Vipsania (esposa de Varo)

Vipsania (en latín, Vipsania M. f. L. n. Marcella) nada probablemente entre o 28 e o 22 a. C., e ás veces chamada Vipsania Marcela para diferenciala das súas irmás, foi unha antiga nobre romana do século I a. C. Estaba casada co político Publio Quintilio Varo e era filla do xeneral romano Marco Vipsanio Agripa e da súa segunda esposa Claudia Marcella Maior (a sobriña do emperador Augusto),[1] aínda que non se pode descartar que fose filla de Pomponia Cecilia Ática.

Vipsania
Nacemento27 a. C.
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeRoma Antiga
PaiMarco Vipsanio Agripa
NaiCláudia Marcela
CónxuxePúblio Quintílio Varo
IrmánsVipsânia Agripina, Vipsania Attica, Vipsânia Marcela, Lucio César, Caio César, Júlia, a Jovem, Agripina, Agripa Póstumo, Julla Antonia, Lúcio Antônio e Iullus Antonius
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Vipsania probablemente naceu entre o 28 a. C. e o 22 a. C. de Marco Vipsanio Agripa e a súa segunda esposa Claudia Marcela Maior, a filla máis vella da irmá do emperador Augusto, Octavia Menor. Esta hipótese é refutada por Meyer Reinhold, quen considerou que era filla da primeira esposa de Agripa, Pomponia Cecilia Ática.[2][3]

Pénsase que tivo unha irmá máis nova e dúas medias irmás maiores (unha que casou con Quinto Haterio e outra chamada Vipsania Agripina que casou co futuro emperador Tiberio).[4] así como cinco medio irmáns máis novos chamados Caio César, Lucio César, Agripina Maior, Vipsania Xulia Agripina (tamén chamada Xulia Menor) e Agripa Póstumo do terceiro e último matrimonio do seu pai con Xulia Maior. Da súa nai tamén probablemente tivese varios medio irmáns máis novos, entre eles Lucio Antonio e Xulia Antonia[5]

MatrimoniosEditar

Ao redor das 14 a. C., casou co xeneral e político romano Publio Quintilio Varo,[6] aínda que hai autores como Reinhold que rexeitan esta hipótese.[2] Foi a súa segunda esposa[7] e este casamento foi considerada a razón pola que Varo fora elixido por Tiberio para ser cónsul no ano 13 a. C. canda el.[8][9] Puido ser nai Sexto Nonio Quintiliano, se este foi realmente fillo de Varo,[10] ou doutro fillo que serviu co seu pai no ano 4.[11][12]

Tampouco está claro, pero parece ser que, despois, casou con Marco Emilio Lépido sendo a súa segunda esposa. Así e todo, hai poucas novas sobre este matrimonio e non se sabe se tiveron fillos, malia que hai unha dedicatoria na basílica Emilia dun posible fillo seu.[13] O seu matrimonio non durou máis que unha década desde o seu consulado, pois para daquela, Varo xa estaba casado con outra muller.[14]

Segundo Tácito, ela non morreu por parto ou por causas naturais, xa que o historiador afirma que os fillos de Agripa morreron en batalla, inanición ou veleno. Porén, pode referirse exclusivamente aos fillos de Agripa coa súa esposa Xulia a Maior, filla do emperador Augusto, pois o historiador non menciona especificamente o seu nome. Non se sabe con certeza a data da súa morte. Nos libros de Robert Graves, I, Claudius, e Claudius the God, a emperatriz romana Livia Drusilla acúsaa de incesto co seu falecido pai, o que a leva ao suicidio.

InvestigaciónEditar

A súa existencia foi descuberta polos historiadores modernos tras o redescubrimento dun papiro que relata a oración fúnebre de Augusto para Agripa na que se afirma que Varo e Tiberio eran os dous xenros de Agripa.[15]

NotasEditar

  1. Wells (2004), p. 81
  2. 2,0 2,1 Reinhold, Meyer (1972). "Marcus Agrippa's Son-in-Law P. Quinctilius Varus". Classical Philology 67 (2): 119–21. ISSN 0009-837X. JSTOR 269220. 
  3. Waite, Stephen V. F. (1972). "The Contest in Vergil's Seventh Eclogue". Classical Philology (en inglés) 67 (2): 121–123. ISSN 0009-837X. JSTOR 269221. doi:10.1086/365843. 
  4. Syme 1989, p. 504
  5. de la Bédoyère (2018), p. 312
  6. Abdale (2016)
  7. Craven, Maxwell (2019). The Imperial Families of Ancient Rome. . (en inglés). Stroud. Reino Unido: Fonthill Media. ISBN 9781781557389. 
  8. Levick (2014), p. 140
  9. Stern, Stern (2019). Varus’ Legacy After Teutoburger Wald: Roman POWs, Tiberius, and the Ara Pacis. (en inglés). Conferencia en Minneapoils (Via www.researchgate.net)
  10. Levick (1999), p. 36
  11. Crosby, (2016), 288, Bryn Mawr College, pp. 123, 125, Daniel J. (2016). De Gruyter, ed. (Online ISSN: 2324-8114). "The Case for Another Son of P. Quinctilius Varus: a re-examination of the textual and scholarly traditions around Joseph. BJ 2.68 and AJ 17.288". Journal of Ancient History (en inglés) 4 (1): 113–129. ISSN 2324-8106. doi:10.1515/jah-2015-0017. 
  12. Roncaglia, Alessandro (2015). Giochi di famiglia: dinamiche di potere tra Augusto e Tiberio [Family games: dynamics of power between Augustus and Tiberius] (PDF) (tese) (en Italiano). Universidade de Boloña.
  13. Tácito, Anales III,19.3
  14. Syme (1989), p. 315
  15. Syme (1989), p. 146

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Abdale, Jason R. (2016). Four Days in September: The Battle of Teutoburg (en inglés). Barnsley: Pen and Sword. ISBN 9781473860872. 
  • de la Bédoyère, Guy (2018). _The Women Who Made Imperial Rome (en inglés). New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 9780300240672. 
  • Levick, Barbara (1999). Tiberius the Politician (en inglés). Abingdon-on-Thames. Inglaterra: Routledge. ISBN 9780415217538. 
  • Levick, Barbara (2014). Augustus: Image and Substance (en inglés). Abingdon-on-Thames. Inglaterra: Routledge. ISBN 9781317867449. 
  • Syme, Ronald (1989). The Augustan Aristocracy (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780198148593. 
  • Wells, Peter S. (2004). The Battle That Stopped Rome: Emperor Augustus, Arminius, and the Slaughter of the Legions in the Teutoburg Forest (en inglés). Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 9780393352030.