Gens Vipsania

familia da Roma antiga

A gens Vipsania ou Vipsana (en latín, Vipsania) foi unha escura familia plebea de rango ecuestre na Roma antiga. Poucos membros desta gens aparecen na historia, aínda que se coñecen algúns polas inscricións e rexistros pero, tamén, son moi escasos.[1] De lonxe, o máis ilustre da familia foi Marco Vipsanio Agripa, amigo íntimo e conselleiro de Augusto, a quen o emperador pretendeu facer o seu herdeiro. Porén, Agripa, prefería eliminar o nomen da súa nomenclatura pola orixe humilde da súa familia.[1] Despois da morte de Agripa, Augusto adoptou os fillos do seu amigo, cada un dos cales foi considerado posible herdeiro do Imperio, pero cando cada un deles morreu ou resultou inadecuado, Augusto escolleu outro herdeiro, o futuro emperador Tiberio.[2]

Marco Vipsanio Agripa aproba a construción do Aqua Virgo.

Orixe editar

Os Vipsanii non se mencionan na historia ata o final da República. O seu nomen, Vipsanius, aseméllase a outros xentilicios rematados en -anius, que normalmente se derivaban de topónimos ou cognomina rematados en -anus. Varias inscricións dan o nome como Vipsanus, quizais a forma orixinal do nomen. Segundo algúns estudosos, a gens Vipsania era orixinaria de Pisae en Etruria.[3][4]

Praenomina editar

Os únicos praenomina asociados á familia principal dos Vipsanii foron Lucio e Marco, dous dos nomes máis comúns ao longo da historia romana. Outros Vipsanii chamados Caio, Publio, Quinto, Sexto e Tito coñécense por inscricións e moedas.[5]

Pólas e cognomina editar

Só unha familia distinta dos Vipsanii aparece na historia, co apelido Agripa. Este era orixinalmente un praenomen, usado por algunhas familias da primeira República, incluíndo os patricios da gens Furia e da gens Menenia, pero a finais da República parece que se usaba exclusivamente como cognomen. A súa orixe e significado eran escuros mesmo na antigüidade e a explicación máis coñecida alude a que era un dos moitos praenomina derivados das circunstancias do parto, e referíase a un neno que naceu cos pés por diante.[a]

Membros editar

Notas editar

  1. Esta é a explicación dada por Plinio, e seguida por outros autores antigos mais os estudosos modernos son escépticos ante esta explicación: Chase (1897) suxire que o nome foi tomado prestado do grego, e era un nome composto baseado en αγρός e ἵππος, polo que a definición era algo así como "cabalo de campo". Os romanos adaptárono entón para que se asemellase aos seus propios nomes. Porén, neste caso cabería esperar que a forma latina fose Agripo, e aínda que os romanos usaron ocasionalmente apelidos de orixe grega, os exemplos máis antigos parecen datar do século IV a. C. e Agripa sería único como praenomen de orixe grega.[6][7][8][9][10][11]
  2. O nome exacto e a identidade deste individuo é obxecto de controversia. [17] A Marco Agripa non lle gustaba persoalmente que se referise polo seu escuro nomen gentilicium Vipsanius e evitou o seu uso. Tamén sería raro mencionalo sen incluír o seu nome máis coñecido Agripa. A Vita 44 de Donato di M. Vipranius, pero asúmese amplamente que é unha corrupción no texto, e case sempre se corrixe para Vipsanius.[18] O nome Vipranius non está acreditado.[18][19][20] Harry Jocelyn non estaba de acordo coa opinión maioritaria e afirmou que o orixinal é correcto.[21] Oliver Lyne estivo de acordo co artigo de Jocelyn, subliñando que o nome do individuo non debería ser modificado por "Vipsanius", nin se debería identificar con Agrippa.[22] P. T. Eden non estaba de acordo con Jocelyn en que o nome non debería ser modificado, pero considerou que era improbable que Agripa se expresase con termos tan técnicos (dignos de Quintiliano) sobre a poesía, e que se en realidade fose Agripa, probablemente derivase opinión de Quinto Cecilio Epirota, quen foi o primeiro en conferenciar sobre Virgilio.[18] Nicholas Horsfall sinalou que Agripa non é o único Vipsanius co que se pode identificar ao crítico. Por exemplo, un gramático descoñecido Vipsanius é mencionado por Isidoro de Sevilla; pero Horsfall subliña, en contraste con Eden, que Agripa non era un home iletrado. Por outra banda, sinala que Agripa probablemente non se mofaría de Virgilio por ter sido concedido por Mecenas, xa que el mesmo foi elevado dunha familia escura, e é improbable que chamase a atención sobre iso con este tipo de comentarios.[23] Gian Biagio Conte comparte a opinión de Horsfall, e considera posible unha identificación co gramático.[24] Peter White tamén opinou que este Vipsanius probablemente non debería ser asumido como o xeneral Agripa, senón quizais co gramático, xa que ao xeneral non lle gustaba usar o seu nome.[25]
  3. O nome Póstumo, orixinalmente un praenomen, como Agripa, deriva do adxectivo postremo (último ou posterior); e foi orixinalmente dado a nenos de última hora. Mais por confusión co post humus (despois do enterro), chegou a aplicarse aos nenos nacidos despois da morte dos seus pais. Dado que os dous significados a miúdo coincidían, a distinción neste caso pode ser académica, aínda que neste caso o nome parece que se deu porque Marco nacera despois da morte do seu pai.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Syme, 2010, p. 166, n. 19
  2. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, pp. 78–80 ("Marcus Vipsanius Agrippa").
  3. Hall, Etruscan Italy, p. 188.
  4. Ridgway, The World of the Early Etruscans, p. 37.
  5. Reinhold (1933), p. 11.
  6. Plinio o Vello, VII. 6. § 1.
  7. Chase 1897, pp. 146-147.
  8. Nonius, 557.
  9. Gellius xvi. 16.
  10. Solinus, i. 65.
  11. Servius, viii. 682.
  12. Cassius Dio, lv. 8.
  13. Cassius Dio, xlv–liv.
  14. Livy, Epitome, cxvii–cxxxvi.
  15. Appian, Bellum Civile, v.
  16. Suetonio, "A vida de Augusto"
  17. Savega 1961, p. 371
  18. 18,0 18,1 18,2 Eden (1975), p. 6.
  19. Cairns (1979), p. 67.
  20. Putnam & Farrell (2010), p. 109.
  21. De Jonge & Hunter (2019), p. 265.
  22. Lyne (1998), p. 18.
  23. Horsfall (2000), p. 225.
  24. Conte (2007), p. 62.
  25. White (1993), p. 265.
  26. Cassius Dio, liv. 31, lvii. 2.
  27. Suetonio, "Vida de tiberio", 7.
  28. Tacitus, Annales, i. 12, iii. 19.
  29. Cassius Dio, liv. 8, 18, 25, lv. 6, 9, 11, 12.
  30. Zonaras, x. p. 539.
  31. Suetonius, "The Life of Augustus", 26, 56, 64, 65, "The Life of Tiberius", 12.
  32. Velleius Paterculus, ii. 101, 102.
  33. Tacitus, Annales, i. 3, ii. 4.
  34. Florus, iv. 12. § 42.
  35. Cassius Dio, lix. 11.
  36. Suetonius, "The Life of Caligula", 24, "The Life of Claudius", 26, "The Life of Augustus", 64, 65, 101.
  37. Tacitus, Annales, iii. 24, iv. 71.
  38. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 642 ("Julia", No. 7).
  39. Suetonius, "The Life of Augustus", 64, "The Life of Caligula", 8, "The Life of Tiberius", 53.
  40. Tacitus, Annales, i–vi.
  41. Cassius Dio, lvii. 5, 6, lviii. 22.
  42. Suetonio, "The Life of Augustus", 4, 65
  43. Suetonio, The Life of Tiberius", 22
  44. Dión Casio, liv. 29, lv. 22, 32, lvii. 3
  45. Tacitus, Annales, i. 3–6, ii. 39, 40.
  46. Velleius Paterculus, ii. 104, 112.
  47. Reinhold, Marcus Agrippa, p. 137.
  48. Reinhold, Marcus Agrippa, p. 71.
  49. Tacitus, Annales, xiii. 30.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Fontes antigas editar

Fontes modernas editar