuguêsVolume I: 1969; Vol. II: 1972; Vol. III: 1978
  • Camilo Pessanha, Colecciçon «A Obra e o Homem», 1967
  • Novos Temas, Velhos Temas (Ensaios de Literatura e estética Literária), 1967
  • Crítica III – Novelistas Contemporáneos (1942 – 1961), s/d [1969?]
  • A Geração de 70 (Alguns Tópicos para a sua História, s/d [1971?]
  • Heteropisicografia de Fernando Pessoa, 1973
  • Retratos de Poetas que Conheci, 1974
  • Perspectiva Histórica da Poesia Portuguesa (Dos simbolistas aos Novíssimos), 1976
  • José Régio e a História do Movimento da «Presença», 1977
  • Crítica IV – Contistas, Novelistas e Outros Prosadores Contemporâneos (1942 – 1979), 1981
  • Crítica V – Críticos e Ensaístas Contemporâneos (1942 – 1979), 1983
  • Crítica VI – O Teatro Contemporâneo (1942 – 1982), 1985.

Notas editar

  1. Infopédia. "João Gaspar Simões - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-28. 
  2. "No centenário de nascimento de João Gaspar Simões". web.archive.org (en portugués). Archived from the original on 24 de decembro de 2005. Consultado o 2020-06-28. 
  3. Asento de bautismo nº 83/1903, cota 404, São Julião da Figueira da Foz.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Gaspar Simões, o temido 'homo criticus' de Lisboa - dn - DN". web.archive.org (en portugués). 2014-07-14. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 2020-06-28. 
  5. "Princípio" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  6. "Sudoeste" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  7. "Mundo Literário" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  8. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-28. 
  9. "Academia Brasileira de Letras". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-06-28. 
  10. Infopédia. "Isabel da Nóbrega - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-28. 
  11. "COLÓQUIO/Letras : Cópia digital : N.º 95 (Jan. 1987)". coloquio.gulbenkian.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-28. 
  12. "Prémio Literário João Gaspar Simões". www.cm-figfoz.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-28. 
  13. "João Gaspar Simões, por Eugénio Lisboa". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020.