Gran Premio de Bélxica de 1997


O Gran Premio de Bélxica de 1997 (oficialmente LV Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 24 de agosto de 1997 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo segunda carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1997 da FIA.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1997
Detalles da carreira
Carreira 12 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 24 de agosto 1997
Nome oficial LV Gran Premio de Bélxica
Localización Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
6´968 km
Distancia 44 voltas, 306´592 km
ClimaChuvioso, logo escampou con temperaturas que chegaron aos 28 °C.[1]
Pole position
Piloto Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:49.450
Volta rápida
Piloto Jacques Villeneuve Williams-Renault
Tempo 1:52.692 na volta 43
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Segundo Italia Giancarlo Fisichella Ferrari
Terceiro Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault

A carreira de 44 voltas gañouna Michael Schumacher, pilotando un Ferrari. Giancarlo Fisichella terminou segundo nun Jordan - Peugeot, xunto a Heinz-Harald Frentzen terceiro nun Williams - Renault despois de que o McLaren - Mercedes fora descualificado debido a unha irregularidade do combustible. O rival do campionato de pilotos de Schumacher, Jacques Villeneuve, terminou quinto no outro Williams-Renault, logo de comezar desde a pole position.

Co triunfo, Schumacher ampliou o liderado sobre Villeneuve no Campionato de Pilotos a 11 puntos a falta de cinco carreiras.

Informe editar

A carreira é considerada por moitos como unha das mellores de Schumacher. Empezou terceiro na grella despois de que a clasificación estivese dominada polo seu rival no Campionato Mundial, Jacques Villeneuve. No warm-up da mañá, que tivo lugar nun clima cálido e seco, Schumacher só foi 15º. Con todo, para a sorpresa de todos, a choiva comezou a caer preto de media hora antes da carreira e continuou durante uns vinte minutos, cambiando completamente as condicións e facendo que a saída de fixese detrás do coche de seguridade, a primeira vez que isto ocorreu na historia da Fórmula 1.[2]

Na emoción, o irmán de Schumacher, Ralf, que clasificara sexto, trompeou e estrelou o seu Jordan Jordan en Stavelot mentres ía ocupar o seu lugar na grella. Foi obrigado a partir do carril de boxes no seu coche de reposto. Explicando o incidente a ITV máis tarde, dixo: "Non tiña nada que perder e perdín".

Dos pilotos dianteiros, os dous pilotos de Williams Grand Prix Engineering e Jean Alesi no Benetton xunto a Villeneuve na primeira fila comezaron con pneumáticos de mollad mentres que os outros comezaron con intermedios. O coche de seguridade circulou durante as tres primeiras voltas e ao final da 4ª volta, a primeira volta de carreiras pura, Villeneuve continuou liderando diante de Alesi e Schumacher. Non obstante, foi aí onde o piloto alemán comezou a tomar o control da carreira. Fixo un valente adiantamento a Alesi na forquita de La Source ao comezo da 5ª volta, e logo superou a Villeneuve na curva Rivage na mesma volta. Ao final da volta, xa tiña 5´8 segundos de vantaxe, e na seguinte volta ampliou esta vantaxe a 16´9 segundos, xunto a Giancarlo Fisichella, cuxo Jordan tamén iniciara con intermedios, que acadara o segundo posto logo de que Villeneuve inesperadamente entrara en boxes.[3]

Schumacher continuou a afastarse, e na 12ª volta o seu liderado chegou a un minuto mentres que Villeneuve caeu ao décimo sexto lugar logo dunha segunda parada nos boxes.[3] A pista secábase e os pilotos estaban a piques de montar pneumáticos lisos. Schumacher entrou en boxes na volta 14 e finalmente gañou por 26 segundos. Fisichella aguantou os ataques do McLaren de Mika Häkkinen polo segundo posto, conseguindo así o seu mellor remate na F1 nese momento. Os seis primeiros foron completados polo segundo Williams de Heinz-Harald Frentzen, o Sauber de Johnny Herbert e Villeneuve, que atacara nas últimas voltas da carreira e acadou a volta rápida.

