Mário de Sá-Carneiro

poeta portugués

Mário de Sá-Carneiro, nado en Lisboa o 19 de maio de 1890 e finado en París o 26 de abril de 1916, foi un escritor portugués e un dos meirandes expoñentes das Vangardas (Modernismo) na literatura portuguesa. Formou parte da chamada xeración Orpheu.[1]

Infotaula de personaMário de Sá-Carneiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1890 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Intoxicación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade de Coimbra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0211902 Bitraga: 4439 Musicbrainz: a4ea0874-7e9d-49aa-b556-2b6a61d9203e Discogs: 1350083 Find a Grave: 7770310 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia con recursos, sendo fillo e neto de militares. O seu pai era Carlos Augusto de Sá-Carneiro e a súa nai, Águeda Maria de Sousa Peres Marinello. Orfo de nai con só dous anos (1892), ficou entregado ao coidado das avoas, indo vivir para a Quinta da Vitoria, na freguesía de Camarate, ás portas de Lisboa, pasando alí gran parte da infancia. Comezou a escribir poesía aos 12 anos, sendo que aos 15 xa traducía a Victor Hugo e con 16 Goethe e Schiller. No liceu tivo aínda algunhas experiencias episódicas como actor.[2] En 1911, con 21 anos, vai para Coímbra, onde se matricula na Facultade de Dereito, mais non conclúe sequera o primeiro ano.

Desilusionado coa «cidade dos estudantes», segue para París a fin de proseguir os estudos superiores, co auxilio financeiro do pai. Axiña, porén, deixou de frecuentar as clases na Sorbonne, dedicándose a unha vida boémia, deambulando polos cafés e salas de espectáculo, chegando a pasar fame e debaténdose cos seus desesperos, situación que culminou na conexión emocional a unha prostituta, a fin de combater as súas frustracións e desesperos.

Sá-Carneiro xa coñecera en 1912 o que foi, sen dúbida, o seu mellor amigo: Fernando Pessoa. Xa na capital francesa viría a coñecer Guilherme de Santa-Rita (Santa-Rita Pintor). Inadaptado socialmente e psicoloxicamente inestábel, foi neste ambiente que compuxo gran parte da súa obra poética e a correspondencia co seu confidente Fernando Pessoa; é, pois, entre 1912 e 1916 (o ano da súa morte), que se inscribe a súa fugaz e no entanto mo produtiva carreira literaria.

Entre 1913 e 1914 Mário Sá-Carneiro viaxa para Lisboa con regularidade, regresando á capital, debido ao comezo do conflito entre a Serbia e a Austria-Hungría, que axiña se converteu na primeira guerra mundial.

Con Fernando Pessoa e tamén Almada Negreiros integrou o primeiro grupo de vangarda portugués (o cal, influenciado polo cosmopolitismo e polas vangardas culturais europeas, pretendía escandalizar a sociedade burguesa e urbana da época), sendo responsábel da edición da revista literaria Orpheu, editada por António Ferro (e que por iso mesmo ficou sendo coñecido como a Xeración d´Orpheu ou Grupo d´Orpheu,[3] un certo escándalo literario na época, motivo polo cal só saíron dous números (marzo e xuño de 1915; o terceiro, aínda que impreso, non foi publicado, tendo os seus autores sido obxecto da chacota social) ? aínda que hoxe sexa, recoñecidamente, un dos marcos da historia da literatura portuguesa, responsábel da axitación do medio cultural portugués, ben como pola introdución do Modernismo (vangaradas) en Portugal.[3]

Tamén tivo colaboración en diversas publicacións periódicas, sobre todo no semanario Azulejos[4] (1907-1909); na II serie da revista Alma nova[5] (1915-1918) e na revista Contemporânea[6] (1915-1926), e pode tamén encontrarse colaboración da súa autoría, publicada postumamente, na revista Pirâmide[7] (1959-1960) e Sudoeste[8] (1935).

En xullo de 1915 regresa a París, escribindo a Pessoa cartas dunha crecente angustia, das cales resalta non só a imaxe dun home perdido no «labirinto de si propio», mais tamén a evolución e madureza do proceso de escrita de Sá-Carneiro.

Unha vez que a vida que levaba non lle agradaba, e aquela que idealizaba tardava en concretarse, Sá-Carneiro entrou nunha cada vez maior angustia, que levaría a conducilo ao seu suicidio, perpetrado no Hôtel de Nice, no barrio de Montmartre en París, co recurso a cinco frascos de arseniato de estricnina. Aínda que atrasase por algúns días o dramático desenlace da súa vida, nunha «carta de despedida» para Fernando Pessoa, Mário de Sá-Carneiro reveloulle as razóns para suicidarse. Contaba só vinte e cinco anos. Extravagante tanto na morte como en vida (de que o poema Fim é un dos máis belos exemplos), convidou para presenciar a súa agonía o seu amigo José de Araújo.

Certamente insatisfeito e inconformista (nunca se conseguiu entender coa maior parte dos que o rodeaban, nin tan pouco axustarse á vida práctica, debido ás súas dificultades emocionais), mais tamén incomprendido (polo modo como os contemporáneos ollaban o seu xeito poético), profetizou acertadamente que no futuro se faría xustiza á súa obra, no que non fallou.

Efectivamente, recoñecido no seu tempo só por unha fina elite, a medida que a súa obra e correspondencia foi publicada, ao longo dos anos, tornouse acesíbel ao grande público, sendo despois considerado un dos maiores expoñentes da literatura vangardista en lingua portuguesa.

A terra que o acolleu na infancia, Camarate, e a quen el dedicou tamén algunhas das súas poesías, homenaxeouno, dando o seu nome a unha escola local. O seu poema Fim foi musicado por un grupo portugués ao final dos anos 1980, os Trovante.[9] Máis tarde, o seu poema O Outro foi tamén musicado pola cantante brasileira Adriana Calcanhotto.[10]

As súas influencias literarias son de Edgar Allan Poe, Oscar Wilde, Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Fiódor Dostoievski, Cesário Verde e António Nobre. Este escritor influenciou tamén outros, entre eles Eugénio de Andrade.

En 1949 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa xunto á Avenida da Igrexa, en Alvalade.

Traxectoria literaria editar

Na fase inicial da súa obra, Mário de Sá-Carneiro revela influencias de varias correntes literarias, como o decadentismo, o simbolismo, ou o saudosismo, entón en franco declinio; posteriormente, por influencia de Pessoa, viría a adherirse a correntes de vangarda, como o interseccionismo, o paulismo ou o futurismo.

Nelas puido expresar con ganas a súa personalidade, sendo notorios a confusión dos sentidos, o delirio, case a raiar a alucinación; ao mesmo tempo, revela un correcto narcisismo e egolatría, ao procurar expresar o seu inconsciente e a dispersión que sentía do seu «eu» no mundo, revelando de máis profunda incapacidade de se asumir como adulto consistente.

O narcisismo, motivado certamente polas carencias emocionais (era orfo de nai desde de máis tenra infancia), levouno ao sentimento da soidade, do abandono e da frustración, traducível nunha poesía onde xorde o retrato dun inútil e inapto. A crise de personalidade levaríao, máis tarde, a abrazar unha poesía onde se nota o frenesí de experiencias sensoriais, pervertendo e subvertendo a orde lóxica das cousas, demostrando a súa incapacidade de vivir aquilo que soñaba, soñando por iso cada vez máis coa aniquilación do eu, o que acabaría polo conducir, en última análise, ao seu suicidio. Estudos recentes evocan a influencia de Oscar Wilde na obra do autor días antes do seu suicidio. Crese que, atormentado pola lectura de De Profundis, Mário de Sá-Carneiro vería o punto final da súa vida e a súa carreira.

