Abrir o menú principal

Cristian IV, nado en Hillerød o 12 de abril de 1577 e finado en Copenhague o 28 de febreiro de 1648, foi rei de Dinamarca e de Noruega (1588-1648), fillo de Federico II e de Sofía de Mecklemburgo-Güstrow.

Cristian IV de Dinamarca
Christian 4 som gammel.jpg
Nacemento12 de abril de 1577
 Castelo de Frederiksborg
Falecemento28 de febreiro de 1648
 Copenhague
SoterradoCatedral de Roskilde
NacionalidadeDinamarca
RelixiónLuteranismo
Ocupaciónpolítico
PaiFrederico II da Dinamarca e Noruega
NaiSofia de Mecklenburg-Güstrow
CónxuxeAna Catarina de Brandemburgo, Kirsten Munk e Vibeke Kruse
FillosCristián de Dinamarca, Frederico III da Dinamarca, Ulrico da Dinamarca, Sophie Elisabeth Pentz, Leonora Christina Ulfeldt, Valdemar Christian of Schleswig-Holstein, Elisabeth Augusta Lindenov, Christiane Sehested, Hedevig Ulfeldt, Dorothea Elisabeth Christiansdatter, Hans Ulrik Gyldenløve, Anne Cathrine Christiansdatter, Elisabeth Sophia Gyldenløve, Ulrik Christian Gyldenløve, Christian Ulrik Gyldenløve, Prins Frederik e Marie Cathrine Christiansdatter
IrmánsAna da Dinamarca, Hedwig of Denmark, Augusta da Dinamarca, John, Prince of Schleswig-Holstein, Ulrik of Denmark e Isabel de Dinamarca
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos principais heroes militares do seu país, alcanzando gran popularidade tanto en vida como na posteridade. Destacou polo seu carácter resolto, impetuoso e ambicioso, características que resultaron tráxicas para o seu reino. Participou en dúas guerras contra Suecia e na Guerra dos Trinta Anos, con resultados negativos. Impulsou reformas administrativas e militares, e apoiou o mercantilismo en Dinamarca, colocando os cimentos dun imperio colonial. Amante da cultura e das artes, patrocinou grandes obras arquitectónicas do Renacemento que embeleceron as cidades do país.

Índice

TraxectoriaEditar

Cristian naceu no castelo de Frederiksborg en 1577, sendo o maior dos fillos homes de Federico II e Sofía de Mecklemburgo. Pequeno aínda, sucedeu ao seu pai en 1588, cando este faleceu. Alcanzou a maioría de idade en 1596. O 30 de novembro de 1597 uniuse en matrimonio con Ana Catarina de Brandeburgo, filla de Xoaquín Federico, margrave de Brandeburgo e duque de Prusia.

A súa primeira obra destacada á fronte do goberno foi unha serie de reformas na política interior. Tamén traballou intensamente no aspecto defensivo do reino. Construíu novas fortalezas, baixo a dirección de enxeñeiros neerlandeses. A Armada Real Danesa, que en 1596 consistía nuns vinte e dous buques, alcanzou en 1610 a cifra de sesenta, varios deles deseños propios do rei. A constitución dun exército nacional foi máis difícil, xa que Cristian dependía de tropas procedentes na súa maior parte da leva de campesiños dos dominios reais.

 
A coroación de Cristian IV. Pintura de Otto Fochanca (1887).

Cristian seguiu unha política de expansión do comercio marítimo danés para sacar proveito do mercantilismo que imperaba en Europa nesa época. Por iso, estableceu a primeira colonia danesa en Trankebar, na costa meridional da India e creou a concesión da Compañía Danesa das Indias Orientais, que en gran medida constituíu o inicio do Imperio colonial danés.

A guerra de KalmarEditar

Lograda a reorganización do exército, tivo a súa primeira experiencia bélica, que lle resultou favorable. Emprendeu en 1611 unha guerra contra Suecia, coñecida como a guerra de Kalmar, xa que a operación principal foi a ocupación danesa do porto de Kalmar. Cristian conseguiu que o rei sueco Gustavo II Adolfo cumprise coas condicións da Paz de Knäred (1613), entre elas o pago dun millón de riksdal por concepto de danos de guerra.

Concluída a guerra con Suecia, fixou a súa atención en Alemaña. Os seus obxectivos eran principalmente dous: primeiro, obter o control dos grandes ríos alemáns, o Elba e o Weser, como un medio para asegurar o dominio danés nos mares boreais, e segundo, obter os territorios secularizados dos bispados de Bremen e Verden como herdanza para os seus fillos máis novos.

Habilmente aproveitou a alarma dos príncipes protestantes alemáns trala Batalla da Montaña Branca en 1620 para asegurar o seu fillo Federico como coadxutor da diocese de Bremen en setembro de 1621. Un arranxo similar foi alcanzado en novembro na diocese de Verden. Hamburgo tivo que recoñecer, polo pacto de Steinburg (xullo de 1621), a soberanía danesa sobre o Holstein.

A Guerra do Trinta AnosEditar

O poder crecente dos católicos no norte de Alemaña despois de 1623 convidaba a Cristian a inmiscirse na Guerra dos Trinta Anos. Por un tempo, mantívose á marxe, pero as alarmantes chamadas de auxilio dos protestantes e sobre todo, o temor de que Gustavo II Adolfo de Suecia o suplantase como o campión da causa protestante, levouno a entrar en guerra contra as forzas combinadas do emperador e a liga Católica, sen que contase cunha garantía de cooperación en terras alemás.

O 9 de maio de 1625 Cristian abandonou Dinamarca para dirixirse á fronte en Alemaña. Tiña á súa disposición entre 19 000 e 25 000 homes. Ao principio tivo algúns éxitos, pero o 27 de agosto de 1626 foi derrotado estrepitosamente por Johann Tserclaes en Lutter-am-Barenberge, e no verán de 1627 os católicos, encabezados por Tilly e Albrecht von Wallenstein, invadiron Dinamarca, desolando e ocupando os ducados de Schleswig e Holstein e toda a península de Xutlandia. Ante a grave situación, Cristian pactou unha alianza co seu antigo inimigo Gustavo II Adolfo de Suecia o 1 de xaneiro de 1628. Gustavo comprometeuse a axudar a Dinamarca cunha frota e pouco tempo despois, un exército e unha frota dano-suecos obrigaron a Wallenstein a levantar o sitio de Stralsund. A posesión dunha armada superior evitou que Dinamarca sufrise peores dificultades, e en maio de 1629 Cristian puido concluír unha paz co emperador en Lübeck, sen ningunha perda territorial.

IntrigasEditar

Trala guerra, Cristian IV padeceu non só o fracaso político, senón tamén familiar. En 1628 descubriuse unha intriga escandalosa dunha relación da súa segunda esposa, Kirsten Munk, cun oficial alemán. Ante as acusacións e a saída de Kirsten da residencia real, ela destapou un novo escándalo: a relación dunha das súas serventas, Vibeke Kruse, co rei Cristian. En xaneiro de 1630 a ruptura no matrimonio foi definitiva, e Kirsten retirouse ás súas posesións de Xutlandia. Cristian aceptou publicamente a súa relación con Vibeke, e mantivo con ela unha relación de concubinato, formando unha familia. Os fillos de Vibeke convertéronse nos inimigos naturais dos fillos de Kirsten.

Entre 1629 e 1643 Cristian gañou novamente popularidade e influencia. Nese período obtivo novamente o control da política exterior e das cotas de peaxe do Öresund.

Segunda guerra contra SueciaEditar

 
Estatua de Cristian IV, en Kristiansand, Noruega.

Mesmo no momento máis baixo dos seus infortunios, Cristian nunca perdeu as esperanzas de recuperar o seu poder. Nunca se reconciliou con Suecia, o seu inimigo máis perigoso, mais tampouco se encargou de tecer as alianzas necesarias para protexer as súas posesións do perigo sueco. Serviu de mediador a favor do emperador trala morte de Gustavo II Adolfo en 1632, e a través diso tentou minimizar a influencia sueca en Alemaña, con escasas vantaxes para Dinamarca. A súa política de confrontación en Escandinavia irritou o parlamento sueco, e unha nova guerra sueco-danesa era só cuestión de tempo. Na primavera de 1643 parecía que ese tempo chegara.

