Raul Brandão

Raul Germano Brandão, nado en Foz do Douro (Porto) o 12 de marzo de 1867[1] e finado en Lapa (Lisboa) o 5 de decembro de 1930[2], foi un militar, xornalista e escritor portugués, famoso polo realismo das súas descricións e polo lirismo da linguaxe.

Raul Brandão
Raul Brandao2.jpg
Nacemento12 de marzo de 1867
Lugar de nacementoFoz do Douro
Falecemento5 de decembro de 1930
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal Portugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónxornalista, escritor e militar
Na rede
http://www.bmrb.pt/
IMDB: nm2489052 Discogs: 4648165 WikiTree: Germano_Brandão-1 Find a Grave: 228425040 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Germano Brandão, negociante, e de Laurinda Laurentina Ferreira de Almeida Brandão. Pasou a súa adolescencia e mocidade na súa localidade natal. Sendo descendente de pescadores, o mar foi un tema recorrente da súa obra.

Despois dunha pasaxe menos feliz por un colexio do Porto, Raul Brandão gravita para o grupo dos nefelibatas, sendo baixo o seu signo que desperta para o mundo das letras e publica as súas primeiras obras. En 1891, terminada a secundaria e despois dunha breve pasaxe, como ouvinte, polo Curso Superior de Letras, matricúlase na Escola do Exército. Con este ingreso, ao parecer a contragusto, inicia unha carreira militar caracterizada por longas permanencias no Ministerio da Guerra envolvido na máquina burocrática militar. Nas súas propias palabras: o tempo en que fun tropa vivín sempre enrascado. Paralelamente, mantén unha carreira de xornalista e vai publicando unha extensa obra literaria. Encóntranse colaboracións da súa autoría no semanario O Micróbio (1894-1895) e nas revistas Brasil-Portugal[3] (1899-1914), Revista nova (1901-1902), Serões (1901-1911) e Homes Libres (1923).[4][5][6][7]

En 1896 foi colocado no Regimento de Infantaría 20, en Guimarães, onde coñece Maria Angelina de Araújo Abreu, con quen casa o 11 de marzo de 1897. Inicia entón a construción dunha casa, a Casa do Alto, na freguesía de Nespereira, nas aforas daquela cidade. Aí se fixará en definitivo, aínda que con prolongadas estadías en Lisboa e noutras cidades. Xubilado no posto de capitán en 1912, inicia a fase máis fecunda da súa produción literaria.

Raul Brandão visitou os Azores no verán de 1924, nunha viaxe feita a título persoal, mais que coincidiu, en parte, coa Visita dos Intelectuais entón organizada baixo a guía dos autonomistas, particularmente de José Bruno Carreiro e do seu xornal, o «Correio dos Azores». Desa viaxe, que durou cerca de dous meses (máis demorada, por tanto, que a dos intelectuais convidados por Bruno Carreiro), resultou a publicación da obras As ilhas desconhecidas - Notas e paisagems (Lisboa, 1927), unha das obras que máis influíron na formación da imaxe interna e externa dos Azores. Basta dicir que é nas Ilhas desconhecidas que se inspira o coñecido código de cores das illas açorianas: Terceira, illa lilás; Pico, illa negra; S. Miguel, illa verde...

Faleceu o 5 de decembro de 1930, aos 63 anos de idade, deixando unha extensa obra literaria e xornalística. O día anterior, ao sufrir unha síncope cardíaca, viría falecer dunha aneurisma o día seguinte, na Rúa de San Domingos á Lapa, número 44, primeiro. Foi sepultado no Cemiterio dos Praceres, e, en 1934, trasladado para o Cemiterio de Guimarães, onde repousa até hoxe.

En 1950, o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na zona de Alvalade.[8] Ten unha biblioteca co seu nome en Guimarães.

PublicaciónsEditar

  • Impressões e Paisagens (1890).
  • História de um Palhaço (1896).
  • O Padre (1901).
  • A Farsa (1903).
  • Os Pobres (1906) (eBook).
  • El-Rei Junot (1912).
  • A Conspiração de 1817 (1914).
  • Húmus (1917) (eBook).
  • Memórias (vol. I), (1919) (eBook).
  • Teatro (1923).
  • O gebo e a sombra (1923);
  • Os Pescadores (1923).
  • Memórias (vol. II), (1925).
  • As Ilhas Desconhecidas (1927).
  • A Morte do Palhaço e o Mistério das Árvores (1926).
  • Jesus Cristo em Lisboa, en colaboración con Teixeira de Pascoaes, (1927).
  • O Avejão (1929) (teatro).
  • Portugal Pequenino, en colaboración con Maria Angelina Brandão, (1930).
  • O Pobre de Pedir (1931).
  • Vale de Josafat (vol. III das Memórias) (1933).

Obras dispoñíbeis en formato dixital en InternetEditar

NotasEditar

  1. Partida de bautismo nº 35/1867, Foz do Douro, Porto.
  2. Brandão, Raul (2015). Reynaud, ed. Húmus. Lisboa. 
  3. Rita Correia (29 de Abril de 2009). "Ficha histórica: Brasil-Portugal: revista quinzenal illustrada (1899-1914)." (pdf). 
  4. Rita Correia (22 de Junho de 2010). "Ficha histórica: O Micróbio. semanário de caricaturas (1894-1895)" (pdf). 
  5. Pedro Mesquita (25 de Junho de 2013). "Ficha histórica: Revista nova(1901-1902)" (pdf). 
  6. Rita Correia (24 de Abril de 2012). "Ficha histórica: Serões, Revista Mensal Ilustrada (1901-1911)." (pdf). 
  7. Rita Correia (6 de fevereiro de 2018). "Ficha histórica:Homens livres (1923)" (PDF). 
  8. "Toponímia de Lisboa". www.facebook.com. Consultado o 2020-02-08. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • LUFT, Celso Pedro. Dicionario de literatura portuguesa e brasileira. Río de Xaneiro: Ed. Globo, 2ª edición, 1969.

Ligazóns externasEditar