Río Weser
O Weser é un importante río de Alemaña que se orixina da unión, preto de Hannoversch Münden, na Baixa Saxonia, dos ríos Fulda, que pasa pola cidade homónima, e Werra. O sistema Weser/Fulda alcanza unha lonxitude de 650 km, entanto os sistema Weser/Werra 744 km. O Weser desauga no Mar do Norte.
Río Weser | |
---|---|
![]() Vista do Weser en Polle, km. 92 de curso | |
País | Alemaña |
Nacemento | Hannoversch Münden:unión do Werra e Fulda |
Lonxitude | 452 km (con Werra 744 km) |
Conca | 41.094 km2 |
Caudal medio | 327 m3/s |
Desembocadura | Mar do Norte |
![]() | |
Mapa do río Weser | |
Xunto con o Ems, o Weser é o outro gran curso de auga que flúe enteiramente por territorio alemán. Desde a unión dos ríos que o forman Weser atravesa os estados de Hessen, Renania do Norte-Westfalia, Baixa Saxonia e Bremen, servindo de límite fluvial entre estes dous últimos. A súa conca esténdese tamén por partes de Turinxia e Saxonia-Anhalt.
PercorridoEditar
O considerado punto 0 do Weser é a unión do Fulda e o Werra en Hannoversch Münden. Desde aí o río atravesa a rexión de outeiros de Weserbergland, moi frecuentada polo turismo, e que deixa atrás pola denominada Porta Westfalica, ao sur de Minden. Xusto ao norte desta cidade de Minden, o río vese cruzado polo Mittellandkanal (en alemán Canle do Centro) por medio dun acueduto. Xa inmerso na gran chaira do norte de Alemaña o seu curso forma numerosos meandros, véndose o leito moi arranxado con canles de derivación, esclusas etc. Os últimos 85 km corresponden xa ao curso inferior do río. Na desembocadura ou estuario do Weser no Mar do Norte, a 252 km da confluencia do Fulda e do Werra, levántase na súa beira esquerda, que corresponde ao estado de Bremen, a cidade de Bremerhaven.
AfluentesEditar
Os principais afluentes do Weser e do Werra son:
- Beira esquerda:
- Beira dereita
Cidades importantes ás beirasEditar
A cidades máis salientes erguidas á orelas do río desde a unión do Fula e o Werra son: Hannoversch Münden, Bad Karlshafen, Beverungen, Höxter, Holzminden, Bodenwerder, Hamelín (Hameln), Hessisch-Oldendorf, Rinteln, Vlotho, Bad Oeynhausen, Porta Westfalica, Minden, Petershagen, Nienburg, Achim, Bremen, Brake, Nordenham, Bremerhaven.
Protección ambientalEditar
No seu curso inferior o Weser atravesa o Parque Nacional da Baixa Saxonia Wattenmeer.
NotaEditar
En alemán a rexión de Vesdre, en Bélxica, recibe tamén o nome de Weser.
Véxase tamén =Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Weser |