Logo da carreira, Häkkinen foi descualificado debido a unha irregularidade de combustible, promovendo así a Frentzen ao terceiro posto, Herbert ao cuarto, Villeneuve ao quinto e o segundo Benetton de Gerhard Berger ao sexto. Con todo, Schumacher ampliou a vantaxe de Villeneuve no Campionato de Pilotos a 11 puntos, mentres que Ferrari liderou sobre Williams por seis puntos no Campionato de Construtores.

Clasificación editar

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 3   Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:49.450
2 7   Jean Alesi Benetton-Renault 1:49.759 +0.309
3 5   Michael Schumacher Ferrari 1:50.293 +0.843
4 12   Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:50.470 +1.020
5 9   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:50.503 +1.053
6 11   Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:50.520 +1.070
7 4   Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:50.656 +1.206
8 2   Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:50.853 +1.403
9 1   Damon Hill Arrows-Yamaha 1:50.970 +1.520
10 10   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:51.410 +1.960
11 16   Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:51.725 +2.275
12 22   Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:51.916 +2.466
13 17   Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 1:52.094 +2.644
14 14   Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 1:52.274 +2.824
15 8   Gerhard Berger Benetton-Renault 1:52.391 +2.941
16 15   Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:52.749 +3.299
17 6   Eddie Irvine Ferrari 1:52.793 +3.343
18 23   Jan Magnussen Stewart-Ford 1:52.886 +3.436
19 19   Mika Salo Tyrrell-Ford 1:52.897 +3.447
20 20   Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:53.544 +4.094
21 18   Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:53.725 +4.275
22 21   Tarso Marques Minardi-Hart 1:54.505 +5.055
Fonte:[4]

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5   Michael Schumacher Ferrari 44 1:33:46.717 3 10
2 12   Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 44 + 26.753 4 6
3 4   Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 44 + 32.147 7 4
4 16   Johnny Herbert Sauber-Petronas 44 + 39.025 11 3
5 3   Jacques Villeneuve Williams-Renault 44 + 42.103 1 2
6 8   Gerhard Berger Benetton-Renault 44 + 1:03.741 15 1
7 2   Pedro Diniz Arrows-Yamaha 44 + 1:25.931 8
8 7   Jean Alesi Benetton-Renault 44 + 1:42.008 2
9 17   Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 44 + 1:42.582 13
10 6   Eddie Irvine Ferrari 43 Colisión 17
11 19   Mika Salo Tyrrell-Ford 43 + 1 volta 19
12 23   Jan Magnussen Stewart-Ford 43 + 1 volta 18
13 1   Damon Hill Arrows-Yamaha 42 Porca da roda 9
14 20   Ukyo Katayama Minardi-Hart 42 Motor 20
15 14   Jarno Trulli Prost-Mugen-Honda 42 + 2 voltas 14
DSC 9   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 44 Gasolina adulterada (+ 30.856) 5
Ret 18   Jos Verstappen Tyrrell-Ford 25 Trompo 21
Ret 11   Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 21 Trompo 6
Ret 10   David Coulthard McLaren-Mercedes 19 Trompo 10
Ret 21   Tarso Marques Minardi-Hart 18 Trompo 22
Ret 22   Rubens Barrichello Stewart-Ford 8 dirección 12
Ret 15   Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 5 Eléctrico 16
Fonte:[5]

Notas editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1996
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1998

Notas editar

  1. Weather info for the 1997 Belgian Grand Prix at Weather Underground
  2. Collantine, Keith (24 August 2017). "Schumacher capitalises as Williams get it wrong in the rain again". F1 Fanatic. Consultado o 26 October 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Grand Prix Results: Belgian GP, 1997". Grandprix.com. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  4. "Belgium 1997 - Qualifications". StatsF1. Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  5. "1997 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar