Mela Casal

actriz galega
(Redirección desde «Dolores de los Milagros Casal Devesa»)

Dolores de los Milagros Casal Devesa, artisticamente coñecida como "Mela Casal", nada en Rodiño Grande (Sergude, Boqueixón) en 1948, é unha actriz galega.

Infotaula de personaMela Casal
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Boqueixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0142790 BNE: XX5338145 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutra serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.

En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. As súas incursións en cine non son moi numerosas, aínda que cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira Mañá, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004, así como varias curtametraxes.

Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película Pradolongo (2008) ou o telefilme O club da calceta (2009).

Estivo nomeada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en A vida por diante. Tamén conta cunha grande experiencia teatral.

Televisión

editar

Teatro

editar
  • Estima (2003), da compañía Pífano.

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Filme Resultado
2006 Mellor actriz protagonista A vida por diante Nomeada
2007 Mellor actriz protagonista A vida por diante Nomeada
2009 Mellor actriz secundaria Conexión Nomeada
2010 Mellor actriz secundaria Mar libre Nomeada
2011 Mellor actriz secundaria Sinbad Nomeada
2014 Mellor actriz secundaria A esmorga Nomeada
2018 Premio de Honra Fernando Rey Gañadora
  1. "Unha de romanos". AVG. Consultado o 1 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar