Aquilino Ribeiro

Aquilino Gomes Ribeiro, nado en Sernancelhe o 13 de setembro de 1885 e finado en Lisboa o 7 de maio de 1963,[1] foi un escritor neorrealista portugués. Está considerado por algúns como um dos novelistas máis fecundos da primeira metade do século XX en Portugal.

Aquilino Ribeiro
Aquilino Ribeiro.JPG
Nacemento13 de setembro de 1885
 Sernancelhe
Falecemento7 de maio de 1963 e 27 de maio de 1963
 Lisboa
SoterradoPanteão Nacional
NacionalidadePortugal
Ocupacióndiplomático, autor e escritor
FillosAníbal Aquilino Ribeiro
PremiosComendador da Ordem da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aquilino Ribeiro nace en 1885, no Carregal de Tabosa, concello de Sernancelhe, o 13 de setembro, fillo natural (o último de catro) do padre Joaquim Francisco Ribeiro e da campesiña Mariana do Rosário Gomes,[2] tendo unha irmá máis vella (Maria do Rosário) e dous irmáns máis vellos (Melchior e Joaquim). Foi bautizado na Igrexa Matriz dos Alhais, no concello de Vila Nova de Paiva.

Viviu unha infancia plenamente inserida no medio rural. Brincaba na rúa cos outros nenos da súa idade, admiraba os páxaros e, no limiar da adolescencia, gustáballe montar a cabalo e de cazar.

En 1895, xa vivindo no concello de Moimenta da Beira, realizou o exame de instrución primaria e entrou no Colexio de Nosa Señora da Lapa. En 1900 entrou no Colexio de Lamego, en Lamego e, a seguir, foi mandado para o Seminario de Beja, "para onde ían os ordenandos máis recalcitrantes", dirá o escritor, nas súas memorias, obedecendo a un desexo da súa nai, que quería facelo sacerdote.

Aquilino sería expulsado do Seminario en 1904, despois de ter dato unha réplica cortante a unha acusación do padre Manuel Ançã, un dos directores da institución.[2] De volta a Soutosa, de aí saíu ao fin de dous anos, rumbo a Lisboa.

Comezaba a súa conspiración contra a monarquía liberal desvirtuada por gobernos autoritarios. En 1906 comeza a colaborar no xornal republicano A Vanguarda. En 1907, xunto con José Ferreira da Silva, escribe A Filha do Jardineiro, obra de ficción de propaganda republicana e de crítica ás figuras do réxime. Entra logo na Tenda Montanha do Grande Oriente Lusitano, en Lisboa, a convite de Luz de Almeida.

É tamén en 1907 que Aquilino é prendido, acusado de ser anarquista, tras unha explosión no seu cuarto na Rúa do Carrião, o 28 de novembro, en Lisboa, na cal morreron dous carboeiros.[3]

O ano seguinte, en 1908 Aquilino foxe da prisión, o 12 de xaneiro, e durante a clandestinidade en Lisboa mantén os contactos cos rexicidas, refuxiado nunha casa de Meira e Sousa, na Rúa Nova do Almada, en fronte do Tribunal da Boa Hora.

Estabelecido en París en 1910, estuda na Facultade de Letras da Sorbonne. Vén a Portugal tras o 5 de outubro e regresa a París, onde coñecera a alemá Grete Tiedemann. Tras unha estadí na Alemaña, vai casar con Grete. A parella regresa a París e, en 1914, nácelles o primeiro fillo, Aníbal Aquilino Fritz Tiedemann Ribeiro. Ese mesmo ano aínda publicará un novo libro, Jardim das Tormentas.

En 1915 a familia pode regresar a Portugal tras os conflitos da Primeira gran Guerra. Aquilino, mesmo sen conseguir terminar a súa licenciatura, é admitido a dar clases no ensino secundario, sendo colocado como profesor no Liceu Camões, onde ficará durante tres anos.

En 1918 publica A Vía Sinuosa. O ano seguinte, en 1919, entra para a Biblioteca Nacional de Portugal, a convite de Raul Proença. Convive co chamado Grupo da Biblioteca Nacional onde pontifican Jaime Cortesão e Raul Proença. Publica Terras do Demo, e a primeira versión do seu conto "Valeroso Milagre" na Revista Atlântida (nº 32), cuxa trama pasa no Mosteiro de Nosa Señora da Asunción de Tabosa, situado na súa freguesía natal, no tempo das invasións francesas. É na Biblioteca Nacional que Aquilino Ribeiro é procurado por persoas de súas relacións para lle mostraren unha Acta do Regicídio.