Aínda que non se afaste da metrificación tradicional (redondillas, decasílabos, alexandrinos), tórnase singular a súa escrita polos seus ataques á gramática, e polos xogos de palabras. Se nunha primeira fase se nota aínda ese estilo clásico, nunha segunda, claramente nihilista, a súa poesía fica impregnada dunha humanidade auténtica, triste e tráxica. As cartas que trocou con Pessoa, entre 1912 e o seu suicidio, son como que un auténtico diario onde se nota paralelamente o crecemento das súas frustracións interiores.

Obra editar

Amizade (1912) editar

Publicada en 1912, Amizade, é a primeira peza que escribe. Mário de Sá-Carneiro divide a autoría desta obra con Tomás Cabreira Júnior, o seu colega do Liceu Camões en Lisboa. O feito de hoxe podermos ler esta peza débese á sorte. Dos dous colegas e autores da peza Amizade, Tomás Cabreira Júnior era o único dos dous que tiña os manuscritos. Por algún motivo aconteceu que era Sá-Carneiro quen os tiña consigo cando o suicidio de Tomás Cabreira Júnior, que antes de cometer tal acto destruíu toda a súa obra.

Princípio (1912) editar

No ano de 1912 o autor dá ao prelo un conxunto de narracións que reúne co título Princípio.

A confesión de Lúcio (1914) editar

Inaugurando un estilo até entón nel descoñecido, a narración, Mário de Sá-Carneiro publica, en 1914, A confesión de Lúcio[11] (orixinal: Confissão de Lúcio). A temática desta obra xira ao redor do fantástico e é un óptimo espello da época de vanguarda que foi o modernismo portugués.

Dispersão (1914) editar

En 1913 tivo unha puxanza creativa inigualábel. Non só variou dentro da prosa, como presenta ao público a súa primeira obra de poesía: Dispersão. Esta obra está composta por doce poemas e a súa primeira edición foi revisada tanoto polo autor como polo seu grande amigo, e tamén poeta, Fernando Pessoa.

Céu em Fogo (1915) editar

En 1915, volve reunir narracións, mais precisamente oito, nun volume ao que dá o título de Céu em Fogo. Estas narracións revelan igualmente as mesmas perturbacións e obsesións que xá a súa poesía expresaba.

Obras Póstumas editar

Non todo o que produciu en vida foi publicado. Moitos dos seus textos viron a luz en revistas como Orpheu ou Portugal Futurista.

Indícios de Oiro (1937) editar

Non chegou a publicar en vida Indícios de Oiro, editada en 1937 polas Edições Presença, é o conxunto de traballos seus máis significativo do conxunto da súa obra.

Correspondência editar

A súa correspondencia con outros membros do Orpheu foi tamén reunida en volumes póstumos:

  • Cartas a Fernando Pessoa (2 vols., 1958-1959)
  • Cartas de Mário de Sá-Carneiro a Luís de Montalvor, Cândia Ramos, Alfredo Guisado e José Pacheco (1977)
  • Correspondência Inédita de Mário de Sá-Carneiro a Fernando Pessoa (1980)

Obra poética. Poesia completa, incluindo os primeiros poemas e poemas dispersos (1985) editar

Edición e organización por António Quadros. Sintra: Publicações Europa-América.

Antologia poética (2012) editar

Edición literaria de António Gonçalves. Ilustración de Tiago Manuel. Matosinhos: Kalandraka. Coleção Treze Lunas.

Correspondência com Fernando Pessoa (2003) editar

Edición e notas por Teresa Sobral Cunha. Lisboa: Relógio de Água, 2 vol.

Traducións editar

De Sá-Carneiro existe tamén unha tradución da peza Les Fossiles, de François de Curel, feita con António Ponce de Leão.

Traducións a outras linguas editar

  • «Poemes». En Poesia gallega, portuguesa i brasilera moderna. Tradución de Josep Maria Llompart. Barcelona: Edicions 62-La Caixa, 1988, pàgs. 53-57.
  • Prémices. Dominique Touati (tr.). París: La Différence, 1994.
  • Ciel en feu. Dominique Touati (tr.). París: La Différence, 1987; 2e éd. 1990.
  • La Confession de Lúcio. Dominique Touati (tr.). París: La Différence, 2000.
  • Quasi e altre poesie. Traduzione e cura di Alessandro Ghignoli. Pistoia: Via del Vento, 2003.
  • Poésies completes. Traduit par Dominique Touati et Michel Chandeigne; préfacé par Teresa Rita Lopes, avec un texte de Fernando Pessoa et les dernières lettres à lui adressées par Mário de Sá-Carneiro. París: La Différence, 2007, col. Minos.
  • Lettres à Fernando Pessoa. Traduction de Jorge Sedas Nunes et Dominique Bussillet, Falaise: Impeccables, 2015.
  • Poesía completa. Tradución e prólogo de Manuel Vicente Rodríguez. Valencina de la Concepción: Renacimiento, 2016, col. Traducciones 25.
  • Poesia completa. Cartes a Fernando Pessoa. Tradución e introdución de Vicent Berenguer. Gandia: Lletra Impresa, 2017, col. Rara Avis 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía[12] editar

  • Galhoz, Maria Aliete (1982). “Mário de Sá-Carneiro e a expressão do teatro”, in Cultura portuguesa, n.º 2,  pp. 50-55.
  • ___ (1995). “Nota à Juvenilia dramática de Mário de Sá-Carneiro”, in Mário de Sá-Carneiro, Juvenilia dramática. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, pp. 15-19.
  • Martins, Fernando Cabral (1996). “Mário de Sá-Carneiro”, in Álvaro Manuel Machado (dir.), Dicionário de literatura portuguesa. Lisboa: Editorial Presença.
  • Rebello, Luiz Francisco (1976). “Um dramaturgo português desconhecido: António Ponce de Leão”, in Colóquio/Letras, n.º 34, pp. 25-33.
  • ___ (1977). “Uma peça inédita de Mário de Sá Carneiro e um dramaturgo ignorado, António Ponce de Leão”, in AA.VV., Memórias da Academia das Ciências de Lisboa. Classe de Letras, tomo XVIII. Lisboa: pp. 169-179.
  • ___ (1987). “Nota introdutória”, in Mário de Sá-Carneiro / António Ponce de Leão, Alma. Lisboa: Edições Rolim, Colecção Palco.
  • Serôdio, Maria Helena (2004). “Dramaturgia”, in AA.VV., Literatura portuguesa do século XX. Lisboa: Instituto Camões - Colecção Cadernos Camões, pp. 95-141.

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "Biografia de Mário de Sá-Carneiro". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-05-16. 
  2. Escritores.org. "De Sá-Carneiro, Mário". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-05-16. 
  3. 3,0 3,1 Sobre, Algo. "Mário de Sá-Carneiro - Algo Sobre". Algo Sobre Vestibular, Enem e Concurso (en portugués). Consultado o 2020-05-16. 
  4. "hemerotecadigital.cm" (PDF). Azulejos. 
  5. "Alma nova" (PDF). /hemerotecadigital.cm. 
  6. "Contemporânea". hemerotecadigital.cm. 
  7. "hemerotecadigital.cm" (PDF). Pirâmide. 
  8. "Sudoeste" (PDF). hemerotecadigital.cm. 
  9. "Letra de la canción Fim - Trovante". CANCIONEROS.COM/LETRAS. Consultado o 2020-05-16. 
  10. "Letra de la canción O Outro - Adriana Calcanhotto". CANCIONEROS.COM/LETRAS. Consultado o 2020-05-16. 
  11. Traducido por Benxamín Constante e publicado por Hugin e Munin en 2014.
  12. "Mário de Sa Carneiro". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020.