Grazas ás súas conquistas na Guerra do Trinta Anos, os suecos podían atacar Dinamarca tanto dende o sur como dende o leste. Suecia mantiña ademais un pacto cos Países Baixos, o que servía de contrapeso á superioridade danesa no mar. En maio, o Consello sueco decidiu inclinarse pola guerra. O 12 de decembro de 1643 o mariscal sueco Lennart Torstensson avanzou dende Bohemia, cruzou a fronteira sur de Dinamarca, e a finais de xaneiro de 1644 tiña no seu poder toda a península de Xutlandia. O ataque, hábil e rápido, paralizou Dinamarca, mais a súa gravidade fixo que Cristian traballase arduamente na defensa do seu reino.

Con sesenta e seis anos, o rei danés demostrou unha enerxía inesgotable. Traballou noite e día para organizar o exército e equipar a armada. Afortunadamente para el, o goberno sueco atrasou as hostilidades en Escania, a parte oriental de Dinamarca, ata febreiro de 1644, de modo que os daneses puideron preparar a defensa e salvar a importante praza forte de Malmö.

Torstensson non puido cruzar de Xutlandia á illa de Fionia, en espera dunha frota neerlandesa, que foi destruída pola armada danesa entre as illas de Sylt e Rømø. Un novo intento para transportar o exército de Torstensson ás illas danesas foi frustrado por Cristian IV en persoa o 1 de xullo de 1644. As dúas frotas inimigas atopáronse ao sueste da baía de Kiel, e o soberano danés demostrou un heroísmo que aínda na actualidade é loado polo pobo danés. Cristian achábase na cuberta do Trefoldigheten ("Trindade") e un canón xunto a el estoupou por unha bala sueca; as achas de madeira e metal encaixáronse no corpo do rei, cegándoo dun ollo e lanzándoo ao solo. Inmediatamente púxose de pé e continuou dirixindo a batalla ata o final desta. A frota danesa mostrou a súa superioridade na batalla, acurralando a sueca na baía de Kiel; con todo, os suecos puideron escapar.

A finais de setembro, a armada danesa foi aniquilada polas forzas combinadas de suecos e neerlandeses entre Fehmarn e Lolland. Esgotada a capacidade militar de Dinamarca, Cristian viuse obrigado aceptar a mediación de Francia e das Provincias Unidas. A paz foi asinada en Brömsebro o 8 de febreiro de 1645. Dinamarca cedeu a Suecia as illas de Gotland e Saaremaa e, por trinta anos, a provincia de Halland, mentres que Noruega cedeu as provincias de Jämtland e Härjedalen.

Últimos anos e legadoEditar

 
Castelo de Kronborg.
 
Castelo de Rosenborg, en Copenhague.

Os últimos anos da súa vida foron embazados por fortes diferenzas cos seus xenros, en especial co máis ambicioso deles, Corfitz Ulfeldt. O 21 de febreiro de 1648, pola súa propia vontade, foi trasladado a Copenhague, onde morreu unha semana despois. Foi sepultado na catedral de Roskilde.

Falaba, ademais da súa lingua materna, alemán, latín, francés e italiano. Os seus biógrafos considérano un home alegre e hospitalario, ao que lle gustaba a vida social. O seu carácter era tamén irritable, apaixonado, valoroso e cun forte sentido do deber. Ao final da súa tormentosa vida cultivou os froitos da súa carencia de autocontrol.

Fundou un gran número de vilas e cidades, moitas das cales foron nomeados na súa honra: en Dinamarca Christianshavn, Christianstad e Christianopel. Christiania (actual Oslo, refundada despois de que a cidade vella fose destruída por un incendio), Christianssand e Konningsberg en Noruega. Glückstadt (fundada como rival de Hamburgo) en Holstein, e Kobbermølle en Schleswig. Os asentamentos urbanos eran deseñados de acordo aos ideais do Renacemento, coas rúas en ángulo recto entre si.

En Copenhague ordenou edificar moitos edificios renacentistas, como Børsen, a igrexa de Holmen, o castelo de Rosenborg, a fortaleza Kastellet, e a Rundetårn, que serviu como observatorio. Remodelou o castelo de Frederiksborg nun suntuoso palacio renacentista, e Kronborg como fortaleza.

Fundou a Compañía Danesa das Indias Orientais, inspirado na Compañía Holandesa. É a figura central do himno real danés, Kong Kristian.

FamiliaEditar

Non se sabe de certo cantos fillos tivo, pero sábese da existencia de 21.

Casou en 1597 con Ana Catarina de Brandeburgo. Con ela tivo seis fillos:

  • Federico (1599).
  • Cristian (1603-1647).
  • Sofía (1605).
  • Isabel (1606-1608).
  • Federico (1609-1670). Rei de Dinamarca e Noruega.
  • Ulrico (1611-1633).

Estando aínda casado, tivo unha primeira amante, Kirsten Madsdatter, con quen tivo un fillo:

Con Karen Andersdatter, unha segunda amante, tivo dous fillos:

  • Dorothea Elisabeth Christiansdatter(1613-1615).
  • Hans Ulrik Gyldenløvai (1615-1645).

Coa seu amante Kirsten Munk contraeu matrimonio morganático en 1615. Con ela tivo dez fillos:

  • Anne Cahthrine Christiansdatter (1618-1633).
  • Sophie Elisabeth Christiansdatter (1619-1657).
  • Leonora Christina Christiansdatter (1621-1698).
  • Valdemar Cristian (1622-1656).
  • Elisabeth Augusta Christiansdatter (1623-1677).
  • Frederik Christian (1625-1627).
  • Christiane Christiansdatter (1626-1670).
  • Hedevig Christiansdatter (1626-1678).
  • Marie Cathrine Christiansdatter (1628).
  • Dorothea Elisabeth Christiansdatter (1629-1687).

Con Vibeke Kruse tivo dous fillos recoñecidos, aínda que posiblemente houbese máis:

  • Ulrik Christian Gyldenløvai (1630-1658).
  • Elisabeth Sofie Christiansdatter (1633-1654).

DevanceirosEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Cristian I de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
8. Federico I de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Dorotea de Brandeburgo
 
 
 
 
 
 
 
4. Cristian III de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Xoán Cicerón de Brandeburgo
 
 
 
 
 
 
 
9. Ana de Brandeburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Margarida de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
2. Federico II de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Xoán V de Saxonia-Lauemburgo
 
 
 
 
 
 
 
10. Magnus I de Saxonia-Lauemburgo]]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Dorotea de Brandeburgo (diferente á 17)
 
 
 
 
 
 
 
5. Dorotea de Saxonia-Lauemburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Henrique IV de Brunswick-Lüneburg
 
 
 
 
 
 
 
11. Catarina de Brunswick-Wolfenbüttel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Catalina de Pomerania-Wolgast
 
 
 
 
 
 
 
1. Cristian IV de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Magnus II de Mecklemburgo-Schwerin-Güstrow
 
 
 
 
 
 
 
12. Alberto VII de Mecklemburgo-Güstrow
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Sofía de Pomerania-Wolgast
 
 
 
 
 
 
 
6. Ulrico III de Mecklemburgo-Güstrow
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoaquín I de Brandenburgo
 
 
 
 
 
 
 
13. Ana de Brandeburgo (diferente á 9)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Isabel de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
3. Sofía de Mecklemburgo-Güstrow
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Cristian I de Dinamarca (= 16.)
 
 
 
 
 
 
 
14. Federico I de Dinamarca ( =8.)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Dorotea de Brandeburgo (= 17.)
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Boleslao X de Pomerania
 
 
 
 
 
 
 
15. Sofía de Pomerania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Ana de Polonia
 
 
 
 
 
 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Federico II
 Rei de Dinamarca e Noruega 
1577 - 1648
Sucesor:
Federico III