 
Aquilino Ribeiro

En 1921 entra na dirección da revista Seara Nova. En 1922 publica O Malhadinhas integrado no libro Estrada de Santiago, o cal inclúe tamén unha nova versión do "Valeroso Milagre".

En 1927 entra na revolta de 7 de febreiro, en Lisboa. Exíliase en París. No fin do ano regresa a Portugal, clandestinamente, tras falecer a primeira muller. En 1928 entra na revolta de Pinhel. Encarcerado no presidio de Fontelo (Viseu), escapa e volve a París.

En 1929 casa en París con Jerónima Dantas Machado, filla de Bernardino Machado. Da parella virá a nacer en 1930 o segundo fillo, Aquilino Ribeiro Machado, que viría a ser o 60.º Alcalde de Lisboa (1977-1979). En Lisboa é xulgado por rebeldía en Tribunal Militar, e condenado.

En 1931 vai vivir para a Galiza. En 1932 volve a Portugal clandestinamente. En 1933 recibe o Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciencias de Lisboa, polo seu libro As Três Mulheres de Sansão.

En 1935 é electo socio correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa.

En 1946 publica Aldea, Terra, Xente e Bichos. En 1951 publica Geografía Sentimental.

En 1952 fai unha viaxe ao Brasil onde é homenaxeado por escritores e artistas, na Academia Brasileira de Letras. En 1956 é fundador e presidente da Sociedade Portuguesa de Escritores.

En 1957 publica A Casa Grande de Romarigães e, en 1958, Quando os Lobos Uivam. Este mesmo ano é nomeado socio efectivo da Academia das Ciencias de Lisboa. Milita na candidatura de Humberto Delgado á presidencia da República.

En 1960 é proposto para o Premio Nobel da Literatura[4] por Francisco Vieira de Almeida, proposta subscrita por José Cardoso Pires, David Mourão-Ferreira, Urbano Tavares Rodrigues, José Gomes Ferreira, Maria Judite de Carvalho, Mário Soares, Vitorino Nemésio, Abel Manta, Alves Redol, Luísa Dacosta, Vergílio Ferreira, entre moitos outros.

En 1962 nácelle a primeira neta, Mariana, a quen dedica O Livro da Marianinha.

En 1963 é homenaxeado en varias cidades do país por ocasión dos cincuenta anos de vida literaria. Morre o día 27 de maio.[5] Nesa mesma hora, a Censura comunicaba aos xornais non ser permitido falar máis das homenaxes que lle estaban a ser prestadas. É sepultado no Cemiterio dos Praceres.

En 1974 é publicado o libro de memorias Um Escritor Confessa-se. Como escribe José Gomes Ferreira no prefácio Aquilino sabe mentir a verdade.

En 1982, o 14 de abril, é agraciado a título póstumo co grao de Comendador da Orde da Liberdade.

 
Monumento en Viseu a Aquilino Ribeiro

En 2007, por decisión unánime, a Asemblea da República[6] decide homenaxear a súa memoria e conceder aos seus restos mortais as honras de Panteão Nacional. A cerimonia de trasladado para o Panteão Nacional ocorreu o 19 de setembro dese mesmo ano.[7]

LiteraturaEditar

A linguaxe de Aquilino Ribeiro caracterízase fundamentalmente por unha excepcional riqueza lexicológica e polo uso de construcións frásicas de raíz popular, cheas de rexionalismos. Aquilino foi sobre todo un estilista e, por iso, a súa linguaxe vernácula é aberta, frecuentemente condimentada nos diálogos con expresións entre grotescas e satíricas. Tal é a densidade do uso de vocabulario rexional que o Centro de Estudos Aquilinianos editou, en 1988, um “Glossário Aquiliniano”.[8]

A pesar de optar por unha literatura de tradición, Aquilino procurou ao longo da súa vida unha renovación continua de temas e procesos, tornándose así moi difícil sistematizar a temática da súa vastísima obra. Nun número considerábel de obras, Aquilino reflexiona, aínda que distorcidas pola imaxinación, escenas da súa vida: a convivencia coas xentes do campo, a educación administrada polos sacerdotes, as conspiracións políticas, as fugas rocambolescas, os exilios.

Até 1932, ano en que fixa a residencia na Cruz Quebrada, todos os ambientes, contextos e personaxes que Aquilino crea, remiten para a súa querida Beira natal. O Malhadinhas, Andam Faunos pelos Bosques e Terras do Demo constitúen o mellor exemplo desta situación. De feito, verémonos, cunha extrema facilidade, envolvidos coas súas personaxes beirás, os seus costumes, tradicións e modos de falar típico. Aquilino Ribeiro como escritor non pode ser enmarcado en ningunha das escolas e tendencias da súa época.

