Lucio César (en latín, Lucius Caesar), nado o 29 de xaneiro do 17 a. C.[1] e finado o 20 de agosto do 2 d. C., foi un aristócrata romano da familia Xulio-Claudia. Era o segundo fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia a Maior,[2][3][4] única filla de Augusto e, polo tanto, neto deste, o primeiro emperador romano.

Modelo:BiografíaLucio César

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Caesar Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Vipsanius Agrippa Editar o valor en Wikidata
29 de xaneiro de 17 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 2 Editar o valor en Wikidata (18 anos)
Marsella, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Augusto Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Legado romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xulio-Claudia, Vipsanii Agrippae (en) Traducir e César (família) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParellaAemilia Lepida Editar o valor en Wikidata
PaisMarco Vipsanio Agripa
Octavio Augusto Editar o valor en Wikidata  e Xulia a Maior Editar o valor en Wikidata
IrmánsVipsânia Marcela
Agripina
Vipsania Agripina
Júlia, a Jovem
Agripa Póstumo
Caio César
Tiberillus
Vipsania (esposa de Varo)
Vipsania Attica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Augusto, adoptou a Lucio e ao seu irmán máis vello, Caio César, como fillos adoptivos e coherdeiros do Imperio Romano,[2][3][4][5] polo que tiveron prometedoras carreiras políticas e militares. Porén, Lucio morreu dunha enfermidade repentina o 2 d.C., en Masalia, Galia, mentres viaxaba cara Hispania ao encontro do exército romano. O seu irmán Caio, tamén morreu a unha idade relativamente nova o 21 de febreiro do ano 4 d. C.

A perda prematura de ambos herdeiros obrigou a Augusto a modifica-la liña sucesoria adoptando o irmán máis novo de Lucio, Agripa Póstumo, así como o seu fillastro, Tiberio, o 26 de xuño do 4.

Contexto

editar

O pai de Lucio, Marco Vipsanio Agripa, foi un dos primeiros partidarios de Augusto (entón "Octavio") durante a Guerra Final da República Romana que se producira como resultado do asasinato de Xulio César no 44 a. C. Foi un xeneral clave nos exércitos de Augusto, comandando tropas en batallas fundamentais contra Marco Antonio e Sexto Pompeio. Desde o inicio do reinado do emperador, confiou en Agripa para xestionar os asuntos das provincias orientais e mesmo recibiu o anel de selo de Augusto, quen aparentemente estaba no seu leito de morte no 23 a. C., coa probable intención de que se había converter en princeps se Augusto morrese e que gobernase ata que o sobriño do emperador, Marco Claudio Marcelo, chegase á maioría de idade. Porén, Marcelo morreu por unha enfermidade que se estendera por toda a cidade de Roma ese ano.[6][7][8]

Cando Marcelo morreu, Augusto acordou o casamento de Agripa coa súa filla, Xulia a Maior, que antes fora a esposa de Marcelo. Agripa recibiu o poder tribunicio ("tribunicia potestas") no 18 a. C., un poder que só o emperador e o seu herdeiro inmediato podían esperar acadar. O poder tribunicio permitiulle controlar o Senado, e fora cedido por primeira vez a Xulio César. Agripa actuou como tribuno no Senado para aprobar unha lexislación importante e, aínda que carecía de parte do poder e da autoridade do emperador, estaba aproximándose á posición de correxente.[8][9][10]

Traxectoria

editar

Familia

editar

Lucio naceu en Roma no 17 a. C., fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia. Formaba parte da familia imperial de Augusto, coñecida como dinastía Xulio-Claudia, e estaba emparentado con tódolos emperadores Xulio-Claudios. Por parte da súa nai, era o segundo neto máis vello do emperador Augusto despois do seu irmán Caio. Era cuñado de Tiberio pola súa media irmá Vipsania Agripina, e de Claudio pola voda da súa irmá Agripina a Maior con Xermánico. Un sobriño de Lucio foi o futuro emperador Calígula, que era fillo de Xermánico.[11] O último emperador da dinastía foi Nerón, que era o sobriño bisneto de Caio e neto de Xermánico.[11]

Vida temperá

editar
 
Busto de mármore representando a Lucio César, procedente do foro da cidade de Ercávica, Cuenca, século I (Museo de Cuenca).

Non tendo ningún herdeiro dende a morte de Marcelo, Augusto adoptou inmediatamente a Lucio e ao seu irmán despois do nacemento de Lucio, e nomeounos os seus herdeiros[12] e, pouco despois da súa adopción no verán, Augustus celebrou os quintos Ludi Saeculares ("Xogos Seculares"). A adopción dos rapaces unida aos xogos serviron para introducir unha nova era de paz: a Pax Augusta. Curiosamente, descoñécese a opinión do pai, Marco Vipsanio Agripa, sobre a adopción.[13]

Augusto, principalmente por si mesmo, ensinou a Caio e Lucio a ler e a nadar, así como a imitar a súa propia caligrafía. Insistiu en que se gañasen os aplausos da xente, en lugar de permitir que os recibisen libremente. O seu pai adoptivo iniciounos na vida administrativa cando aínda eran novos e enviounos ás provincias como cónsules electos.[14]

Ese ano (17 a.C.) a familia de Lucio marchou á provincia de Siria, porque o seu pai recibiu o mando das provincias orientais con autoridade proconsular (imperium maius). No ano 13 a. C., o seu pai volveu a Roma e foi, inmediatamente, enviado a Panonia para reprimir unha rebelión, mais cando Agripa chegou alí ese inverno (no 12 a. C.) os panónicos abandonaron os seus plans e retomaron á calma polo que Agripa volveu a Campania en Italia, onde caeu enfermo e morreu pouco despois.

A morte do pai de Lucio fixo que a sucesión fose un problema urxente. Os áureos e os denarios emitidos entre o 13 a. C. e o 12 a. C. deixaron claros os plans dinásticos do emperador para Lucio e Caio. O seu pai xa non estaba dispoñible para asumir as rendas do poder se o emperador morría, e Augusto tivo que deixar claro quen eran os seus previstos herdeiros por se pasaba algo.[15]

Carreira

editar
 
A Maison Carrée (en francés: "casa cadrada") foi dedicada en Nemausus a Caio e Lucio.

Augusto levou a Lucio ao Forum Romanum no 2 a.C. para inscribilo como cidadán. O evento converteuse nunha cerimonia semallante á da inscrición de Caio tres anos antes. Lucio asumiu a toga virilis ("toga da virilidade"), que marca o inicio da súa idade adulta, e el tamén foi feito princeps iuventutis ("líder da mocidade"). Na súa honra erguéronse estatuas e templos, como a Maison Carrée de Nimes e o cenotafio de Durocortorum.

Como Caio, foi elixido cónsul designatus, coa intención de que asumise o consulado aos dezanove anos. Só había unha diferenza nos seus títulos cos de Caio: que foi nomeado membro do colexio de augures mentres que Caio foi nomeado pontifex ("pontífice"). Augusto repartiu 60 denarios a cada cidadán romano para conmemora-la ocasión.[16][17]

Ese mesmo ano, antes de que o seu irmán Caio marchase cara ao leste, Lucio e Caio recibiron a autoridade para consagrar edificios, e así o fixeron, coa súa xestión dos xogos celebrados para celebrar a dedicación do Templo de Marte Ultor (1 de agosto do 2 a.C. ). O seu irmán máis novo, Póstumo, participou co resto da mocidade ecuestre nos Xogos troianos[18] que se celebraron no Circo Máximo, no que foron sacrificados 260 leóns, e no Circo Flaminio onde houbo un combate de gladiadores, unha batalla naval entre os "persas" e os "atenienses", e se sacrificaron 36 crocodilos.[19]

Mentres Caius estaba en Armenia, Lucio fora enviado por Augusto para completar o seu adestramento militar en Hispania e, mentres ía ao seu posto, enfermou e morreu o 20 de agosto do ano 2 en Massalia, Galia.[20][21][22][23] A súa morte foi seguida, pouco despois, pola de Caio, o 21 de febreiro do ano 4. Tanto Tácito como Dión Casio suxeriron que Livia Drusila, a terceira esposa de Augusto, puido ter unha participación nos feitos[24][25][23] porque intentaba conseguir colocar ao seu propio fillo Tiberio como herdeiro de Augusto.[26] Aínda que, efectivamente, Tiberio foi nomeado herdeiro de Augusto no ano 4, non tódolos autores contemporáneos respaldan a hipótese. Por exemplo, Barrett rexéitaa alegando a dificultade de organizar un envelenamento a distancia.[27]

No lapso de 18 meses, a sucesión de Roma esfarelouse completamente. A morte de ámbolos dous irmáns,Caio e Lucio, os dous herdeiros máis favorecidos do Emperador, levou a Augusto a adoptar o seu fillastro, Tiberio, e o seu único neto restante, Póstumo Agripa como os seus novos herdeiros o 26 de xuño do 4.[28]

Post mortem

editar

Os dous herdeiros recibiron moitos honores por parte dos cidadáns e funcionarios das cidades do Imperio, entre eles Colonia Obsequens Iulia Pisana (Pisa), onde se decretou que as matronas debían observar os ritos axeitados para lamentar o seu pasamento e se ergueu un enorme edificio para honralo.[22] O seu corpo foi escoltado até Roma por tribunos militares e os hombres principais de cada cidade polas que pasaba a comitiva fúnebre.[29] Templos, baños públicos e tendas pecharon as súas portas mentres as mulleres choraban inconsolables. A título póstumo, o Senado votou conceder honores para os Césares mozos, e fixo que as lanzas e escudos de ouro que os mozos recibiran ao cumprir a idade do servizo militar fosen colgados na Cámara do Senado.[30] Os cofres que contiñan as súas cinzas foron almacenados no Mausoleo de Augusto[31] xunto cos do seu pai Agripa e outros membros da familia imperial.[30]

Estivera prometido a Emilia Lépida, descendente de Sila e de Pompeio mais a súa morte impediu que puidesen casar.[32]

Tiberio escribiu unha elexía ​na súa honra en solidariedade coa dor de Augusto quen, anos despois, no seu testamento considerou a súa perda e maila do seu irmán un destino atroz.[33]

Xenealoxía

editar

Xenealoxía de Lucio César:[34]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Lucio Vipsanio Agripa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Marco Vipsanio Agripa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Lucio César
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Caio Octavio
 
 
 
 
 
 
 
12. Caio Octavio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Marco Atio
 
 
 
 
 
 
 
13. Atia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Xulia, a menor
 
 
 
 
 
 
 
3. Xulia, a Maior
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Lucio Escribonio Libo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Escribonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Sentia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
editar
  • Lucio e o seu irmán Caio aparecen como personaxes na serie de televisión de 1976, I, Claudius; a serie inverte a orde das súas mortes, con Caio morrendo primeiro. Lucio foi interpretado por Russell Lewis de neno[35] e Simon MacCorkindale de adulto.[36]
  1. Levick (1972), p. 779.
  2. 2,0 2,1 Barrett (2004), p. 72.
  3. 3,0 3,1 Everitt (2008), p. 313.
  4. 4,0 4,1 Roldán (1995), p. 45.
  5. Southern (2013), p. 208.
  6. Bunson (2002), p. 10.
  7. Southern (2013), p. 203.
  8. 8,0 8,1 Dunstan (2010), p. 274.
  9. Rowe (2002), pp. 52–54.
  10. Scullard (2013), p. 216.
  11. 11,0 11,1 Wood (1999), p. 321.
  12. Avidus Cassius. "HISTORIA AUGUSTA, 6. Avidius Cassius". Loeb Classical Library (en inglés). doi:10.4159/DLCL.historia_augusta_avidius_cassius.1921. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  13. Davies & Swain (2010), p. 284.
  14. Powell (2015), pp. 159–160.
  15. Wood (1999), p. 65.
  16. Richardson (2012), p. 153.
  17. Gibson (2012), p. 21.
  18. Everitt (2008), pp. 335-336.
  19. Lott (2004), pp. 124–125.
  20. Mommsen (1996), p. 107.
  21. Barrett (2004), p. 92.
  22. 22,0 22,1 Syme (2010), p. 578.
  23. 23,0 23,1 Southern (2013), p. 266.
  24. Dión Casio, 2011 & «LV, 10a».
  25. Tácito, 2007 & «I, 3».
  26. Smith (1867), p. 556.
  27. Barrett (2004), p. 93.
  28. Pettinger (2012), p. 235.
  29. Dión Casio, 2011 & «LV, 12».
  30. 30,0 30,1 Powell (2015), p. 192.
  31. Platner, 1929 & «Mausoleum Augusti».
  32. Syme (2010), p. 463.
  33. Everitt (2008), pp. 350 e 373.
  34. Bartsch (2017), p. IX.
  35. "Russell Lewis". imdb.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  36. "Simon MacCorkindale (1952–2010)". imdb.com (en inglés). 2017. Consultado o 14 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Fontes antigas

editar

Fontes modernas

editar

Outros artigos

editar