Ten colaboracións na II serie da revista Alma nova [7] (1915-1918) comezada a publicar en Faro en 1914, na revista luso-brasileira Atlantida (1915-1920), na Ilustração (1926-), Homens Livres (1923), no jornal Miau! (1916), Revista dos Centenários, publicada por ocasión da Exposição do Mundo Português, na 1ª serie da revista Panorama  (941-1949) e na revista luso-brasileira Atlântico.

O MalhadinhasEditar

Considerado o modelo máis perfecto da novela picaresca en lingua portuguesa. Inicialmente incluído en Estrada de Santiago (1922), acabaría por converterse nunha das súas obras máis populares cando foi publicada en volume autónomo em 1958. En forma de monólogo, a obra conta a história dun arrieiro, o Malhadinhas, un serrano rústico, groseiro e teimudo, que non ten problemas en usar a navalla para corrixir o que cre inxusto. O Malhadinhas preséntanos unha serie de episodios picarescos, nun ton coloquial repleto de expresións idiomáticas, achegándonos o retrato dun Portugal esquecido.[9]

A Casa Grande de RomarigãesEditar

Publicada en 1957. Reproduce o mundo das terras do norte de Portugal e aproxima o texto ficcional da realidade narrada, numa Beira rural e analfabeta ancorada nunha sociedade patriarcal. Mesturando erudición coa linguaxe popular, Aquilino capta ese ambiente arraigado na relixiosidade e na crenza e revela o instinto campesiño con todas as supersticións e todos os subterfuxios asociados á obsesión de propiedade.[10]

 
A Casa Grande

A Casa Grande de Romarigães era da familia da muller de Aquilino Ribeiro, está en Paredes de Coura.[11]

Relación con GaliciaEditar

En 1931 viviu en Galicia. Mantivo relación don intelectuais galeguistas. O seu conto D. Quixote contra Herodes, de estrutura lineal, pódese clasificar como un conto de Nadal. Na historia Don Quixote e Sancho están en Galicia como peregrinos camiñando cara a Santiago de Compostela nun día frío de decembro. A véspera de Nadal chegan a Boente e, como Don Quixote se queda literalmente conxelado dentro da súa armadura, o cura do lugar, o licenciado Pablo de Taramundi, acolle os dous peregrinos na súa casa.[12]

De cando en vez —e en realidade son moitas as ocasións, pois é difícil contar os seus escritos— aparece nos seus textos o tema “Santiago”, preguntándose o porqué e o como, como facemos todos e farán os nosos fillos, “desta peregrinación a Compostela que é a vida”. Así escribiu Aquilino, nos últimos anos da súa vida.[13]

ObraEditar

BiografíaEditar

  • Luís de Camões: fabuloso e verdadeiro (1950). (2 volumes)
  • O romance de Camilo (1956). (3 volumes) (Nota: a máis importante biografía de Camilo Castelo Branco)

ContosEditar

  • A filha do jardineiro (1907).
  • Jardim das tormentas (1913). (Prefacio: Carlos Malheiro Dias)
  • Valeroso milagre (1919).
  • Estrada de Santiago (1922).
  • Sonhos de uma noite de Natal (1934).
  • Quando ao gavião cai a pena (1935).

MemoriasEditar

  • É a guerra: diário (1934).
  • Alemanha Ensangüentada (1935).
  • Cinco réis de gente (1948).
  • Um escritor confessa-se (1974). (Edición póstuma)

Literatura infanto-xuvenilEditar

  • Romance da raposa (1924).
  • Arca de Noé I (1936).
  • Arca de Noé II (1936).
  • Arca de Noé III (1936).
  • O livro do menino Deus (1945).
  • Fernão Mendes Pinto:aventuras extraordinárias de um português no Oriente (1952).
  • O livro de Marianinha: lengalengas e toadilhas em prosa rimada (1967). (Edición póstuma)

NovelasEditar

  • A via sinuosa (1918).
  • Terras do demo (1919).
  • Filhas da Babilónia (1920).
  • Andam faunos pelos bosques (1926).
  • O homem que matou o diabo (1930).
  • A batalha sem fim (1932).
  • As três mulheres de Sansão (1932).Maria Benigna (1933).
  • Aventura maravilhosa de D. Sebastião Rei de Portugal depois da batalha com o Miramolim (1936).
  • São Bonaboião:anacoreta e mártir (1937).
  • Mónica (1939).
  • O servo de Deus e a casa roubada (1941).
  • Volfrâmio (1943).
  • Lápides partidas (1945).
  • Caminhos errados (1947).
  • O arcanjo negro (1947).
  • Humildade gloriosa (1954).
  • A Casa Grande de Romarigães (1957).
  • Quando os lobos uivam (1958).
  • A mina de diamantes (1958). (Nota: Edición conxunta con "O Malhadinhas")
  • Arcas encoiradas (1962).
  • Casa do escorpião (1963).

HistoriaEditar

  • Os avós dos nossos avós (1974).
  • Príncipes de Portugal: suas grandezas e misérias (1952).

TraduciónEditar

  • D. Quixote de la Mancha de Miguel de Cervantes Saavedra
  • O príncipe perfeito, de Xenofonte (tradución e prefacio)
  • A retirada dos dez mil, de Xenofonte (tradución e prefacio)
  • O Santo (1907) de Antonio Fogazzaro

Adaptacións a cinema e televisiónEditar

  • Biografía producida pola RTP con autoría e presentación de Óscar Lopes.
  • O Homem que Matou o Diabo, adaptación da novela, filme producido pola RTP en 1979, emitido como serie. Con Herman José, João Guedes, Ana Zanatti.[14]
  • O Romance da Raposa foi adaptada para unha serie de televisión, de 13 episodios de 13 minutos cada, en 1988.[15] A serie foi producida pola RTP, Topefilme e Telecine. A adaptación estivo a cargo de Marcello de Morais, os diálogos e letras das cancións foron escritos por Maria Alberta Menéres e a música foi da autoría de Jorge Machado. Ricardo Neto creou as personaxes. A animación estivo a cargo de Artur Correia e Ricardo Neto.
  • Quando os lobos uivam foi adaptado ao cinema nunha produción de 2008, da RTP.[16]
  • Aquilino é personaxe da serie O Dia do Regicídio producida pola RTP en 2008.[17]

Fundación Aquilino RibeiroEditar

En 1988 foi instituída a Fundación Aquilino Ribeiro, Casa Museo, Biblioteca, con sede na localidade de Soutosa (Moimenta da Beira), na casa outrora utilizada polo escritor[18] admirabelmente por el descrita. Na súa fundación tivo como presidente Aníbal Aquilino Ribeiro, fillo máis vello do escritor.

NotasEditar

  1. "Fundação Mário Soares. Biografias". www.fmsoares.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  2. 2,0 2,1 "Aquilino Ribeiro". cvc.instituto-camoes.pt/. 
  3. Fidelizarte. "Aquilino Ribeiro". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  4. "Nomination%20Archive". NobelPrize.org (en inglés). 2020-04-01. Consultado o 2020-04-30. 
  5. "Caras. 50 anos da morte de Aquilino Ribeiro". Caras (en portugués). 2013-03-29. Consultado o 2020-04-30. 
  6. "Aquilino Ribeiro. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  7. "Cerimónia de homegem" (PDF). www.parlamento.pt/. 
  8. "Aquilino Ribeiro, o escritor das Terras do Demo". Aquilino Ribeiro, o escritor das Terras do Demo (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  9. "O Malhadinhas - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  10. "A Casa Grande de Romarigães - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  11. "Casa Grande de Romarigães - Qué hacer". www.portoenorte.pt (en castelán). Consultado o 2020-04-30. 
  12. Fernandes, Angela. Universidade de Lisboa, ed. "La importancia de la creenciaː una lectura del cuento "D. Quixote contra Herodes" de Aquilino Ribeiro" (PDF). cvc.cervantes.es (en castelán). 
  13. de Magalhães Ribeiro da Cunha, Arlindo. "Mestre Aquilino e o Caminho de Santiago" (PDF). www.caminodesantiago.gal. Consultado o 2020/04/30. 
  14. Portugal, Rádio e Televisão de. "O Homem que Matou o Diabo - Séries Nacionais - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  15. "O Romance da Raposa". Consultado o 2020-04-30. 
  16. "Quando os Lobos Uivam" (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  17. "O Dia do Regicídio" (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  18. "Fundação Aquilino Ribeiro". www.cm-moimenta.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • José Gomes FERREIRA (2008). Introd. a A. Ribeiro, Um Escritor Confessa-se, Lisboa, Bertrand.
  • Antonio José SARAIVA (1971). Breve hª de la literatura portuguesa.
  • Eduardo LOURENÇO (1993). O Canto do Signo. Existência e literatura, Lisboa, Presença, II, 12.